A pasada fin de semana as ligas galegas de fútbol gaélico deron á súa fin en categoría masculina.
Fillos de Breogán acadou o título de primeira división ao imporse no último partido de Liga ao imporse a domicilio ao seu rival directo, o Keltoi Vigo, por 34-36. Desta forma, a escadra coruñesa acaba a competición invicta, acadando o seu cuarto título de Liga consecutivo.
De igual forma o Auriense coróase como rei da segunda división a falta dunha xornada logo de contar tamén os seus partidos por victorias, certificando o título ao imporse 24-30 na casa do Turonia.
Pola súa banda, a liga feminina chega ao seu ecuador. Á cabeza, un triple empate entre Estrela Vermelha, Turonia e Fillas de Breogán que encabezan as compostelás polo goal-average. Cabe recordar que comezou un pouco máis tarde que a masculina e conta só cunha división, polo que a competición alongaranse ata abril.
Os clubes de gaélico galego terán un descanso da súa actividade debido aos compromisos da selección galega. Voltarán á actividade na fin de semana do 11 de marzo cunha nova xornada da Liga feminina e o comezo do All-Galicia masculino.
Parabéns ás escadras campioas!