Vaia bonita xornada que vivimos o pasado sábado na carballeira de San Lourenzo (Compostela) rodeados de multitude de amizades do Gaélico Galego.
A xornada comezou cedo, ás 9:30 da mañán, na delegación de Compostela da Federación Galega de Fútbol, onde tivo lugar a Asamblea Ordinaria de Clubes, na que se analizaron diferentes temas e problemáticas atopadas durante a tempada 2018/19, de cara a seguir mellorando as competicións galegas na vindeira tempada.
A festa comezou forte ás 13:30 co I Torneo de “Street Gaélico” nas pistas de futbol sala do Campus Sur da USC. Esta é unha modalidade de futbol gaélico adaptada para a ocasión, en modalidade 4×4 e “regras urbanas”. A pesares da calor abafante, fíxonos disfrutar doutra modalidade de gaélico, que pensamos que gustou moito! O torneo levouno un combinado de “Irmandinhas” nunha final fronte a outro combinado de Turonia G.F.G. A participación completouse coas escadras Tropas Douradas (Auriense) e Keltoi Vigo (que quedaron a un pasiño da final) así coma representantes de Dorna, Fillos de Breogán, Mecos e Britonia F.G.
O prato forte da xornada viviuse contra o mediodía, coa entrega dos trofeos da Liga e os premios da tempada. O cadro de honra da tempada 18/19 queda da seguinte maneira:
Liga Galega
- Campións Liga Shield masculina – Dorna F.G.
- Campións Liga Plate masculina – Herdeiros de Dhais F.G.
- Campións Liga Galega masculina – Estrela Vermelha F.G.
- Campioas Liga Galega feminina – Herdeiras de Dhais F.G.
Copa Galega (trofeos xa entregados no campo)
- Campións Copa Shield – Keltoi Vigo
- Campioas Copa Shield – Fillas de Breogán
- Campións Copa Sénior – Estrela Vermelha F.G.
- Campioas Copa Sénior – Herdeiras de Dhais F.G.
Premios individuáis
- Mellor Xogador da Liga Galega – Iago Couso (Estrela Vermelha)
- Mellor Xogadora da Liga Galega – Lorena Pereiro (Herdeiras de Dhais)
- Mellor Xogador Debutante – Tomás Teijeiro (Keltoi Vigo)
- Mellor Xogadora Debutante – Mº Dolores Vila “Loles” (Turonia)
- Mellor Árbitro/a – Marcos Gañete “Corba” (Irmandinhos)
Premios colectivos
- Mellor Terceiro Tempo – Cambados Gaélico
- Mellor Community Manager/Redes Sociais – Irmandinhos
A Festa continuou durante toda a tarde con comida e bebida a esgalla, para rematar co sorteo de todos os agasallos doados.
Só podemos dar un GRAZAS con maiúsculas a toda esa xente que colaborou con nós para axudarnos coas nosas seleccións galegasno camiño aos GAA World Games!
Tamén Grazas a Gadis pola súa axuda na romaría e a toda a xente do Gaélico Galego que se achegou a Compostela, así como todos os amigos do noso deporte.