As Seleccións Galegas de fútbol gaélico regresan do Torneo do Madrid Harps amosando o seu gran momento deportivo

  • A AGFG levou catro equipos a esta competición, dous masculinos e dous femininos.
  • A final feminina foi entre as dúas Seleccións Galegas, mentres que a Selección Galega masculina caía derrotada final por un tanto diante do Armagh Harps.
  • ‘Jano’ Sanmartín, responsable das Seleccións Galegas: “O bo estado de saúde do fútbol gaélico galego, a nivel de seleccións e de clubs estase a ver reflectido nestes dous últimos anos nos que se está competindo ante equipos europeos, alcanzando finais e gañándoas”.

Madrid foi escenario esta fin de semana dunha nova edición do Torneo de fútbol Gaélico que cada ano organiza o club Madrid Harps. A Asociación Galega de Fútbol Gaélico (AGFG) acudía con catro equipos que defendían as cores da Selección Galega. O gran momento desta disciplina en Galicia quedou patente ao protagonizar os dous equipos femininos a final da súa categoría e quedar o masculino segundo.

Alexandre Sanmartín ‘Jano’, responsable das Seleccións Galegas de fútbol gaélico e coordinador xeral das ‘Gaélico Escolas PuntoGal’ salientaba o “bo estado de saúde que presenta o gaélico galego non só a nivel de seleccións se non tamén a nivel de clubs. Isto estase a ver reflectido nestes dous últimos anos tanto nos torneos nos que están participando as Seleccións Galegas, competicións do circuíto europeo como pode ser este torneo de Madrid como o da  Haia, como tamén nos torneos de clubs como puido ser este ano o Panaeuropeo de Lyon. Nestes torneos vemos como tanto as seleccións como os clubs non só están competindo contra equipos europeos se non que ademais están alcanzando as finais e gañándoas. Por iso, nestes dous últimos anos valoramos moi positivamente que tanto no masculino como no feminino chegamos sempre ás ultimas roldas e competimos con equipos junior irlandeses. Evidenciase que estamos ante o mellor momento competitivo do gaélico galego”.

A Asociación Galega de Fútbol Gaélico (AGFG) acudía a esta cita con dous equipos por categoría coa fin de ir preparando ás seguintes xeracións. Así viaxaron a Madrid unha Selección Galega máis competitiva que participou co nome ‘Galicia LGFA’ na categoría feminina e ‘Galicia GAA’ na masculina, e outra enfocada á rodaxe dos novos valores do fútbol gaélico galego co nome ‘Galicia LGFA’ 2 na categoría feminina e ‘Galicia GAA 2’ na masculina. Estes últimos constitúen unha aposta de futuro e son equipos de desenvolvemento.

Neste torneo participaron na competición feminina os equipos:

  1. Galicia LGFA 
  2. Galicia LGFA 2
  3. Madrid LGFA
  4. Clan na Gael

Na categoría masculina participaron os seguintes equipos:

  1. Galicia GAA
  2. Galicia GAA 2
  3. Madrid Harps Black
  4. Madrid Harps Red
  5. Armagh Harps
  6. East Belfast
  7. Glenfin GAA

A Selección Galega Masculina caía derrotada por un punto na final diante do Armagh Harps por 0-4 vs 0-5.

Superioridade galega no feminino que copou a final cos dous equipos

As seleccións galegas femininas deixaron patente a súa superioridade no terreo de xogo ao chegar ambas as dúas á gran final do Torneo de Madrid. Deste xeito o fútbol gaélico feminino galego deixaba claro o seu peso no transcurso deste Torneo do Madrid Harps.

Ambas as dúas seleccións chegaba ao encontro definitivo co triunfo do conxunto Galicia LGFA. Para a AGFG o resultado é o de menos, o relevante e o nivel amosado polos dous equipos. Pódese dicir que ao fin e ao cabo quen gañou foi Galicia e as súas seleccións galegas femininas que chegaron da man ao partido decisivo dando conta gran momento competitivo do fútbol gaélico galego.

As Seleccións Galegas estiveron conformadas polos seguintes deportistas:

GALICIA GAA (masculina)

  • Alexandre ‘Jano’ Sanmartín Costa (adestrador)    
  • Alexandre Louzao Carreira  (Estrela Vermelha)
  • Antonio Lago Pena (Keltoi)
  • Borja González García (Keltoi)
  • Bruno López Ferro (Fillos de Breogán)
  • Daniel Bechler Fernández (Fillos de Breogán)
  • Daniel Conde Prieto (Estrela Vermelha)
  • Daniel Vaamonde Espasandín (Fillos de Breogán)
  • David Chaves Rodríguez (Lorchos)
  • David De La Torre Domínguez  (Estrela Vermelha)
  • David Dios Ferro (Keltoi)
  • Gabor Pazos Oltai (Estrela Vermelha)
  • Gabriel Martínez Argibay (Lume de Beltane)
  • Iago Couso Pazo  (Estrela Vermelha)
  • Iker Nine Villanueva  (Lume de Beltane)
  • Ismael Méndez Martínez  (Turonia GFG)
  • Ismael Pereira Martínez (Keltoi)
  • Marcos Chaves Rodríguez (Lorchos)
  • Mateo Fernández López  (Estrela Vermelha)
  • Noé Asensio Fábregas (Turonia GFG)
  • Samuel Lagoa (Estrela Vermelha)
  • Sintayehu García Otero (Auriense)
  • Tomás Lagoa (Estrela Vermelha)

GALICIA LGFA  (feminina)

  • Pablo da Silva rocha (adestrador)      
  • Alba Rodríguez Fernández (Auriense)
  • Aldara Montero Pardavila (Fillas de Breogán)
  • Alexandra Figueroa Vázquez (Turonia GFG)
  • Antía Botana Vázquez (Auriense)
  • Antía Iglesias Iglesias (Lavandeiras de San Simón)
  • Antonella Larrascq Álvarez (Turonia GFG)
  • Ánxela María Estévez Salguero  (Estrela Vermelha)
  • Cayetana Rey Dourado (Estrela Vermelha)
  • Emma Rojas Amosa  (Estrela Vermelha)
  • Eva Lago Neira (Fillas de Breogán)
  • Iria Labandeira (Auriense)
  • Leticia Zapata Medina (Fillas de Breogán)
  • María Arias Vázquez (Auriense)
  • María Lourdes Rey Cascallar  (Estrela Vermelha)
  • María Victoria Benavides Rodríguez (Auriense)
  • Olalla Alonso Gómez (Lavandeiras de San Simón)
  • Sara López Pita (Fillas de Breogán)
  • Sara Sánchez (Turonia GFG)
  • Silvia Álvarez Álvarez (Turonia GFG)
  • Uxía Otero Fernández  (Estrela Vermelha)