Reporte de sancións final de tempada 18-19

O Comité de competición lembra que os partidos de sanción non superados na presente competición ligueira deberán ser cumpridos na vindeira campaña.

No caso de tratarse de xogadores que cambien de equipo ou de club: a sanción seguirá sendo efectiva.

No caso de tratarse de xogadores que permanezan no equipo filial, estes non poderán ser convocados co primeiro equipo ata cumplir a sanción na convocatoria que lle corresponda.

Dito isto, o Comité de competición resolve que ningún xogador e ningunha xogadora ten encontros de sanción pendentes para a vindeira Liga.

Lembramos que unha vez acabada a tempada, o reconto de tarxetas queda valeiro e comézase de cero ca vindeira competición regular.