Herdeiras de Dhais consegue o título simbólico de “campioas de inverno” ao imporse ao Estrela Vermelha.
O conxundo do Deza gana a primeira batalla polo título ligueiro ao gañar por 2 puntos no intenso duelo coas compostelanas. Fillas de Breogán acada unha cómoda victoria ante as novéis de Turonia, mentres Keltoi confirma a súa boa racha ao acadar a súa terceira victoria en catro xornadas.
A liga masculina concéntrase no medio da táboa. Fillos de Breogán logra unha traballada victoria contra Turonia, mentres Keltoi arranca un punto ao empatar con Auriense que, xunto con Mecos, son os candidatos ao cuarto posto que daría acceso á fase final Sénior (1º~4º). Herdeiros de Dhais cae ante o Estrela Vermelha, asegurando case totalmente a súa presenza na fase final Plate, ao igual que Braithreachas (8º) que, ao superara Pontevedra na clasificación logo de imporse aos mesmos, pechan os postos Plate (5º~9º). Pola súa banda, Cambados logra imporse a Ártabrose e non se rinde á hora de escapar dos postos Shield (10º~14º).
RESULTADOS FEMININO
- Fillas de Breogán 6-15 (33) vs Turonia 0-04 (4)
- Herdeiras de Dhais 2-11 (17) vs Estrela Vermelha 2-09 (15)
- Auriense 2-11 (17) vs Keltoi 2-17 (23)
RESULTADOS MASCULINO
- Fillos de Breogán 5-14 (29) vs Turonia 3-07 (16)
- Ártabros 4-07 (19) vs Cambados 2-15 (21)
- Braithreachas 5-09 (24) vs Pontevedra 1-08 (11)
- Herdeiros de Dhais 3-02 (11) vs Estrela Vermelha 6-18 (36)
- Auriense 3-11 (20) vs Keltoi 1-17 (20)
PRÓXIMA XORNADA (26-27 xaneiro)
Masculino
- Estrela Gaels vs Estrela Vermelha (mércores 23, adiado da xornada 2)
- Estrela Gaels vs Herdeiros de Dhais
- Fillos de Breogán Braithreachas
- Turonia vs Ártabros
- Dorna vs Auriense
- Estrela Vermelha vs Mecos
- Cambados vs Irmandinhos
Clasificación
Feminina
- Herdeiras de Dhais 12 ptos (+57)
- Estrela Vermelha 10 ptos (+69)
- Fillas de Breogán 8 ptos (24)
- Keltoi 6 ptos (-41)
- Irmandinhas 4 pts (-9)
- Auriense 2 ptos (-26)
- Turonia 0 ptos (-77)
Masculina
- Irmandinhos 20 pts (+183)
- Estrela Vermelha(*) 16 ptos (+201)
- Fillos de Breogán 14 ptos (+89)
- Auriense 12 ptos (+15)
- Mecos 12 ptos (-3)
- Keltoi 11 ptos (+66)
- Herdeiros de Dhais 9 ptos (-20)
- Braithreachas 8 ptos (-12)
- Pontevedra 7 ptos (-87)
- Estrela Gaels(*) 6 ptos (+15)
- Cambados 4 ptos (-96)
- Dorna 3 ptos (-103)
- Ártabros 2 ptos (-114)
- Turonia 2 ptos (-134)
(*) Teñen un partido pendente
Crónicas
Fillas de Breogán 6-15 (33) vs Turonia 0-04 (4) [Fem.]
Fillos de Breogán 5-14 (29) vs Turonia 3-07 (16) [Masc.]
Ártabros 4-07 (19) vs Cambados 2-15 (21) [Masc.]
A duodécima xornada de liga daba comezo na Coruña nun dobre encontro que enfrontaba ao equipo da cidade ártabra contra os debutantes este ano de Gondomar, o Turonia G.F.G.
No partido masculino, Fillos de Breogán fixo valer a súa experiencia pondo distancia no marcador, chegando cunha cómoda ventaxa ao descanso. Sen embargo, os de Gondomar saíron máis centrados tras o descanso e firmaron unha segunda parte moi seria que deixa boas sensacións. Finalmente o marcador reflexaba un 29-16 a favor dos locáis.
Un conto diferente se viu no partido feminino, onde as herculinas non deron opción ás do Val Miñor, demostrando a súa intención de dar pelexa na segunda volta da Liga. Tras 50 minutos de xogo, o resultado final foi de 33-4.
Braithreachas 5-09 (24) vs Pontevedra 1-08 (11) [Masc.]
Os Braithreachas derrotaron a Pontevedra Fútbol Gaélico no encontro correspondente á 12ª xornada da Liga Galega.
O partido dou comezo ás 18 horas, cun tempo propio de inverno: choiva abundante, pero sen vento. Comezou adiantándose Pontevedra, cun gol aos 5 minutos, pero a partir de ahí os da Estrada colleron o ritmo do partido e, puntiño a puntiño déronlle a volta ao encontro, chegando ao descanso con 6 puntos de vantaxe.
Na segunda metade, lonxe de relaxarse, os “Cheas” puxeron a directa e con dous goles no arranque case pecharon o encontro. Os rapaces de Pontevedra nunca se deron por vencidos e tentárono ata o final, pero os estradenses souberon administrar a vantaxe e levarse unha victoria moi importante que os aúpa ata a oitava posición, superando precisamente aos do Lerez.
Herdeiras de Dhais 2-11 (17) vs Estrela Vermelha 2-09 (15) [Fem.]
Herdeiros de Dhais 3-02 (11) vs Estrela Vermelha 6-18 (36) [Masc.]
As Herdeiras de Dhais finalizan a primeira volta da liga galega de fútbol gaélico como primeiras clasificadas tras impoñerse o pasado sábado no Cortizo a Estrela Vermelha por 2-11 (17) a 2-09 (15) nun partido bonito e igualado, que tivo emoción ata o final. Ambos equipos chegaban á última xornada da primeira volta empatados a puntos na cabeza da táboa e contando os partidos por vitorias. Esta situación facía deste partido pouco menos que unha final, a pesares de aínda quedar moito para o remate da liga.
As rapazas dirixidas por Miriam -con numerosas baixas e un só cambio- tiveron que aplicar altas doses extra de entrega e sacrificio para compensar a falta de xogadoras. Así, realizaron un dos partidos máis serios no que vai de tempada, poñendo sobre o terreo de xogo intensidade nas marcaxes e velocidade na saída tras a recuperación do balón. Esta fórmula, combinada cun destacado acerto a paus foi eficaz para ir sumando puntos e manter dende os primeiros minutos a vantaxe no marcador. A marxe foi, non obstante, sempre escasa, posto que cada xogada Herdeira era respondida con perigo polas xogadoras compostelás que tamén ían sumando tantos. A segunda metade comezou coas de locais 4 puntos por diante e seguiu un guión moi similar aos 25 primeiros minutos. Intensidade, velocidade, disputa e boas xogadas dun e outro equipo fixeron as delicias do público congregado na fría noite lalinense. Finalmente, a vitoria quedou na casa por unha diferenza de dous puntos e as Herdeiras colócanse líderes da clasificación en solitario, pero con toda a segunda volta por diante, o que deixa a liga completamente aberta.
Outra historia ben diferente foi o encontro masculino no que os santiagueses non deron opción a Herdeiros, que realizou un partido moi frouxo e perdeu por 3-02 (11) a 6-18 (36). Na primeira parte, aínda que dominou Estrela, os locáis conseguiron enlazar momentos de xogo aceptable e, con dous goles consecutivos e un punto, chegaron ao descanso só 4 puntos por debaixo. Na segunda metade o equipo descompúxose e isto foi aproveitado por Estrela para meter unha marcha máis e levarse o partido por moita diferenza.
Auriense 2-11 (17) vs Keltoi 2-17 (23) [Fem.]
Auriense 3-11 (20) vs Keltoi 1-17 (20) [Masc.]
Na tarde do domingo o Auriense enfrontabase a Keltoi, en dous partidos moi pelexados. No enfrontamento masculino, tras un intercambio continuo de puntos, o partido saldouse cun empate de 20 a 20.
No partido feminino a intensidade non foi menor, mais o maior acerto por parte do equipo vigués permitiulles levar os puntos para a casa. O resultado final foi de 17 a 23 para as viguesas.