O fútbol gaélico galego presente por primeira vez no congreso da GAA

A pasada fin de semana celebrouse na cidade Irlandesa de Wexford o Congreso da Gaelic Atlethic Association (GAA), que é o máximo organismo dos deportes gaélicos a nivel mundial e se rexe de forma totalmente democrática.

No Congreso estivo presente parte da directiva da Gaelics Games Europe (GGE) o máximo organismo europeo do deporte. Alí estiveron o presidente, Tony Bass, o secretario, John White, así como o vicepresidente, Anthony Mcdermott, entre outros.

O Gaélico Galego tivo por primeira vez un representante neste máximo congreso da GAA, trátase do football officer Europeo (manager do fútbol gaélico europeo) e seleccionador Galego masculino, Alexandre Sanmartín “Jano”.

Jano puido compartir sesións co presidente da GAA (foto) así como con moitas das autoridades representativas de cada County Irlandés e de todas ás seccións Internacionais.

Un magnífico día para intercambiar opinións e ideas, tanto para o beneficio Galego, coma para o Europeo.
Regresa ca mochila cargada, pola experiencia e polos coñecementos adquiridos.