Tras recibir e valorar o recurso interposto por Independiente F.G. contra a sanción que lle foi aplicada Independiente/Turonia (do que forma parte) na Liga Galega Feminina, a saber:
Sancionar a Independiente F.G./Turonia F.G., por incomparecencia ao non cumprir os requerimentos para poder considerar o encontro como válido e sendo pactadas as irregularidades con equipo rival antes da disputa do mesmo, con:
- Resta dun (1) punto na clasificación no momento en que a súa puntuaxe sexa maior a 0
- Sanción económica
O Comité de Competición resolve que:
- Tendo en conta que existe unha acta do encontro na que figura a presenza do equipo e das súas xogadoras no mesmo, non se pode considerar como non presentado, polo que se retiran as sancións impostas por este motivo:
- Resta dun (1) punto na clasificación no momento en que a súa puntuaxe
- Sanción económica
- Manter a perda do partido cunha diferencia de -30 puntos na clasificación, xa que aínda que se expresa que o acordo ó que se chega entre os equipos de reducir o tempo de ambos períodos non tiña intención de alterar a competición, este feito si se considera que viola o principio de igualdade que debe rexir na competición (ademáis das regras do xogo), polo que o encontro non pode ser considerado válido.