Cursos oficiais de adestrador de fútbol gaélico

A Asociación Galega de Fútbol Gaélico organiza esta fin de semana na Estrada un novo curso de adestradores/as co obxectivo de seguir formando novo persoal técnico e así continuar incrementando o nivel dos equipos galegos e potenciando o noso deporte.

Máis de 30 persoas daranse cita no pavillón de Figueroa para formarse nas modalidades marcadas pola GAA Coach Education Structure, “Foundation” (iniciación) e “Award one” (primeiro nivel de avanzado), que lles permitirán adestrar a equipos masculinos, femininos e infantís. O primeiro dos cursos será impartido polos adestradores da Selección Galega de Fútbol Gaélico, Jano e Pablo, e a xornada contará co apoio dos adestradores de Dublin GAA Coaching and Games Development, Colm Clear e Gerard O’Connor.

O curso terá lugar o sábado en horario de mañá e tarde, continuando xa só o Award One o e domingo en horario de mañá. Levarase a cabo na Estrada, a parte teórica no MOME (Museo da madeira e do moble de A Estrada) e a parte práctica no pavillón do Colexio de Figueroa.

Moitas grazas ao Concello A Estrada, A Estrada Deporte e A Estrada Cultura pola súa colaboración e cesión das instalacións.