A xornada 16 da Liga Galega de Fútbol Gaélico déixanos os definitivos 4 equipos que se clasifican para a fase sénior que dá acceso á loita polo título. Son Irmandinhos, que a pesar de non xogar esta semana mantén a primeira praza, Estrela, que continúa poucos puntos por detrás tras vencer a ártabros, Fillos (terceiro) que superou a Mecos e Auriense que lle gañou na casa ao Estrela Gaels e que definitivamente será cuarto. Keltoi, Herdeiros e Mecos tamén teñen asegurada a fase Plate, mentres os demais equipos dilucidarán a súa posición definitiva na última xornada.
Na liga masculina Herdeiras continúa imbatida e lidera a clasificación ao vencer a Fillas. Por outra banda, Auriense foi quen de superar a domicilio a Keltoi.
RESULTADOS
Feminino
- Keltoi 1-07 (10) vs Auriense 0-16 (16)
- Herdeiras de Dhais 3-22 (31) vs Fillas de Breogán 6-08 (26)
- Irmandinhas 0-08 (8) vs Herdeiras de Dhais 1-17 (20) [Adiantado]
Masculino
- Auriense 10-12 (42) vs Estrela Gaels 2-08 (14)
- Fillos de Breogán 9-18 (45) vs Mecos 2-05 (11)
- Estrela Vermelha 4-21 (33) vs Ártabros 3-09 (18)
- Dorna 4-14 (26) vs Turonia 1-09 (12)
- Keltoi 0-30 (30) vs Pontevedra 0-00 (0) [N.P.]
PRÓXIMA XORNADA (2-3 marzo)
Feminino
- Turonia vs Fillas de Breogán
- Estrela Vermelha vs Keltoi
Masculino
- Estrela Gaels vs Fillos de Breogán
- Pontevedra vs Herdeiros de Dhais
- Irmandinhos vs Ártabros
- Cambados vs Dorna
- Turonia vs Braithreachas
Clasificación
Feminina
- Herdeiras de Dhais 18 ptos (+76)
- Estrela Vermelha 12 ptos (+107)
- Keltoi 8 ptos (-43)
- Fillas de Breogán 8 ptos (+18)
- Irmandinhas 6 pts (-19)
- Auriense 4 ptos (-22)
- Turonia 0 ptos (-117)
Masculina
- Irmandinhos 24 pts (+244)
- Estrela Vermelha 24 ptos (+255)
- Fillos de Breogán 20 ptos (+151)
- Auriense 18 ptos (+73)
- Keltoi 16 ptos (+105)
- Herdeiros de Dhais 15 ptos (+67)
- Mecos 13 ptos (-46)
- Braithreachas 8 ptos (-62)
- Pontevedra 6* ptos (-141)
- Cambados 6 ptos (-161)
- Estrela Gaels 6 ptos (-64)
- Dorna 5 ptos (-137)
- Ártabros 4* ptos (-112)
- Turonia 4 ptos (-172)
(*) Penalizado por ter partidos non presentado
Crónicas
Keltoi 1-07 (10) vs Auriense 0-16 (16) [Fem.]
O partido entre Keltoi e Auriense foi, na primeira metade, moi igualado: o marcador amosaba xogadas de ida e volta que remataban en moitos casos en fallos de puntería, e noutros en tantos e incluso algún gol. Pero ó descanso non estaba todo escrito, e a leve superioridade do Keltoi nas cifras era engañosa.
Na segunda parte as ourensás tomáronlle a medida ás viguesas e aproveitaron algún erro de colocación e algo de desconexión ofensiva das locais para poñerse por riba. Os paus axudaron a darlle azos a un Auriense moi potente no aspecto físico, e Keltoi, pese ó esforzo, non soubo reaccionar a tempo.
Fillos de Breogán 9-18 (45) vs Mecos 2-05 (11) [Masc.]
Ás 2:30 da tarde nos campos da Torre de Hércules, da comezo o partido que enfrontaba aos equipos de Fillos de Breogán e Mecos de O Grove.
Malia os esforzos de Mecos, os locáis deixaron evidencias da súa superioridade rematando a primeira parte cun marcador que facía supoñer a victoria do equipo de Fillos de Breogán.
A segunda metade iniciouse cun gol dos locais nos primeiros segundos e continuou cunha dinámica similar á da primera parte. O resultado final foi
9-18 para Fillos de Breogan e 2-05 para Mecos do Grove.
Dorna 4-14 (26) vs Turonia 1-09 (12)[Masc.]
O partido desputado na Illa de Arousa entre Dorna e Turonia rematou coa segunda victoria para o equipo Arousán, que consiguen escalar así posicións na parte baixa da taboa. Deceas de persoas desprazaronse a tarde de sábado para presenciar este partido de futbol gaélico. Un bo clima e bo ambiente entre os dous equipos, sumado ao bo xogo, deron un partido bonito de ver para os asistentes a este encontro.
O encontro comezou con dominio local, que abriu o marcador con un tanto. O equipo de Gondomar non estivo acertado no tiro a paus, pero defendeuse das acometidas dorneiras que acompañadas de unha boa labor e presión defensiva, fixeron que o colexiado pitara descanso con vantaxe local.
Na segunda parte, a convocatoria completa do Dorna e a mais mermada do equipo visitante, axudaron a decantar o partido de cara os locáis, que continuaron presionando e tirando a tanto, chegando algunhas accións a anotar entre os tres paus. Turonia non se rendiu e acabou por batir a portería do Dorna e chegar o final con un resultado de 4-14 (26)//1-09(12)
Partido limpo, sen incidencias nin tarxetas, seguido do tradicional terceiro tempo no Buona Vita, pensando ambos equipos xa en encarar cadanseu último partido da primeira volta.
Herdeiras de Dhais 3-22 (31) vs Fillas de Breogán 6-08 (26) [Fem.]
Nova vitoria das Herdeiras de Dhais que seguen imparables nesta tempada, manténdose no máis alto da clasificación e coa mente posta e co obxectivo de acadar o primeiro título para o clube.
Nunha noite inusualmente cálida para esta época do ano, recibiron no Cortizo ás Fillas de Breogán. As coruñesas comezaron dominando o partido con ataques rápidos e verticais que facían moito dano ás locáis. As Fillas chegaron a colocarse 6 puntos arriba nos primeiros instantes do encontro, pero lonxe de virse abaixo as Herdeiras conseguiron repoñerse a base de esforzo e orde no xogo anotando varios puntos a paos e algún gol que permitiu a remontada.
A primeira metade rematou moi igualada, con alternativas e un xogo moi vistoso e entretido, que continuou durante os segundos 25 minutos. Non obstante, o empuxe das de Lalín chegou a situar o marcador local máis de 10 tantos arriba, unha diferenza que, ainda así, non serviu para sentenciar o partido, pois os minutos finais foron de infarto ao marcar as Fillas dous goles seguidos e un punto que as situou a só 3 de diferenza. Sen embargo, a resposta das Herdeiras foi inmedianta e cun gol e varios tantos conseguiron levar a vitoria por 5 tantos de diferenza.
Auriense 10-12 (42) vs Estrela Gaels 2-08 (14) [Masc.]
Nesta calurosa tarde de domingo, o Auriense Campus da Auga FG mediase ao filial de Estrela Vermelha, aos Estrela Gaels, no derradeiro partido da primeira volta. Durante todo o partido o Auriense demostrou o seu acerto de cara a porta que o caracterizou durante toda a tempada, rematando o partido cunha vitoria local por 10-12 (42) 02-08 (14). Esta vitoria certifica o cuarto posto na liga que da o pase a loita polo título.
Estrela Vermelha 4-21 (33) vs Ártabros 3-09 (18) [Masc.]
No partido que pechaba a xornada de gaélico galego enfrontábanse o Estrela Vermelha de Compostela e os Ártabros.
Os compostelanos, con algunhas baixas en defensa, marcaron o ritmo dende o comezo do partido. Ao descanso xa tiñan tres goles e 12 tantos fronte un único gol e tres tantos do combinado visitante. Na segunda parte, as forzas equilibráronse, mais a reacción dos coruñeses foi demasiado tardía, polo que os vermellos nunca sentiron que houbese posibilidade real de rematar perdendo o partido. Dous dos xogadores do Estrela pertencen ao filial estreleiro, o Estrela Gaels, e demostraron a súa valía anotando entre os dous un gol e 5 puntos. Ao remate do encontro o resultado final amosaba un Estrela Vermelha 4-21 (33) – 3-9 (18) Ártabros.