O comité de competición resolve:
- Apercibir ao clube Cambados FG pola ausencia de Umpires no seu partido como locatario contra Turonia FG. No caso de non presentar umpires en futuros encontros, sancionarase ao clube económica e progresivamente.
Ante o recurso presentado polo clube Turonia FG no cal se solicita a repetición do encontro disputado contra Cambados FG na 1ª xornada de Liga resólvese:
- Desestimar o recurso presentado e manter o resultado do partido, xa que este Comité, tras analizar o relato do clube Turonia FG e o da colexiada, non observa un erro flagrante que xustifique a repetición do partido.
- Os equipos arbitrais poden rectificar as súas decisións no campo se consideran que a súa primeira interpretación da infracción foi errónea, sempre e cando a mesma se produzca antes do asubío de reinicio de xogo.