Estrela Vermelha e Herdeiras de Dhais collerán folgos para o seu primeiro encontro do 2019, no que ambas se xogan as súas opcións á Liga. Irmandinhos seguen mandando na liga masculina.
A xornada 10 da liga galega viu marcada por ser véspera de Nadal e algúns combinados tiveron que afrontar os seus compromisos con baixas importantes. Este foi o caso de Fillos de Breogán, que sufriu dúas derrotas ante o Estrela Vermelha e non puido presentarse no duelo de filiáis que enfrontaba aos Ártabros contra os Estrela Gaels. Os Irmandinhos sacan dúas victorias da súa visita a Gondomar, mentres que Keltoi segue sumando puntos a costa do seu filial Braithreachas. A xornada completarías con dúas victorias visitantes de Herdeiros de Dhais fronte a Cambados e Mecos fronte a Pontevedra.
RESULTADOS FEMININO
- Estrela Vermelha 5-17 (32) vs Fillas de Breogán 0-15 (15)
- Turonia 1-12 (15) vs Irmandinhas 3-12 (21)
RESULTADOS MASCULINO
- Estrela Vermelha 4-15 (27) vs Fillos de Breogán 4-05 (17)
- Turonia 0-7 (7) vs Irmandinhos 7-15 (36)
- Braithreachas 2-04 (10) vs Keltoi 1-20 (23)
- Ártabros (N.P.) vs Estrela Gaels
- Pontevedra 1-05 (8) vs Mecos 5-10 (25)
- Cambados 1-09 (12) vs Herdeiros de Dhais 8-11 (35)
PRÓXIMA XORNADA (12-13 xaneiro)
Feminino
- Keltoi vs Turonia
- Irmandinhas vs Auriense
Masculino
- Keltoi vs Turonia
- Irmandinhos vs Auriense
- Mecos vs Cambados
- Braithreachas vs Ártabros
- Estrela Gaels vs Dorna
Clasificación
Feminina
- Estrela Vermelha 10 ptos (+71)
- Herdeiras de Dhais 10 ptos (+55)
- Fillas de Breogán 6 ptos (+15)
- Keltoi 2 ptos (-56)
- Irmandinhas 2 pts (-12)
- Auriense 2 ptos (-17)
- Turonia 0 ptos (-39)
Masculina
- Irmandinhos 18 pts (+169)
- Estrela Vermelha(*) 14 ptos (+176)
- Fillos de Breogán 12 ptos (+76)
- Auriense 11 ptos (+29)
- Mecos 10 ptos (-7)
- Herdeiros de Dhais 9 ptos (+5)
- Keltoi 8 ptos (+57)
- Pontevedra 7 ptos (-74)
- Braithreachas 4 ptos (-55)
- Estrela Gaels(*) 4 ptos (+8)
- Ártabros 3 ptos (-82)
- Dorna 3 ptos (-96)
- Turonia 2 ptos (-112)
- Cambados 2 ptos (-94)
(*) Teñen un partido pendente
Crónicas
Turonia 0-7 (7) vs Irmandinhos 7-15 (36) [Masc.]
Turonia 1-12 (15) vs Irmandinhas 3-12 (21) [Fem.]
As Inhas e Inhos desprazáronse ás Terras de Gondomar para medirse ao equipo debutante do Gaélico Galego, o Turonia GFG, saldándose con dúas victorias visitantes.
No encontro masculino, o dominio estradense foi completo durante todo o encontro, aínda que os locáis amosaron ter un potencial enorme ao teren feito un moi serio. O resultado final foi de 7 a 36.
As estradenses romperon o gafe desta tempada e foron quenes de acadar a súa primeira victoria, nun partido complexo onde se traballou moito en defensa. As turoniás nunca se rendiron e apretaron ata o pitido final, saldándose o encontro cun 12 a 21.
Ártabros (N.P.) vs Estrela Gaels [Masc.]
Na nota negativa da fin de semana previa ao Nadal, o encontro que tiña que ter enfrontado aos filiáis de Fillos de Breogán e Estrela Vermelha non puido celebrarse finalmente debido ás baixas que sufriu o equipo ártabro, co cal a victoria pasa automaticamente para os composteláns.
Cambados 1-09 (12) vs Herdeiros de Dhais 8-11 (35) [Masc.]
Esta fin de semana tivo lugar o encontro entre o Cambados FG e os Herdeiros de Dhais. Antes de iniciar o encontro, ambos equipos realizaron un minuto de silencio para homenaxear ós mariñeiros cambadeses falecidos esta semana.
Tras isto, o balón comezou a rodar. A primeira parte foi equilibrada, sen que ningún dos dos equipos destacara moi por enriba do outro. Con isto, o resultado ó descanso foi de 4-9 para os visitantes.
A segunda parte pola contra foi totalmente dos Herdeiros. Dominaron o balón, e puxeron ó Cambados contra as cordas. Despregaron un xogo con moitos cruces entre xogadores, e de cara a portería non desperdiciaron ningunha oportunidade de marcar mais goles. O conxunto local intentouno ata o final, pero estaba claro que onte non era o seu día. O marcador final foi de 12-35.
Braithreachas 2-04 (10) vs Keltoi 1-20 (23) [Masc.]
Na tarde-noite do sábado, despútabase no Manuel Regueiro o encontro que enfrentaba aos Braithreachas fronte ao Keltoi Vigo. Os da cidade olívica fixeron un partido moi completo dende o inicio: alta presión e moita efectividade a paus. Os estradenses foron quenes de aguantar as embestidas e manter o resultado cercano ao descanso (5-9 para Keltoi). Na segunda metade Keltoi seguiu na mesma dinámica, e os locáis acabaron por claudicar. Resultado final: Braithreachas 2-04 (10) / 1-20 (23) Keltoi.
Pontevedra 1-05 (8) vs Mecos 5-10 (25) [Masc.]
O Municipal da Xunqueira foi testigo do enfrontamento que encadraba de novo a dous dos clásicos do Gaélico Galego que voltaron á competición este ano tras unha tempada sabática.
O conxunto do Grove demostrou estar en mellor forma, dominando dende o comezo o encontro. O maior acerto goleador dos visitantes abriu unha brecha no resultado que foi imposible de remontar para os pontevedreses, que finalmente acabaron claudicando por un 8 a 25.
Estrela Vermelha 4-15 (27) vs Fillos de Breogán 4-05 (17) [Masc.]
Estrela Vermelha 5-17 (32) vs Fillas de Breogán 0-15 (15) [Fem.]
A véspera de Nadal deparaba dous grandes encontros no Municipal das Cancelas. O Estrela Vermelha recibía aos Fillos e Fillas de Breogán, ambos contendientes directos nas aspiracións ligueiras dos locáis.
Arrancaba o encontro masculino ás 18h. A primeira parte transcorreu coa intensidade que acostuman ter estes encontros, e cun lixeiro dominio compostelán. A dinámica cambiou tras a expulsión do breoganista Martín, que deixaba aos visitantes con só 8 xogadores no campo, o que deu paso a uns minutos de tensión que acabaron provocando as expulsións do adestrador visitante e o estreleiro Antón (por cartón negro). Na segunda parte, o conxunto coruñés foi quen de engancharse de novo ao partido coa consecución de ata 3 goles consecutivos e unha gran actuación de Julián, aínda que os composteláns fixeron valer a súa superioridade numérica e acabáronse impondo por un total de 27-17.
O encontro feminino contrastou co vivido facía uns minutos no céspede das Cancelas. O encontro tivo como claro dominador ao Estrela fronte a unhas Fillas que acusaron as baixas de varias das súas xogadoras máis determinantes. Durante a primeira parte as compostelás dominaron o encontro cunha vantaxe de 3-4 puntos, máis o acerto golegador na segunda
permitíalles sentenciar o partido. O resultado final reflexaba un total de 32 a 15. Con ista victoria, o Estrela supera (polo “average” global) a Herdeiras de Dhais, o seu próximo rival.