Herdeiras de Dhais e Irmandinhos continúan á cabeza das competición contando os partidos por vitorias.
A xornada 9 da Liga Galega de Fútbol Gaélico tivo a igualdade e a emoción ata o final como factor protagonista en gran parte dos partidos disputados a pasada fin de semana. Así sucedeu no campo universitario de Ourense, onde Auriense e Herdeiros empataron un duelo que lles permite aos ourensáns conservar a cuarta praza. En feminino, Herdeiras levou a vitoria por só un punto e continúa liderando a clasificación sen coñecer a derrota. Keltoi e Fillos tamén disputaron dous partidos apaixonantes e de infarto, con vitorias moi axustadas para os coruñeses, que venceron por 3 puntos no partido feminino e por 2 no dos rapaces. Ambos equipos son terceiros nas súas competicións. Pola mesma diferencia de tantos superaron os Braithreachas a domicilio a Dorna. Xa con máis folgura lle gañou o líder, Irmandinhos, a Pontevedra, o que tamén fixo Mecos con Turonia.
RESULTADOS FEMININO
- Auriense 4-15 (27) vs Herdeiras 5-13 (28)
- Keltoi 2-18 (24) vs Fillas 4-15 (27)
RESULTADOS MASCULINO
- Auriense 4-05 (17) vs 0-17 (17) Herdeiros
- Keltoi 2-12 (18) vs 0-20 (20) Fillos
- Irmandinhos 7-13 (34) vs 2-05 (11) Pontevedra
- Mecos 3-08 (17) vs 1-06 (9) Turonia
- Dorna 2-06 (12) vs 1-11 (14) Braithreachas
PRÓXIMA XORNADA (15-16 decembro)
Feminino
- Estrela Vermelha vs Fillas
- Turonia vs Irmandinhas
Masculino
- Estrela Vermelha vs Fillos
- Ártabros vs Estrela Gaels
- Turonia vs Irmandinhos
- Pontevedra vs Mecos
- Braithreachas vs Keltoi
- Cambados vs Herdeiros
Clasificación
Feminina
- Herdeiras de Dhais 10 ptos (+55)
- Estrela Vermelha 8 ptos (+54)
- Fillas de Breogán 6 ptos (+15)
- Auriense 2 ptos (-17)
- Keltoi 2 ptos (-56)
- Irmandinhas 0 pts (-18)
- Turonia 0 ptos (-33)
Masculina
- Irmandinhos 16 pts (+140)
- Estrela Vermelha(*) 12 ptos (+166)
- Fillos de Breogán 12 ptos (+86)
- Auriense 11 ptos (+29)
- Mecos 8 ptos (-24)
- Herdeiros de Dhais 7 ptos (-18)
- Pontevedra 7 ptos (-57)
- Keltoi 6 ptos (+44)
- Braithreachas 4 ptos (-42)
- Ártabros 4 ptos (-52)
- Dorna 3 ptos (-96)
- Estrela Gaels(*) 2 ptos (-22)
- Cambados 2 ptos (-71)
- Turonia 2 ptos (-83)
(*) Teñen un partido pendente
Crónicas
Auriense 4-05 (17) vs 0-17 (17) Herdeiros [Masc.]
Auriense 4-15 (27) vs Herdeiras 5-13 (28) [Fem.]
Na tarde do domingo, baixo unha chuvia intensa, disputouse no Campus Universitario unha nova xornada da Liga galega de Fútbol gaélico, desta volta o Auriense Campus da Auga (único representante ourensán da competición) recibía no masculino e feminino ao Herdeiras de Dhais, de
Lalín.
No primeiro encontro, os equipos masculinos xogaron un partido moi igualado, tendo en conta ademais que ambos se disputaban o 4º posto da clasificación, que da opcións á loita polo título na segunda volta. Sen apenas diferenzas no marcador, ainda que co equipo local levando a iniciativa en case todas as fases do partido, chegouse á última xogada que, cun tiro a paus de Herdeiros, fixo que o partido se empatara, co conseguinte reparto de puntos: 3-8 (17) vs 0-17 (17).
En canto ao feminino, ainda máis emocionante e espectacular choque de ambos equipos. Cuns último 5 minutos no que déronse ata catro alternativas no marcador e onde, finalmente e cun gol pola escadra na derradeira xogada, a victoria caeu por só un tanto para Herdeiras: 4-15 (27) vs 5-13 (28).
Pese a derrota, as ourensás reivindican o seu bo xogo e, festexan o debut de ata 2 xogadoras novas, que impulsa o proxecto do Auriense, tendo ao redor de 40 persoas practicando o deporte na cidade.


Keltoi 2-12 (18) vs 0-20 (20) Fillos [Masc.]
Keltoi 2-18 (24) vs Fillas 4-15 (27) [Fem.]
Na mañá do sábado as Fillas e os Fillos visitaron Vigo nun partido que se prevía animado.
Comezaron os equipos masculinos e o resultado tan axustado indica claramente o desputado do encontro, con momentos moi igualados de loita polo balón e intervencións decisivas dos dous porteiros. Keltoi mantivo a concentración durante os 60 minutos e non renunciou en ningún momento, pero os Fillos tampouco ían de paseo e demostraron o por que da súa boa posición na táboa clasificatoria. Finalmente, un gol nos derradeiros intres do partido deixou o equipo local dous tantos por debaixo, pero as sensacións foron moi positivas e animan a Keltoi a seguir adestrando como ata o de agora para seguir sumando vitorias.
En canto ás rapazas, foi un partido tamén moi igualado, chegando a estar por diante no marcador durante varios minutos. Tras algún tempo igualadas a 24 tantos, os goles das Fillas nos últimos intres do partido decantaron o encontro do lado das visitantes. Destacar a puntería a paus que acompañou ás viguesas. As keltiñas destacaron por manter o ritmo durante todo o partido e non baixar os brazos, o que tamén as anima a seguir na loita porque esta temporada parece que ningunha predición a priori pode terse en conta e están sendo todos os encontros moi igualados.
Tras os partidos, ambos clubs gozaron dun terceiro tempo no que se respirou moi bo ambiente entre as cidades do sur (anfitrioa) e a do norte (visitante).



Irmandinhos 7-13 (34) vs 2-05 (11) Pontevedra [Masc.]
O sábado as 18.30 víanse as caras, no Manuel Regueiro, Irmadinhos e Pontevedra Fútbol Gaélico.
Diluvio previo e durante o choque, o que fixo arrancar o partido frío e con moitas imprecisións. Os Inhos comezaron dominando pero os do Lérez acurtaron distancias mediada a primeira metade. Isto fixo espertar aos estradenses, que puxeron unha marcha máis para rematar dominando por 18-4 ao descanso.
Na segunda metade, seguiu a tónica dos últimos minutos da primeira parte: dominio locatario, pero que era respostado polo Pontevedra. Aínda así a distancia seguiu aumentando paseniñamente ata un marcador final de: Irmandinhos 7-13(34) vs 2-05(11) Pontevedra.

Dorna 2-06 (12) vs Braithreachas 1-11 (14) [Masc.]
Ás 20.30 no Campo da Bouza (Illa de Arousa) arrancaba o Dorna FG – Braithreachas. Duro partido a priori, como se veu reflexado no terreo de xogo.
A primeira metade deparounos un partido igualado, pero con un punto máis por parte do Dorna. Os da Illa foron quenes de anotar dous goles, e o intercambio de tantos, fixo que chegasen ao descanso con vantaxe no marcador. Os nosos rapaces non tiveron fortuna neses primeiros 30 minutos, chegando a errar una pena máxima. Descanso 8-4 para Dorna.
A segunda metade deparou un partido de moita fricción, intenso e con moi pouca puntuación. Moito contacto, o que fixo que o partido tivese pouco ritmo, e con moito parón. Nese formato de encontro, os Braithreachas souberon ler mellor o partido, e a base de remar, e puntiño a puntiño; levaron a victoria para A Estrada.

Mecos 3-08 (17) vs 1-06 (9) Turonia [Masc.]
Vitoria dos Mecos no Monte da Vila, que foron quen de impoñer o seu xogo fronte a un Turonia que pese a estar no ano de debut vai deixando boas sensacións e por momentos plantou cara ao seu rival. Meos suma dous novos puntos sitúase 5º na clasificación.