Crónica xornada 06: Herdeiras de Dhais e Estrela Vermelha seguen sen fallar e mostran o seu dominio na liga feminina

Máis unha xornada de competición a xogada esta pasada fin de semana e xa van 6 de Liga Galega de Fútbol Gaélico, correspondéndose coa terceira da fase feminina. Nesta categoría, Herdeiras de Dhais e Estrela Vermelha consolidan o seu dominio e marchan primeiras e segundas da clasificación igualandas a puntos e contando os partidos por vitorias. As de Lalín venceron este domingo ás Fillas de Breogán nun partido moi disputado, mentres que as compostelás non pasaron apuros para superar a Keltoi Vigo. Pola súa banda, Auriense venceu a Turonia de maneira axustada e estrea o seu contador de puntos.

Na liga masculina os de arriba tampouco fallaron. Estrela superou amplamente a Keltoi e ponse segundo a só dous puntos de Irmandinhos, que descansou esta xornada. Fillos de Breogán (terceiro clasificado) gañoulle como local a Herdeiros de Dhais e Auriense fixo o mesmo contra Turonia e colócase cuarto. Pola súa parte, Ártabros e Dorna colleitaron un empate e Pontevedra venceu de maneira axustada a domicilio a Cambados, que aínda non coñece a vitoria. Quen sumou os seus primeiros puntos foi Braithreachas, que se impuxo en Santiago aos Gaels.

RESULTADOS FEMININO

  • Fillas de Breogán 3-07 (16) vs Herdeiras de Dhais 0-24 (24)
  • Keltoi 2-09 (15) vs Esrtrela Vermelha 9-21 (48)
  • Auriense 6-11 (29) vs Turonia 5-9 (24)

RESULTADOS MASCULINO

  • Fillos de Breogán 5-17 (32) vs Herdeiros de Dhais 1-07 (10)
  • Ártabros 4-08 (20) vs Dorna 3-11 (20)
  • Cambados 2-13 (19) vs Pontevedra 5-07 (22)
  • Keltoi 0-06 (6) vs Estrela Vermelha 8-14 (38)
  • Estela Gaels 5-04 (19) vs Braithreachas 7-08 (29)
  • Auriense 8-19 (43) vs Turonia 0-09 (9)

PRÓXIMA XORNADA (24-25 outubro)

Feminino

  • Irmandinhas vs Keltoi
  • Fillas de Breogán vs Auriense

Masculino

  • Irmandinhos vs Keltoi
  • Fillos de Breogán vs Auriense
  • Mecos vs Ártabros
  • Estrela Gaels vs Cambados
  • Estrela Vermelha vs Pontevedra

 

Clasificación

Feminina

  1. Herdeiras de Dhais 6 ptos (+51)
  2. Estrela Vermelha 6 ptos (+47)
  3. Fillas de Breogán 2 ptos (+1)
  4. Auriense 2 ptos (-5)
  5. Irmandinhas 0 pts (-13)
  6. Turonia 0 ptos (-26)
  7. Keltoi 0 ptos (-55)

Masculina

  1. Irmandinhos 10 pts (+87)
  2. Estrela Vermelha 8 ptos (+108)
  3. Fillos de Breogán 8 ptos (+57)
  4. Auriense 8 ptos (+53)
  5. Herdeiros de Dhais 6 ptos (-3)
  6. Keltoi 6 ptos (+93)
  7. Pontevedra 5 ptos (+6)
  8. Mecos 4 ptos (-24)
  9. Ártabros 3 ptos (-46)
  10. Estrela Gaels 2 ptos (-8)
  11. Braithreachas 2 ptos (-41)
  12. Turonia 2 ptos (-50)
  13. Dorna 1 pto (-108)
  14. Cambados 0 ptos (-80)

Crónicas

Fillos de Breogán 5-17 (32) vs Herdeiros de Dhais 1-07 (10) [Masc.]

Fillas de Breogán 3-07 (16) vs Herdeiras de Dhais 0-24 (24) [Fem.]

Sexta xornada de liga con sabor doce para Fillos de Breogán que derrotou implacable a un Herdeiros de Dhais con varias baixas por lesións. A pesar disto, Fillos despregou un bo xogo atopando moi pouca resistencia no primeiro tempo que foi desaparecendo co paso dos minutos favorecendo así o xogo do equipo local e outorgandolle a victoria por 5-17 a 1-07 (32 – 10).

As Herdeiras de Dhais gañan na súa visita á Coruña grazas á súa efectividade.

As Herdeiras de Dhais fixéronse coa vitoria na súa visita ás Fillas de Breogán nun partido que se decidiu grazas á rotunda efectividade no lanzamento a paus das lalinenes: 3-7/0-24. Cunha Kamy ben armada na portaría das Fillas, Herdeiras de Dhais non deixou de buscar o recurso dos paus desde o comezo do partido, que lles serviu para contrarrestar os goles das coruñesas. A primeira parte foi moi igualada: as Fillas de Breogán, ben plantadas no terreo de xogo, conseguiron trazar unha liña defensiva férrea, con rápidas transicións cara a portaría lalinense. Con todo, o empurre destas levounas a capitanear o marcador con tres puntos ao remate da primeira parte. Na reanudación, as Fillas conseguiron igualar o partido, pero lonxe de se deixaren levar, as herdeiras continuaron como ao comezo, buscando os tres paus, o que lles deu o partido.

 

Ártabros 4-08 (20) vs Dorna 3-11 (20) [Masc.]

Ártabros e Dorna igualaron a 20 puntos nun partido que se puideron levar os corvos das Mariñas na última xogada. O encontro comezou espeso, co consabido tanteo entre dous equipos que se coñecen e que se teñen ganas desde hai 3 anos. Isto fixo que ningún dos equipos se atopase cómodo e que a primeira media hora se pechase sen un claro dominador. Na reanudación, os da Illa conseguiron nadar ao abriren distancias no marcador até os 9 puntos, mais non foron quen de gardar a roupa. Cando o partido pedía calma, a súa precipitación e mala elección nas opcións levounos a estragar a renda fronte uns Ártabros cuxa máxima este ano é a paciencia, como xa demostraron en Pontevedra: pouco a pouco, e sen alardes, o xogo Ártabro foise impoñendo e mesmo tiveron a oportunidade de levaren o partido cando este xa morría.

 

Cambados 2-13 (19) vs Pontevedra 5-07 (22) [Masc.]

Espectacular partido o vivido este sábado no Pombal entre o Cambados FG e o Pontevedra FG. A boa temperatura, permitiu que un bo número de espectadores se acercaran polo campo municipal cambadés.

Un Cambados mermado de xente, conseguiu aguantar as embestidas visitantes. Unha primeira parte marcada pola intensidade, fixo que ambos equipos chegaran ó descanso cun marcador de 7-9. Na segunda parte, os cambadeses aguantaron ben os contragolpes do equipo rival, a pesar de que as pernas pesaban e o cansacio se acumulaba nas pernas dos xogadores, finalmente, o marcador decansouse polo equipo pontevedrés, cun resultado de 19-22.

Un bo terceiro tempo, culminou o bo partido disputado esta fin de semana na vila cambadesa, remarcando o bo espírito deportivo deste xogo.

 

Keltoi 2-09 (15) vs Esrtrela Vermelha 9-21 (48) [Fem.]

Keltoi 0-06 (6) vs Estrela Vermelha 8-14 (38) [Masc.]

Os partidos xogados na tarde do domingo no campo da Etea remataron con dúas vitorias para o equipo visitante, que regresou a Santiago cos puntos despois de ter dado unha moi boa imaxe.

Comezouse co partido do equipo feminino. Keltoi tardou varios minutos en atopar o seu sitio, e diversos fallos das xogadoras locais unidos á rapidez e axilidade das rapazas de Estrela fixeron que xa ó descanso a diferenza de puntos fose considerable. Aínda así, o equipo vigués intentou recompoñerse na segunda parte, probando un novo esquema no que se moveu máis o balón e fixo que os nervos das keltiñas se calmaran un pouco, pero xa sen opcións para remontar.

Ás seis daba comezo o partido masculino, marcado pola verticalidade do Estrela e a súa capacidade para chegar á area de Keltoi en moi poucos pases. O acerto nos goles tamén foi determinante. Keltoi non puido romper unha defensa sólida e tamén tivo que  enfrontarse a un día con pouca puntería e boas intervencións da primeira liña de Estrela.

 

Estela Gaels 5-04 (19) vs Braithreachas 7-08 (29) [Masc.]

O campo municipal das Cancelas acolleu no serán do domingo o encontro entre os filiais de Estrela Vermella e Irmandinhos, que recaeu do lado dos Braithreachas, que foron capaces de superar por 10 tantos (19-29) a uns Gaels competitivos e loitadores ata o final. O encontro foi disputado en todo momento e decidiuse a favor dos visitantes grazas á súa maior pegada a paus.

 

Auriense 6-11 (29) vs Turonia 5-9 (24) [Fem.]

Auriense 8-19 (43) vs Turonia 0-09 (9) [Fem.]

Regresaba o futbol gaélico o sintético da universidade, desta volta o bo tempo acompañou o debut das locais. Os partidos comezaron ca puntualidade habitual, tendo lugar primeiro o encontro feminino que discorreu con igualdade e intercambio de golpes, pois en todo o momento Auriense estivo por diante no marcador pero as rapazas de Gondomar nunca lle perderon a cara o partido, tendo sempre a opción da remontada, finalmente o resultado foi de 26-23.

Posteriormente era a quenda dos rapaces, nun partido no que Auriense comezou dominando o partido, dando unha imaxe moi seria na volta ó torneo competitivo despois do parón de dúas semanas. A intensidade do partido foi decrecendo a medida que avanzaba até chegar ó final cun resultado para os locais de 40-9.