Crónica xornada 11: A Liga Galega retoma o pulso e encara xa a recta final da primeira volta

Irmandinhos afiánzase como líder en masculino, mentres que Estrela e Herdeiras se xogan a próxima fin de semana o primeiro posto.

Tras dúas semanas de parón polo Nadal, as Ligas Galegas de fútbol gaélico retomaron a pasada fin de semana o pulso da competición e encaran xa os derradeiros partidos da primeira volta. No cadro masculino, Irmandinhos segue a demostrar o seu gran nivel de forma esta tempada e lidera en solitario a táboa despois de impoñerse a Auriense. Keltoi derrotou a Turonia na casa, mentres que Mecos venceu no derbi arousán contra cambados e escala ata a 4ª posición. Pola súa parte, os Gaels venceron a Dorna e suman a segunda vitoria, mentres que Ártabros non compareceu contra Braithreachas por falta de efectivos.

Na liga feminina Estrela segue primeiro empatado a puntos con Herdeiras e á espera do que suceda a vindeira xornada no encontro que enfrontará a ambas escadras e que decidirá a primeira praza ao remate da primeira volta. Polo demais, Keltoi Vigo gañoulle tamén a Turonia, e as Inhas fixeron o mesmo contra un combativo Auriense.

RESULTADOS FEMININO

  • Keltoi 5-17 (32) vs Turonia 4-11 (23)
  • Irmandinhas 3-14 (23) vs Auriense 3-11 (20)

RESULTADOS MASCULINO

  • Keltoi 5-13 (28) vs Turonia 3-10 (19)
  • Irmandinhos 3-21 (30) vs Auriense 3-07 (16)
  • Mecos 2-14 (20) vs Cambados 2-10 (16)
  • Braithreachas vs Ártabros (N.P.)
  • Estrela Gaels 4-11 (23) vs Dorna 4-04 (16)

PRÓXIMA XORNADA (19-20 xaneiro)

Feminino

  • Auriense vs Keltoi
  • Herdeiras de Dhais vs Estrela Vermelha
  • Fillas de Breogán vs Turonia

Masculino

  • Auriense vs Keltoi
  • Herdeiros de Dhais vs Estrela Vermelha
  • Fillos de Breogán vs Turonia
  • Braithreachas vs Pontevedra
  • Ártabros vs Cambados

Clasificación

Feminina

  1. Estrela Vermelha 10 ptos (+71)
  2. Herdeiras de Dhais 10 ptos (+55)
  3. Fillas de Breogán 6 ptos (-2)
  4. Keltoi 4 ptos (-47)
  5. Irmandinhas 4 pts (-9)
  6. Auriense 2 ptos (-20)
  7. Turonia 0 ptos (-48)

Masculina

  1. Irmandinhos 20 pts (+183)
  2. Estrela Vermelha(*) 14 ptos (+176)
  3. Fillos de Breogán 12 ptos (+76)
  4. Mecos 13 ptos (-3)
  5. Auriense 11 ptos (+15)
  6. Keltoi 10 ptos (+66)
  7. Herdeiros de Dhais 9 ptos (+5)
  8. Pontevedra 7 ptos (-74)
  9. Braithreachas 6 ptos (-25)
  10. Estrela Gaels(*) 6 ptos (+15)
  11. Dorna 3 ptos (-103)
  12. Turonia 2 ptos (-121)
  13. Cambados 2 ptos (-98)
  14. Ártabros 2 ptos (-112)

(*) Teñen un partido pendente

Crónicas

Keltoi 5-17 (32) vs Turonia 4-11 (23) [Fem.]

Keltoi 5-13 (28) vs Turonia 3-10 (19) [Masc.]

O partido masculino estivo controlado na primeira metade polo Keltoi, que ante un duro e aguerrido Turonia se mantivo sempre por riba no marcador. Tras o descanso, uns minutos de descontrol no equipo local permitiulle ós de Gondomar achegarse ao Keltoi, pero os vigueses souberon reaccionar e apretar para volver controlar o encontro nos últimos minutos.

Despois dos rapaces foi o turno das rapazas, e as locais dende o principio saíron a presionar moi forte para conseguir nos 5 primeiros minutos un colchón que non perderían en todo o partido. O equipo técnico preparou unha disposición defensiva diferente á habitual que lles permitiu ir solventando os contundentes ataques de Turonia. Na segunda parte a receita foi similar e foron aumentando pouco a pouco a diferencia, pero algúns erros puntuais do Keltoi feminino déronlle vida ao sempre perigoso equipo visitante, que tamén realizou moi boas xogadas. Finalmente, grazas ao alto nivel de concentración e espírito de equipo de todas as xogadoras do club olívico, puídose conservar a distancia e sacar unha vitoria moi valiosa.

Mecos 2-14 (20) vs Cambados 2-10 (16) [Masc.]

O campo de As Lampáns, en San Vicente, foi o lugar onde o Mecos F.G. e o Cambados F.G. disputaron o partido correspondente á undécima xornada da Liga Galega de Fútbol Gaélico. Nun campo novo para os dous equipos, o partido deu comezo contra as 16:30h deste pasado sábado, rematando cunha disputada vitoria dos Mecos ante un peleón Cambados por tan só catro tantos, o que lle permite aos do Grove asentarse na parte media-alta da clasificación.

O inicio do partido caracterizouse polo dominio visitante ante un Mecos F.G. que non se daba atopado dentro do terreo de xogo. Aos dez minutos de partido, o Cambados F.G. contaba cunha vantaxe de seis tantos. Nese momento, os do Grove comezaron a remontada cunha defensa seria e consolidada, unha forte presión no saque e con un xogo vistoso no medio do campo. Os de Cambados dependeron moito do seu capitán, Dani Rey, que volveu a asombrar co seu xogo, detalles de calidade e velocidade co balón. No lado local, os do Grove contaron coa seguridade no pase de Rubén Pérez, “Rubio”, así como coa saída de balón de Quique Cameselle. Os dous equipos marcharon ós vestiarios cunha estreita vantaxe dos visitantes de dous puntos.

A dinámica da segunda metade foi diferente pero igualmente igualada. Os visitantes aproveitaron a calidade de Dani Rey e a forza de Anxo Rey, ante un plantel con baixas importantes como as de Borraxeiros ou Cores. Pola contra, os locais retomaron o seu xogo de combinación e pase que lles permite construír as xogadas dende atrás, sen desbotar xogadas individuais que rompían o xogo dos cambadeses. A volta ós terreos de xogo do veterano porteiro Anxo López, permitiu que Robin Prol puidera xogar na parte adiantada do conxunto meco, atopándose novamente coa portería contraria.

O resultado final foi unha vitoria dos Mecos por un tanteo de 20 (2 goles e 14 tantos) a 16 (2 goles e 10 tantos). Unha vez rematado o partido continuouse co terceiro tempo no bar O Portiño, compartindo experiencias e tempo cos rivais, como é costume no fútbol gaélico.

Irmandinhas 3-14 (23) vs Auriense 3-11 (20) [Fem.]

Irmandinhos 3-21 (30) vs Auriense 3-07 (16) [Masc.]

Braithreachas vs Ártabros (N.P.) [Masc.]

Pleno de victorias estradenses que chegaron de maneira ben diferente.

Os Braithreachas acadaron a victoria sen disputar o partido, xa que os Ártabros non puideron viaxar debido á falta de efetivos. Dende o clube estradense amosan o seu apoio ao filial coruñés, conscientes da dificultade de manter dous equipos.

As rapazas abrían a primeira hora da tarde do sábado o dobre enfrontamento entre Irmandin@s e Auriense. As Inhas chegaban trala primeira victoria da tempada antes do Nadal, empatadas cas rapazas de Auriense, que chegaron moi mermadas ao encontro e con moitas baixas. As locáis comezaron moi ben, con 2 goles en apenas 3 minutos. Sen embargo as ourensáns foron quenes de facerse co dominio do encontro e punto a punto igualaron o partido. As Inhas, moi espesas, non eran quenes de perforar a defensa ourensán e frenar as súas contras. Contra o final da primeira parte, o partido mudou, e as da Estrada foron quen de combinar e anotar, collendo unha vantaxe de 4 puntos que lles daba certa tranquilidade ao descanso. Na segunda parte Auriense conseguiu dar a volta ao encontro, anulando o xogo das locáis. Nos intres fináis, as estradenses tiraron de garra e acabaron por levarse o encontro aprobeitando o cansanzo do equipo rival.

Os rapaces xogaron a continuación. Partido duro o que plantexou Auriense, que fixo que os Inhos tiveran que sacar o mono de traballo para levalo adiante. A primeira parte estivo dominada polos da Estrada, que a base de puntos foron collendo una pequena vantaxe, pero os ourensáns non lle perderon a vista ao encontro, índose ao descanso cun 12-6. Na segunda metade o partido non mudou, pero chegaron tamén os intercambios de goles, e a presión de Auriense, que non deixou sentir cómodo a Inhos en case todo o encontro, por contra do resultado final reflexado no eléctronico: 30 a 16.

Estrela Gaels 4-11 (23) vs Dorna 4-04 (16) [Masc.]

Gran partido na capital galega para pechar a xornada de gaélico neste domingo onde se vían as caras o Estrela Gaels, filial do Estrela Vermelha de Compostela e o combinado da Illa de Arousa, o Dorna FG.

A inchada local desfrutou da primeira vitoria en campo local neste 2019 nun encontro moi desputado até os últimos compases. Comezaron os Gaels golpeando primeiro a base do seu acerto no tiro a paus. Sen embargo un gol visitante sacou aos da Illa de Arousa do letargo e comezaron a gozar de máis oportunidades ante un nervioso equipo compostelán. Varios erros na zaga local propiciaron que se chegara ao descanso cos Gaels gañando pola mínima por 12 a 11.

Un par de boas accións invividuais visitantes ao comezo da segunda metade puxo o partido en alta tensión, mais o bo facer do filial estreleiro deu os seus froitos. O conxunto compostelán saiu máis ordeado e máis solidario nas axudas, índose pouco a pouco no marcador e impedindo que os visitantes anotaran durante case 15 minutos. Ao final, 23-16 no marcador.