Xove e a Mariña lucense disfrutan do dobrete de Herdeiras e Estrela

O concello de Xove foi testigo dunha histórica dobre final Herdeir@s – Estrela Vermelha. A sorte foi dispar: as de Lalín fanse co título feminino nun final de infarto, mentres os de Compostela vingaban ás súas compañeiras na final masculina.

O fútbol gaélico arriba á Mariña lucense coa celebración da fase final sénior da Copa Galega 2019. Os veciños foron testigos de honra deste deporte ata agora descoñecido na zona, disfrutando dunha gran xornada que deparou emoción.

Unha semana antes, celebrábase na Estrada a fase final Shield, na que os equipos que non superaron os seus encontros da fase previa se vían as caras no cadro “B” da Copa. Tras a renuncia dunha das clasificadas por sorteo para desputar a final sénior o Comité de Competición decidiu que adquiriría o dereito de viaxar a Xove o equipo feminino que lograda o título Shield. Desta forma, Fillas de Breogán uníase ás xa clasificadas Auriense, Estrela Vermelha e Herdeiras de Dhais. O cadro masculino deparaba un cadro moi similar, con Cambados, Auriense, Estrela Vermelha e Herdeiros de Dhais.

O título de Copa feminino foi parar a terras dezanas. Reeditando a final de 2018, Estrela Vermelha e Herdeiras de Dhais superaban nas semifináis a Fillas de Breogán (4ª) e Auriense (3ª). Así, estes dous conxuntos volvían a verse as caras un mes despóis de xogarse o título de Liga en Compostela. Cun inicio contundente das de Lalín, que chegaron a liderar o marcados cunha vantaxe de oito puntos, as picheleiras reaccionaron e conseguiron darlle a volta ao marcador, liderando por dous puntos no descanso. Esta vantaxe mantívose medianamente constante durante a segunda parte. Sen embargo, cando xa se contaban segundos para o pitido final, Herdeiras logrou perforar a portería estreleira e darlle a volta ao marcador. Non houbo tempo nin para o saque de porta: Herdeiras de Dhais coronábase campioa de Copa, certificando o dobrete nunha temporada de ensoño.

Xusto despóis era o turno dos seus compañeiros de clube, xa que os equipos masculinos de Lalín e Compostela emulaban ás rapazas no seu camiño á final. Esta final suporía a primeira para o equipo dezano na súa historia, mentres que os compostelanos acumulan máis experiencia neste tipo de partidos. Ao final non houbo sorpresa, e o Estrela Vermelha acada o seu quinto título de Copa e o dobrete Liga/Copa. O terceiro posto foi parar para Auriense, que perdeu nas semifináis contra os campións, logo de superar a Cambados, que sucumbiran ante os de Lalín.

A xornada tamén serviu para a presentación do clube de fútbol gaélico da Marila: Britonia F.G. Os integrantes deste novo proxecto xogaron un amigable contra un combinado dos xogadores desprazados ata Xove. Dende a Asociación Galega de Fútbol Gaélico desexámoslles a mellor das sortes no seu proxecto!

Resultados

HoraFaseEquipo 1Equipo 2
12:00SF 1 (fem)Herdeiras de Dhais2-12 (18)3-06 (15)Auriense
12:40SF 2 (fem)Fillas de Breogán1-05 (8)0-13 (13)Estrela Vermelha
13:20SF 1 (masc)Estrela Vermelha2-15 (21)0-08 (8)Auriense
14:00SF 2 (masc)Cambados1-03 (6)4-08 (20)Herdeiros de Dhais
15:303º/4º (fem)Auriense3-04 (13)0-09 (9)Fillas de Breogán
16:003º/4º (masc)Auriense3-03 (12)2-03 (9)Cambados
17:00Final (fem)Herdeiras de Dhais3-22 (31)3-21 (30)Estrela Vermelha
18:00Final (masc)Estrela Vermelha3-09 (18)1-09 (15)Herdeiros de Dhais

CAMPIOAS SNEIOR

HERDEIRAS DE DHAIS

CAMPIÓNS SENIOR

ESTRELA VERMELHA

Fotos