Master class de gaélico feminino en Barcelona

Hoxe foi un día moi importante para o Gaélico Galego feminino no plano formativo e de aprendizaxe. Trece representantes dos nosos cubs participaron na sesión de adestramentos, organizada en Barcelona por Barcelona Gaels, dirixida pola 3 veces campioa do All-Ireland con Monaghan Ladies Gaelic: Niamh Kindlon.

Sen dúbida, unha gran oportunidade para desenvolver novas habilidades e recoller propostas de quen máis sabe para regresar con novos coñecementos e seguir crecendo no nivel de xogo.

A Asociación Galega de Fútbol Gaélico está moi agradecida coa organización e con todas as que se desprazaron dende Galicia: Jano, Pablo e Santi (seleccionadores), Coché (Herdeiras De Dhais), Uxía e Leti (Estrela Vermelha), Monchi e Iña (Turonia), Andrea e Carme (Keltoi Vigo), Oli (Auriense) e Tamara e Kamy (Fillas de Breogán).