Estrela Vermelha lidera a clasificación feminina no peche da primeira volta

A pasada fin de semana marcou o fin da primeira volta feminina. Fillas de Breogán escala posicións na táboa vencendo a Lavandeiras de San Simón por 23-1 no C.D. Arsenio Iglesias. O encontro entre Turonia e Estrela Vermelha, inicialmente previsto, foi reprogramado para o 5 de abril. Engadido ao encontro que tiña que enfrontar a Auriense e Turonia, pendente de data, a clasificación provisional ao peche da 1ª volta fica da seguinte forma:

  1. Estrela Vermelha
  2. Auriense
  3. Fillas de Breogán
  4. Turonia
  5. Grovias
  6. Lavandeiras de San Simón

Na categoría masculina, Fillos de Breogán mostrou unha superioridade notable ao vencer a Lorchos FG por 61-12 no C.D. Arsenio Iglesias da Coruña. Turonia tamén acadou unha importante vitoria fronte a Keltoi Estibadores cun marcador de 27-20 no Campo de Chaín, en Gondomar. Na xornada de domingo, Estrela Gaels caeu ante Keltoi (17-28), mentres que Estrela Vermelha asinou un triunfo avultado contra Lume de Beltane (47-8), ambos encontros disputados no Campo de Chaián, en Trazo.

Fin de semana clave na loita polo título masculino

De cara á próxima xornada, a competición promete emocións renovadas. Na categoría masculina, Fillos de Breogán enfrontarase a Estrela Vermelha o sábado 18 de xaneiro ás 11:45 na Coruña, nun partido que semella clave na loita polo primeiro posto xa que ambos equipos contan os seus partidos por victorias. Pola tarde, Auriense recibirá a Keltoi no Campo da Universidade de Ourense ás 19:00. O domingo, Lume de Beltane xogará contra Keltoi Estibadores na Reiboa, Poio, ás 17:30.

Na categoría feminina, o sábado terá lugar o encontro entre Turonia e Auriense ás 12:30 no Campo de Chaín. De forma case simultánea, Fillas de Breogán medirá forzas con Estrela Vermelha na Coruña tras finalizar o encontro masculino, mentres que Grovias recibirá a Lavandeiras de San Simón ás 14:30 no campo da Sangriña, na Guarda.

Resultados e clasificación masculina

Resultados e clasificación feminina