Bonita tarde de fútbol gaélico o pasado sábado na Estrada. Keltoi acada o seu primeiro título oficial ao impoñerse a Fillos de Breogán e Irmandinhos. Fillas de Breogán obtén o título feminino ante Keltoi e Irmandinhas.
Soleado día o que acompañou durante toda a xornada en A Estrada, que fixo as delicias de tanto xogadoras e xogadores como dos afeccionados que se achegaron ao campo a desfrutar da fase final Shield da Copa Galega.
A Copa Shield feminina levouna Fillas de Breogán nunha competidísima e fermosa final contras as rapazas de Keltoi Vigo, un deses partidos dos que fan afección. As estradenses chegaron plagadas de baixas e quedaron terceiras de grupo. Noraboa a todas pola paixón e esforzo amosado durante o torneo!
A Copa Shield masculina viaxou a terras olívicas, logo de derrotar a Fillos de Breogán nas semifinais e aos anfitrións Irmandinhos na final por un só punto. Isto supón o primeiro título para Keltoi Vigo, que ven a certificar un formidable final de tempada. O terceiro posto foi recaer nos Fillos de Breogán, que derrotaron no 3º/4º posto ao Turonia/Dorna.
Durante o descanso do torneo celebrouse un concurso de tiro a paus con preto de 50 participantes de entre todos os asistentes. Finalmente, os trofeos de gañadores foron caer a mans de Álex (Irmandinhos) e Vero (Fillas de Breogán).
Dende a AGFG, queremos agradecer a todos os equipos a presenza e o entusiasmo posto nesta Copa Galega Shield, así como a sempre excelente organización por parte dos anfitrións da Estrada.
O vindeiro venres terá lugar a Final Sénior da Copa. Para consultar todos os resultados da VI Copa Galega, podes consultar esta páxina.
Resultados
Hora | Fase | Equipo 1 | Equipo 2 | ||
12:30 | SF 1 (masc) | Fillos de Breogán | 2-06 (12) | 1-10 (13) | Keltoi |
14:00 | Grupo (fem) | Fillas de Breogán | 3-03 (12) | 3-03 (12) | Keltoi |
14:30 | SF 2 (masc) | Irmandinhos | 9-10 (37) | 1-05 (8) | Turonia/Dorna |
15:15 | Grupo (fem) | Irmandinhas | 0-04 (4) | 4-12 (24) | Fillas de Breogán |
15:45 | 3º/4º (masc) | Fillos de Breogán | 3-12 (21) | 0-02 (2) | Turonia/Dorna |
16:15 | Grupo (fem) | Irmandinhas | 0-02 (2) | 3-10 (19) | Keltoi |
16:45 | Final (masc) | Keltoi | 1-05 (8) | 0-09 (9) | Irmandinhos |
17:30 | Final (fem) | Fillas de Breogán | 2-06 (12) | 0-08 (8) | Keltoi |
CAMPIOAS SHIELD

FILLAS DE BREOGÁN
CAMPIÓNS SHIELD

KELTOI VIGO