Crónica xornada 20: Estrela Vermelha gaña a súa cuarta Liga Galega

O Estrela Vermelha masculino imponse na Torre tras unha gran remontada, coroándose campión galego por cuarta vez na súa historia (2014, 2015, 2016, 2019). Pola súa banda, as compostelás tamén gañan e emprazan ás líderes, Herdeiras de Dhais, a un cara a cara final polo título feminino o fin de semana que ven.

O Turonia feminino acada a súa segunda victoria da tempada fronte a Keltoi no “derbi do sur”, mentres Auriense escala unha posición ao gañar na casa a Irmandinhas.

Keltoi e Herdeiros de Dhais voltan do Salnés con igual sorte, ao imporse contundentemente a Cambados e Mecos do Grove respectivamente. Diferente sorte corre o terceiro equipo da zona, o Dorna, ao sumar dous puntos na súa visita a Gondomar. Os Irmandinhos fallan no seu desprazamento a Ourense, mentre o filial -Braithreachas- se leva o duelo “B” contra os Estrela Gaels.

A seguinte será a derradeira xornada de Liga Galega (masculina e feminina). Cos grupos Sénior e Plate xa decididos (Estrela Vermelha e Herdeiros de Dhais), queda por ver quen se leva o trofeo Shield e, sobre todo, cal será a nova campioa inédita da Liga Galega feminina: Herdeiras de Dhais ou Estrela Vermelha.

RESULTADOS

Feminino

  • Auriense 0-30 (30) VS Irmandinhos 0-00 (0) [N.P.]
  • Fillos de Breogán 2-09 (15) VS Estrela Vermelha 2-10 (16)
  • Cambados 1-07 (10) VS Keltoi 7-16 (37)
  • Mecos 0-04 (4) VS Herdeiros de Dhais 5-16 (31)
  • Turonia 2-08 (14) VS Dorna 4-09 (21)
  • Braithreachas 2-10 (16) VS Estrela Gaels 0-11 (11)

Masculino

  • Auriense 3-15 (24) VS Irmandinhas 1-11 (14)
  • Fillas de Breogán 4-05 (17) VS Estrela Vermelha 5-15 (30)
  • Turonia 4-13 (25) VS Keltoi 2-13 (19)

PRÓXIMA XORNADA (13-14 abril) – XORNADA FINAL

Feminino

  • Estrela Vermelha VS Herdeiras de Dhais
  • Turonia VS Auriense
  • Keltoi VS Irmandinhas

Masculino

  • Braithreachas VS Dorna
  • Keltoi VS Mecos
  • Estrela Gaels VS Turonia

Clasificación

Feminina

  1. Herdeiras de Dhais 22 ptos (+93)
  2. Estrela Vermelha 20 ptos (+172)
  3. Fillas de Breogán 12 ptos (-1)
  4. Keltoi 8 ptos (-70)
  5. Auriense 6 ptos (-41)
  6. Irmandinhas 6 pts (-44)
  7. Turonia 4 ptos (-109)

Masculina (Sénior)

  1. Estrela Vermelha 29 ptos (+257)
  2. Irmandinhos 25* pts (+242)
  3. Fillos de Breogán 24 ptos (+154)
  4. Auriense 23 ptos (+112)

Masculina (Plate)

  1. Herdeiros de Dhais 23 ptos (+179)
  2. Keltoi 18 ptos (+125)
  3. Mecos 15 ptos (-46)
  4. Cambados 8 ptos (-257)

Masculina (Shield)

  1. Braithreachas 11* ptos (-82)
  2. Dorna 9 ptos (-129)
  3. Estrela Gaels 6 ptos (-88)
  4. Turonia 6 ptos (-154)

(*) Penalizado por ter partidos non presentado

Crónicas

Turonia 2-08 (14) VS Dorna 4-09 (21) [Masc.]
Turonia 4-13 (25) VS Keltoi 2-13 (19) [Fem.]

A xornada iniciábase no campo de Chaín co enfrontamento masculino correspondente á fase final Shield entre Turonia e Dorna. O conxunto local non conseguiu estar cómodo no partido xa dende o seu inicio. Porén, até os últimos minutos da primeira parte o encontro mantívose igualado. Un gol do equipo visitante pouco antes do descanso marcaba unha vantaxe de 5 tantos para Dorna ao final da primeira parte. Na segunda parte, o equipo local, totalmente desdebuxado, foi incapaz de facer fronte ao equipo da Arousa, que conseguiu levar o partido comodamente grazas a varios goles fáciles e a ineficacia do xogo ofensivo do Turonia. Resultado final 14 a 21.

A continuación viviuse un partido moi disputado no derby da zona sur entre Turonia e Keltoi. As xogadoras locais conseguiron vantaxe no marcador desde os primeiros minutos. Con todo, a oposición mostrada polo equipo vigués non permitía un momento de descanso para o Turonia. Dous goles do conxunto de Gondomar dáballes no descanso unha vantaxe de 7 puntos. Na segunda parte, Keltoi apretou o marcador con dous goles a balón parado e unha intensa defensa sobre a dianteira do Turonia. Porén, o equipo local soubo administrar a vantaxe para lograr unha valiosa vitoria que confirma a boa progresión do equipo debutante nesta segunda volta da liga. Resultado final 25 a 19.

Fillos de Breogán 2-09 (15) VS Estrela Vermelha 2-10 (16) [Masc.]
Fillas de Breogán 4-05 (17) VS Estrela Vermelha 5-15 (30) [Fem.]

Contra as dúas da tarde chegaban os catro conxuntos da provincia para a desputa de dous choques decisivos. O tempo ameazaba con chuvas e vento, que á postre se tornaría nun factor decisivo. Como ven sendo habitual na Torre, o encontro masculino e feminino desputábanse simultáneamente.

O encontro feminino comezaba con algo de retraso por mor dos partidos programados con anterioridade no campo 4. O encontro comezou moi igualado e con respeto por parte de ambos equipos. As inclemencias metereolóxicas, cun forte vento lateral e chuvia (ao estar o campo menos resguardado) marcaron o devenir da primeira parte, ao facer máis difícil tanto a conducción e os desprazamentos en longo. Con dous goles por cada lado, o encontro íase ao descanso con Estrela gañando pola mínima (9-10).

Na reanudación, as composterláns apretaron o acelerador e comezaron a castigar con puntos ás coruñesas, ademáis un forte encontronazo deixou tocado o ombro esquerdo da porteira local. O dominio visitante durante a segunda parte foi máis claro, deixando o marcador final nun 17-30.

No campo 2 daba comezo puntualmente o choque que decidiría o título ligueiro masculino: unha victoria dos composteláns daríalle o seu cuarto título, mentres que calqueira outro resultado deixaría en bandexa o terceiro de Irmandinhos a falta do seu desprazamento a Ourense. Ambos equipos comezaron con moita enerxía, pero a chuvia, o vento e os nervos (máis da parte compostelán) daban lugar a numerosos erros nos pases e controis. Co vento a favor, Fillos creaba moitos máis problemas á zaga estreleira, que pola súa parte a penas gozaban de ocasións claras. Aínda así o encontro mantívose igualado en puntuación (4-3) ata o minuto 20: dous goles consecutivos dos locáis rompían o partido (10-3), cun Fillos que se viu arriba e deixaba ao descanso unha diferenza que, neste tipo de partidos, adoita ser definitiva: 13-4.

Na reanudación a chuvia amainou, máis non o vento que, ao igual que na primeira parte, tornariase decisivo. O Estrela saliu ao campo disposto a demostrar que quería esta Liga, aumentando a presión a todo campo e conseguindo recortar a diferenza cun gol e un punto (13-8). Os seguintes minutos foron de completo dominio visitante, axudados polo forte vento a favor, e foton remontando punto a punto ata poñerse por diante co seu segundo gol a falta de 10 minutos, que Fillos contrarrestou ao pouco para por as tablas (14-14). Os minutos fináis foron de nerviosismo e o partido puido caer de calqueira lado (ambos equipos estrellaron sendos tiros ao longueiro), pero os composteláns souperon aproveitar a súa dinámica positiva e acabáronse impondo por 15-16.

A pesar da intensidade vivida, o ambiente durante o encontro foi excelente, demostrado ao remate do mesmo cun pasillo mutuo entre ambos equipos, e o desfrute do terceiro tempo no centro da Coruña.

Cambados 1-07 (10) VS Keltoi 7-16 (37) [Masc.]

Este sábado tivo lugar o último encontro de liga para o Cambados, e nada menos que contra o Keltoi, un dos equipos máis en forma desta tempada. A pesar das malas previsións meteorolóxicas, o encontro disputouse case totalmente baixo unhas condición magníficas para a práctica deste deporte.

A primeira parte estivo marcado polos numerosos erros defensivos do conxunto local. O Keltoi aproveitou moi ben as súas ocasións, e marchouse ó descanso cun resultado a favor de 8-17.

A segunda parte foi moi parecida á primeira. O Cambados intentou zafarse da presión do Keltoi, pero non tiveron o día e apenas conseguiron aproximarse á portería rival. O resultado final foi de 10 a 37.

Auriense 3-15 (24) VS Irmandinhas 1-11 (14) [Fem.]

Terceira semana consecutiva de de gaélico no sintético da Universidade. Desta volta a quenda sería soamente para as rapazas, pois a equipa masculina de Irmandinhos non se presentou ó encontro que tería lugar o domingo.

Na xornada do sábado as nosas rapazas xogaron un partido vital para poder loitar pola cuarta posición, a equipa visitante chegaba dende A Estrada coa intención de levarse os dous puntos, no que a priori semellaba un partido moi igualado.

O partido comezou coas estradenses dominando, con acerto a paos nos primeiros minutos, mais co paso do tempo as nosas rapazas foron asentando as bases do que sería un partido con amplo dominio local, tendo como punto destacable a férrea defensa, ante a que pouco puideron facer as visitantes. A grande vantaxe adquirida pola nosa parte mantívose até a segunda metade, onde as estradenses puideron reducila lixeiramente, froito do cansazo da nosa equipa, pois acudiron á cita sen trocos. O resultado final foi de 3-15 (24) para Auriense e 1-11 (14) para as Irmandinhas.

Mecos 0-04 (4) VS Herdeiros de Dhais 5-16 (31) [Masc.]

O sábado desputouse o derradeiro partido de fútbol gaélico desta tempada no Monte da Vila, xa que por compromisos persoáis e profesionáis Mecos non participará na Copa Galega que se disputará durante o mes de maio. Pola súa parte, Herdeiros de Dhais acudía á cita disposto para coller forma de cara a dita competición.

O encontro durante a primeira metade foi parello, con ocasións para ambos equipos. Cunha sólida defensa por baixo, a primeira metade concluíu sen goles, pero un maior acerto dende a zona media permitía aos visitantes irse ao descanso con certa vantaxe (3-8). Mais a segunda metade foi completamente diferente. Un par de lances obrigaron a un xogador meco a continuar con molestias e a outro a retirarse preventivamente do encontro, mermando a capacidade ofensiva e defensiva local. Os visitantes anotaron ata cinco goles mentres o equipo visitante era incapaz de arbolar ataques. Finalmente, o encontro rematou cun contundente e quizáis excesivo 4-31 para o vivido na primeira parte.

Braithreachas 2-10 (16) VS Estrela Gaels 0-11 (11) [Masc.]

Pechando a xornada, celebrábase na Estrada o “mini clásico” que enfrontaba aos filíais dos equipos que unha semana antes se batiran en duelo polo título de liga: Braithreachas (Irmandinhos) e Estrela Gaels (Estrela Vermelha).

O encontro deu comezo con algo de retraso ao chegar xustos de tempo o equipo visitante. Isto notouse nos primeiros lances do partido, onde os Gaels comezaron moi fríos, e encaixaron rápidamente un gol e varios puntos. Co paso dos minutos fóronse encontrando no campo e comezaron a superar a barreira estradense, demostrando estar en mellor forma física. Pero a potencia sen control non serve de nada, e as xogadas de ataque compostelán acababan abortadas por unha ordeada defensa estradense, que durante a primeira parte fixo o que puido para conter os ataques (7-3).

Tras o paso polos vestiarios, ambos equipos sairon máis ordeados e o encontro se convertiu nun intercambio de golpes e contras rápidas. Os Gaels dominaban o medio campo, pero os “cheas” anotaban con máis facilidade a paus. A diferenza de puntos mantívose practicamente constante durante toda a segunda metade, finalizando o encontro con victoria local por 16 a 11.

Fan nº 1 dos Braithreachas