Onte, na Gala do Fútbol Galego 2019, organizada pola Federación Galega de Fútbol no edificio Cinc da Cidade da Cultura de Galicia, as seleccións galegas de fútbol gaélico foron premiados coma recoñecemento polo campionato feminino e o subcampionato masculino acadadis no Europeo de Fútbol Gaélico de Lorient 2018.
Non podemos estar máis agradecidos! Un recoñecemento ao esforzo e ao bó facer das nosas escadras!
Fixo entrega do premio a nova Concelleira de Deportes do Concello de Santiago de Compostela, Esther Pedrosa. Recolleron o premio Alberto Méndez, membro do corpo técnico da selección; Ángel Negrete, presidente da Asociación Galega de Fútbol Gaélico; Pablo Bermejo, xogador da selección masculina e Uxía Castro, xogadora da selección feminina.
Un recoñecemento personificado nas nosas Seleccións, pero que no fondo é un premio a todo o bo facer do gaélico galego!