Crónica xornada 14: Os equipos masculino apuran as súas opcións de cara a divisón en grupos na segunda volta

Importantes victorias de varios equipos masculinos que manteñen en vilo a configuración da segunda volta masculina, que será dividida en tres grupos segundo a clasificación na primeira volta: Sénior (1º-4º), Plate (5º-9º) e Shield (10º-14º). A victoria de Fillos de Breogán (3º) fronte a Ártabros (12º) clasifícaos matemáticamente para a fase Sénior, e Auriense (4º) está a tan só unha victoria cun partido restante (cun partido restante) logo de facer o propio contra Pontevedra (9º), coa ameaza de Herdeiros (5º) e Keltoi (6º), ambos con 13 puntos pero dous partidos restantes cada un e que tamén saldaron os seus compromisos da fin de semana con victorias contra Braithreachas (8º) e Estrela Gaels (10º) respectivamente. No partido masculino restante, Estrela Vermelha (2º) impúxose ao Cambados (11º).

Na Liga feminina, Herdeiras de Dhais continúan coa súa senda invicta ao impoñerse case pola mínima fronte Auriense, cunha diferenza idéntica coa que se impuxo Irmandinhas fronte a Turonia.

RESULTADOS

Feminino

  • Irmandinhas 2-10 (16) vs Turonia 3-05 (14)
  • Herdeiras de Dhais 4-14 (26) vs Auriense 4-12 (24)

Masculino

  • Pontevedra 2-04 (10) vs Auriense 5-14 (29)
  • Keltoi 5-15 (30) vs Estrela Gaels 2-15 (21)
  • Ártabros 2-02 (8) vs Fillos de Breogán 2-14 (20)
  • Cambados 4-04 (16) vs Estrela Vermelha 6-17 (35)
  • Herdeiros de Dhais 6-21 (39) vs Braithreachas 1-03 (6)

PRÓXIMA XORNADA (16-17 febreiro)

Feminino

  • Fillas de Breogán vs Keltoi
  • Estrela Vermelha vs Turonia

Masculino

  • Estrela Gaels vs Irmandinhos
  • Pontevedra vs Turonia
  • Mecos vs Keltoi
  • Herdeiros de Dhais vs Dorna
  • Braithreachas vs Cambados

Clasificación

Feminina

  1. Herdeiras de Dhais 14 ptos (+59)
  2. Estrela Vermelha 10 ptos (+69)
  3. Fillas de Breogán 10 ptos (+27)
  4. Keltoi 6 ptos (-41)
  5. Irmandinhas 6 pts (-7)
  6. Auriense 2 ptos (-28)
  7. Turonia 0 ptos (-79)

Masculina

  1. Irmandinhos 22 pts (+230)
  2. Estrela Vermelha 22 ptos (+240)
  3. Fillos de Breogán 18 ptos (+117)
  4. Auriense 16 ptos (+45)
  5. Herdeiros de Dhais 13 ptos (+30)
  6. Keltoi 13 ptos (+75)
  7. Mecos 12 ptos (-12)
  8. Braithreachas 8 ptos (-61)
  9. Pontevedra 7 ptos (-106)
  10. Estrela Gaels 6 ptos (-22)
  11. Cambados 4 ptos (-162)
  12. Ártabros 4* ptos (-97)
  13. Dorna 3 ptos (-114)
  14. Turonia 2 ptos (-163)

(*) Penalizado por ter partidos non presentado

Crónicas

Keltoi 5-15 (30) vs Estrela Gaels 2-15 (21) [Masc.]

O partido que enfrontou o Keltoi Vigo co Estrela Gaels presentouse como un encontro de ida e volta no que o resultado final non reflicte o esforzo realizado por ambos conxuntos. Comezaron moi ben os composteláns, que encadearon varios puntos seguidos; os vigueses reaccionaron e rapidamente conseguiron unha vantaxe que xa non perderían en todo o encontro. Combinouse con gran acerto no centro do campo e a seguridade das dúas primeiras liñas permitiron recuperar os balóns tras os ataques do Estrela Gaels e recompoñer o esquema de xogo con certa facilidade. Os goles foron decisivos para manter o partido vivo e interesante ata o pitido final. Un bo sábado de gaélico con gran ambiente sobre o céspede da Etea.

Ártabros 2-02 (8) vs Fillos de Breogán 2-14 (20) [Masc.]

Os Fillos de Breogán impuxéronse aos Ártabros nun novo derbi das Mariñas xogado na Cidade Deportiva da Torre. O vento, como adoita ser habitual á beira do mar na Coruña, foi o protagonista. Os branquiazuis foron superiores durante todas as fases do partido,pero as imprecisións nos tiros altos por parte dos dous conxuntos sucedéronse motivadas pola forza que enviou Eolo para frealos como se se tratase dunha Eneida cascarilleira.

A primeira vítima do vento foi o equipo negro. Na primeira metade o aire sopraba contra a portería defendida por Yeyu. Os Fillos dominaban o ritmo do partido e chegaban preto da área dos Ártabros. Alí, Liam, Víctor e Nafa principalmente procuraban sumarpuntos para a conta de fillos. Unhas veces a forza do vento e outras, a defensa ártabra, conseguiron anular as tentativas branquiazuis.

Con todo, o problema ártabro non era só frear o ataque dos Fillos. Había que sumar no outro lado do campo. E aí, os atrancos eran maiores. Un espectacular Seijas, coma sempre, foi un incordio para a ofensiva dos Ártabros. A pesar do bo traballo defensivodos Fillos, Fariñas conseguiu chegar, por velocidade, e o equipo negro puido sumar un gol antes do descanso. Outro tanto dos Ártabros nesa primeira parte foi anulado polo árbitro do encontro logo de que tanto Fariñas como o defensa Iago aterrizasen literalmentesobre o porteiro dos Fillos, Iván, que puido completar o encontro malia a dureza do golpe.

A segunda parte non foi diferente. Os Fillos seguiron mandando e os Ártabros teimando por meterse no partido mais sen fortuna. Eamonn, no ataque Ártabro, deixou os detalles da calidade que pode ter un xogador de Kerry. Os seus duelos con Víctor foron dignos de mención. Víctor amosou, unha vez máis, que é o máis irlandés dos galegos. Fixo de todo e todo ben: comandou o ataque, distribuíu xogo, bloqueou tiros e anotou puntos cunha técnica excelente mesmo co vento en contra. Víctor semella que naceu para xogar ao fútbol gaélico e este deporte está feito para el. Mais non foi só el. O encontro definiuse pola maior calidade do plantel branquiazul. Os Ártabros, sempre en loita, non baixaron os brazos. Por iso, os Fillos tampouco puideron facelo.

A segunda parte seguiu a ter o vento presente e, tamén, un pouco de chuvia miúda. Pero non houbo grandes cambios. O derbi foi branquiazul. Os Fillos de Breogán sumaron un novo triunfo ante o seu equipo irmán. Un choque marcado pola cordialidade, con accións duras pero limpas, como debería ser en todo momento no noso deporte.

Irmandinhas 2-10 (16) vs Turonia 3-05 (14) [Masc.]

O encontro comezou dominado polas estradenses, nun campo anegado e con choiva persistente; as nosas, con posesión e boas combinacións, eran quenes de anotar con certa asiduidade, concretando con algún gol. Tamén fixeron un grandísimo traballo defensivo ante a perigosísima dianteira de Turonia, Loles.

No segundo tempo o partido embarullouse. Dúas expulsións de 5 minutos das locáis, unha na primeira metade e a segunda delas contra o final do encontro, fixo que tiveran que xogar 10 minutos cunha rapaza menos, o que igualou o encontro. Nestes intres, as de Gondomar foron quenes de facer dano e penalizar os erros.

Pero nuns últimos minutos de infarto, as Inhas xestionaron esa pequena renta que as levou á victoria. Resultado: Inhas 2-10(16) / 3-05(14) Turonia.

Cambados 4-04 (16) vs Estrela Vermelha 6-17 (35) [Masc.]

Este sábado o Cambados Gaélico recibía ó Estrela Vermelha nun día frío, chuvioso e con moito vento.

Comezou o partido con un intenso vento, con un intercambio de tanteo que poñía o partido moi interesante, o Cambados foi quen de facerlle fronte a un dos candidatos a gañar a liga durante o primeiro cuarto do partido, despois o Estrela sacou a súa veteranía e comezou a trenzar pases que dificultaron o xogo Cambadés, tras eso chegouse o descanso co Estrela con 11 puntos por riba do Cambados.

Na segunda parte o tempo púxose inda peor… moito vento que facía imposible tirar a tantos ou intentar unha xogada de un pase largo, polo cal o xogo tivo que reducirse a espazos cortos e xogadas trenzadas, ademáis a chuvia dificultaba os controis do balón e vironse moitas imprecisións en ambos equipos, pese a todo, a maior experiencia do cadro compostelán conseguir impoñerse o Cambados que nunca baixou os brazos e intentouno ata o final, resultado final 16 (4-4) – 35 (6-17).

Herdeiros de Dhais 6-21 (39) vs Braithreachas 1-03 (6) [Masc.]

Herdeiras de Dhais 4-14 (26) vs Auriense 4-12 (24) [Fem.]

Dobre victoria herdeira nos partidos desputados o pasado sábado no Anxo Cortizo.

No partido masculino, os Herdeiros impuxéronse con moita claridade no derbi intercomarcal a un Braithreachas moi mermado polas baixas. 6-21 (39) vs 1-03 (6) foi o resultado final dun duelo que estivo de principio a fin dominado polos locáis. Estes dous puntos elevan os dezanos á 5ª praza, empatados a puntos con Keltoi.

Outra historia foi o partido feminino que enfrontou a Herdeiras e Auriense (xa pertencente á segunda volta da liga feminia) e que finalmente caeu do lado lalinense por un axustadísimo 4-14 (26) vs 4-12 (24). Como xa sucedeu na primeira volta, este enfrontamento foi todo un espectáculo con fases alternas de dominio por parte de ambos equipos, altas doses de intensidade e puntos constantes. Herdeiras foi por diante no marcador prácticamente a totalidade do partido, mais a correosa defensa ourensá impedíalle desenvolver o seu xogo no medio campo e cobrar vantaxes importantes no taboleiro, posto que as contras lanzadas por Auriense, con moito balon longo, facían importante dano. Todo ficou aberto ata o final e grazas ao seu maior acerto, as rapazas dirixidas por Miriam continúan unha xornada máis como líderes da clasificación.

Pontevedra 2-04 (10) vs Auriense 5-14 (29) [Masc.]

O Auriense saca dous puntos vitáis da súa visita ao campo da Xunqueira, que permiten ao equipo das Burgas afianzarse no 4º posto, a tan só unha victoria de clasificarse matemáticamente para a fase final Senior da Liga.