Crónica xornada 15: Nada está pechado na Liga masculina

A 15 días para pechar a primeira volta da Liga Galega Masculina, os 14 equipos que participan na competición acumulan 11 ou 12 partidos disputados, e van configurando as diferentes posicións da táboa que será dividida na segunda volta en 3 grupos Sénior (1º- 4º), Plate (5º- 9º) e Shield (10º-14º).

Irmandinhos (1º-24 puntos), Estrela Vermelha F.G. (2º-22 puntos) e Fillos de Breogán (3º-18 puntos) ocupan os tres primeiros postos e xa están clasificados matematicamente para o grupo de loita polo título. Auriense (4º-16 puntos) firma unha excelente primeira volta e, de vencer aos Gaels na próxima xornada, manterase de xeito matemático no grupo Sénior. Pero moi de preto e aínda con opcións de chegar a Sénior, no caso de fallaren os ourensáns, seguen Herdeiros de Dhais F.G. (5º-15 puntos) e Keltoi Vigo (6º-14 puntos).

Mecos FG regresou á competición tras un ano de parón cun gran nivel e aséntase na 7ª posición con 13 puntos e asegura a participación na fase Plate. A máis distancia, Braithreachas posiciónase 8º con 8 puntos e Pontevedra Fútbol Gaélico 9º con 7.

Colocados actualmente na parte da táboa que daría acceso á fase Shield atopamos a Cambados que, non obstante, tras impoñerse o sábado ao filial estradense ascende á 10ª posición con 6 puntos, os mesmos que conta o Estrela Gaels no posto 11º e aínda teñen boas opcións de clasificarse para Plate. Do mesmo xeito, con 4 puntos cada un e con dous partidos aínda por xogar manteñen tamén posibilidades os Ártabros (12º) e Turonia GFG (13º). Máis difícil o ten o agora mesmo pechacancelas, Dorna FG, con 3 puntos e dous duelos por disputar.

RESULTADOS

Feminino

  • Fillas de Breogán 2-08 (14) vs Keltoi 2-12 (18)
  • Estrela Vermelha 8-21 (45) vs Turonia 1-04 (7)
  • Irmandinhas 0-08 (8) vs Herdeiras de Dhais 1-17 (20) [Adiantado]

Masculino

  • Estrela Gaels 0-04 (4) vs Irmandinhos 1-15 (18)
  • Pontevedra 3-11 (20) vs Turonia 4-13 (25)
  • Mecos 2-14 (20) vs Keltoi 3-11 (20)
  • Herdeiros de Dhais 9-20 (47) vs Dorna 1-07 (10)
  • Braithreachas 4-10 (22) vs Cambados 5-08 (23)

PRÓXIMA XORNADA (23-24 febreiro)

Feminino

  • Keltoi vs Auriense
  • Herdeiras de Dhais vs Fillas de Breogán

Masculino

  • Auriense vs Estrela Gaels
  • Fillos de Breogán vs Mecos
  • Estrela Vermelha vs Ártabros
  • Dorna vs Turonia
  • Keltoi vs Pontevedra

Clasificación

Feminina

  1. Herdeiras de Dhais 16 ptos (+71)
  2. Estrela Vermelha 12 ptos (+107)
  3. Keltoi 8 ptos (-37)
  4. Fillas de Breogán 8 ptos (+23)
  5. Irmandinhas 6 pts (-19)
  6. Auriense 2 ptos (-28)
  7. Turonia 0 ptos (-117)

Masculina

  1. Irmandinhos 24 pts (+244)
  2. Estrela Vermelha 22 ptos (+240)
  3. Fillos de Breogán 18 ptos (+117)
  4. Auriense 16 ptos (+45)
  5. Herdeiros de Dhais 15 ptos (+67)
  6. Keltoi 14 ptos (+75)
  7. Mecos 13 ptos (-12)
  8. Braithreachas 8 ptos (-62)
  9. Pontevedra 7 ptos (-111)
  10. Cambados 6 ptos (-161)
  11. Estrela Gaels 6 ptos (-36)
  12. Ártabros 4* ptos (-97)
  13. Turonia 4 ptos (-158)
  14. Dorna 3 ptos (-151)

(*) Penalizado por ter partidos non presentado

Crónicas

Fillas de Breogán 2-08 (14) vs Keltoi 2-12 (18) [Fem.]

A xornada abríase nos campos da Torre (A Coruña) co encontro entre as 3ª e 4ª clasificadas de liga, partido moi igualado que na ida xa se decidiu na ultima xogada.

Un partido que deparou moita igualdade dende o minuto un, ningún dos dous equipos conseguiu desmarcarse no marcador, predominou o xogo a man e as defensas foron moi férreas e con moitas axudas por parte dos dous equipos que propocio moitos erros nos tiros a paus. As viguesas moito mais acertadas no ataque puxeroson por diante, as Fillas sempre se mantían no partido con arreóns pero errando ocasións en mans a mans diante da portería rival.

Así chegouse aos últimos minutos que con par de tiros a paus en momentos claves por parte das viguesas, unidos á falta de precisión das breoganeiras e as presas por remontar, fixeron que a victoria voase para terras viguesas.

Irmandinhas 0-08 (8) vs Herdeiras de Dhais 1-17 (20) [Fem.]
Braithreachas 4-10 (22) vs Cambados 5-08 (23) [Masc.]

Os encontros na Estrada saldáronse con dúas derrotas dos equipos locáis, fronte Herdeiras de Dhais e Cambados respectivamente.

O sábado comenzaba co derbi feminino que enfrontaba ás Inhas coas líderes invictas, as rapazas de Lalín. O partido comezou igualado, mantendo o tipo as locáis, chegando ao descanso só dous puntos abaixo. Na segunda metade as da Vila do Cocido subiron o pistón e as Inhas non foron quen de seguir ese arreón, rematando cunha clara victoria das visitantes.

A continuación xogaron os Braithreachas, nun duelo directo contra Cambados. Resultou un partido con alta puntuación, que foi lido mellor polos visitantes, que tiveron vantaxe practicamente durante os 60 minutos. Os estradenses non tiveron moita fortuna, chegando a errar unha pena máxima e alguna clara ocasión máis, e perdendo o partido na última xogada por un único punto.

Antes dos partidos celebrouse un minuto de silencio polo falecemento do avó do xogador locatario Brito.

Herdeiros de Dhais 9-20 (47) vs Dorna 1-07 (10) [Masc.]

Os Herdeiros de Dhais impuxéronse de xeito claro ao conxunto da Illa de Arousa nun encontro que os de Lalín dominaron de principio a fin.

Pontevedra 3-11 (20) vs Turonia 4-13 (25) [Masc.]

Disputadísimo encontro o que se viviu no campo da Xunqueira II na tarde do domingo. Os pontevedreses recibían aos debutantes do Turonia GFG, pechacancelas da competición ata o momento.

A diferenza na clasificación (9º contra 14º) e o recorrido durante esta primeira volta podería dar a pensar que o encontro quedaría na casa, pero un excelente partido dos de Gondomar deu a súa segunda victoria aos do Val Miñor, sacándoos da última posición da táboa e comprometendo a presenza do Pontevedra na fase final Plate.

Mecos 2-14 (20) vs Keltoi 3-11 (20) [Masc.]

O domingo viviuse unha tarde especial no campo do Monte da Vila polo dobre enfrontamento entre os Mecos e Keltoi Vigo. E non pola participación das seccións femininas de ambos clubes, como é normal noutros encontros da Liga, senón pola celebración dun partido amigable entre as escolas deportivas de ambos clubes ás 19h.

Tras a exhibición de xogo dos cadetes, que darán moito que falar no futuro, deu comezo o encontro dos “maiores”. Ambos equipos chegaban nun momento de forma e xogo moi igualados, o cal se reflexou directamente no campo de xogo durante todo o encontro, saldándose finalmente cun empate e complicando as opcións pola cuarta praza. Aínda que matematicamente hai opcións, só unha carambola faría que Mecos ou Keltoi se clasificaran para a fase final Senior.

Estrela Vermelha 8-21 (45) vs Turonia 1-04 (7) [Fem.]
Estrela Gaels 0-04 (4) vs Irmandinhos 1-15 (18) [Masc.]

Para pechar a xornada de gaélico galego, na capital vimos dous bos partidos de riváis moi afastados na táboa, mais que deron boa mostra da entrega de todas as equipas desta Liga.

Primeiramente xogaron o Estrela Vermelha e o Turonia GFG femininos, nun partido correspondente coa duodécima xornada da liga feminina. Comezou cun ritmo frenético por parte das locáis, que anotaron tres goles nos primeiros minutos do encontro e que marcaron a dinámica do xogo. O resultado final amosaba unha gran diferenza, de máis de 30 puntos a favor das vermelhas, pois o combinado visitante acusou baixas clave. Resultado final: Estrela Vermelha 8-21 (45) – 1-4 (7) Turonia GFG.

Por outra banda o filial compostelano, o Estrela Gaels, recibía ao por agora líder da clasificación, os Irmandinhos A Estrada. A primeira parte foi moi desputada, con ocasións parellas para ambos equipos e rematou cun 4-10 para o combinado estradense. Na segunda parte os visitantes tiraron de veteranía cun mellor tiro a paus que, xunto cun desacerto de cara a portería dos estreleiros, rematou por dar a vitoria aos Irmandinhos. Estrela Gaels 0-4 (4) – 1-15 (18) Irmandinhos.