A xornada deixou encontros moi disputados, destacando a vitoria dos Fillos de Breogán sobre o Estrela Vermelha nun emocionante partido celebrado na C.D. Arsenio Iglesias da Coruña (34-28), consolidando a primeira posición na táboa a falta de tres xornadas para o remate da primeira volta. Pola súa banda, o Keltoi impúxose ao Auriense por 16-27 no Campo da Universidade en Ourense, aupándose á segunda posición. Finalmente, o duelo máis igualado foi o do Lume de Beltane, que acadou unha axustada vitoria sobre o Keltoi Estibadores (26-25) na Reiboa (Poio).
Na categoría feminina, as Fillas de Breogán caeron ante un sólido Estrela Vermelha (20-24) na C.D. Arsenio Iglesias, mentres que o Grovias destacou cunha vitoria contundente fronte ás Lavandeiras de San Simón (27-19) na Sangriña. O encontro entre Turonia e Auriense rematou en táboas (22-22) no Campo de Chaín, evidenciando a igualdade entre ambos os equipos. Curiosamente trátase do segundo empate consecutivo das ourensáns, provocando un empate no liderato cunhas estreleiras que teñen dous partidos menos.
Xornada de partido adiados
O sábado vivirá unha xornada adicada á recuperación de partidos que tiveron que ser adiados. Keltoi recibe ao Lume de Beltane na ETEA de Vigo ás 12:15. Os vigueses buscará consolidar o liderado mentres os de Poio tratarán de dar a sorpresa nun campo complicado. Pola súa banda, o Turonia e o Estrela Vermelha medirán forzas ás 13:00 no Campo das Gaiandas de Gondomar. Este partido preséntase como unha oportunidade para o Turonia de facerse forte na casa e escalar posicións na táboa. O Estrela Vermelha, tras a súa derrota ante os Fillos de Breogán, buscará redimirse cunha actuación sólida a domicilio.
Resultados e clasificación masculina
Resultados e clasificación feminina
