Crónica xornada 03: Auriense segue sen coñecer a derrota e accede ao liderato

Disputada a terceira xornada da Liga Galega masculina de fútbol gaélico, Auriense conta os partidos por vitorias e sube ao máis alto da clasificación, aínda que cun encontro máis que os seus perseguidores, tras impoñerse na casa claramente a Cambados FG por 7-12 (33) vs 3-01 (10). Keltoi sumou outros dous puntos ao vencer a Dorna por 2-13 (19) vs 5-16 (31), mentres que o duelo entre Pontevedra e Ártabros rematou en empate 3-10 (19) vs 3-10 (19). Herdeiros de Dhais estreouse na casa cunha vitoria ante Mecos por un axustado 4-13 (25) vs 4-05 (17). A vindeira fin de semana disputarase a 4ª xornada da liga masculina e comezará tamén a fase regular feminina, con 7 equipos en liza.

RESULTADOS

  • Herdeiros 4-13 (25) vs Mecos 4-05 (17)
  • Auriense 7-12 (33) vs Cambados 3-01 (10)
  • Dorna 2-13 (19) vs Keltoi 5-16 (31)
  • Pontevedra 3-10 (19) vs Ártabros 3-10 (19)

PRÓXIMA XORNADA (27-28 outubro)

Masculino

  • Irmandinhos vs Fillos de Breogán
  • Estrela vs Auriense
  • Keltoi vs Ártabros
  • Pontevedra vs Dorna
  • Mecos vs Estrela Gaels
  • Turonia vs Herdeiros

Feminino

  • Irmandinhas vs Fillas de Breogán
  • Estrela vs Auriense
  • Turonia vs Herdeiras

 

Clasificación

 

  1. Auriense 6 ptos (+39)
  2. Irmandinhos 4 pts (+64)
  3. Estrela Vermelha 4 ptos (+57)
  4. Keltoi 4 ptos (+56)
  5. Fillos de Breogán 4 ptos (+28)
  6. Ártabros 3 ptos (+4)
  7. Estrela Gaels 2 ptos (+3)
  8. Herdeiros de Dhais 2 ptos (-2)
  9. Pontevedra 1 ptos (-13)
  10. Turonia 0 ptos (-3)
  11. Mecos 0 ptos (-27)
  12. Braithreachas 0 ptos (-34)
  13. Cambados 0 ptos (-73)
  14. Dorna 0 ptos (-90)

Crónicas

 

Herdeiros 4-13 (25) vs Mecos 4-05 (17)

Primeira vitoria en liga para os Herdeiros de Dhais a costa dun Mecos combativo que non lle perdeu a cara ao partido en ningún momento. Os de Lalín saíron ao céspede do Cortizo máis enchufados e Fernan, especialmente acertado, aproveitou algúns erros defensivos para anotar 3 goles nos primeiros minutos que abriron fenda no marcador. Reaccionou Mecos, que foi recurtando distancias con un par de goles e o encontro, aínda que por momentos falto de ritmo, igualouse na segunda metade, onde a vitoria recaeu para o conxunto local grazas a unha maior pegada a paos, reflectindo un marcador final de 4-13 (25) vs 4-5 (17).

 

Auriense 7-12 (33) vs Cambados 3-01 (10)

No sintético da Universidade tivo lugar o enfrontamento entre o Auriense masculino e o Cambados F.G. O partido comezou trabado con alternancias na ofensiva mais o maior acerto por porta do Auriense fixo que o marcador no descanso reflexase unha vantaxe de 10 puntos para a equipa local. Tralo descanso, o grupo ourensán mellorou a puntería, sendo o resultado final de 07-12 (33) Auriense – 03-01 (10) Cambados.

 

Dorna 2-13 (19) vs Keltoi 5-16 (31)

Bonito enfrontamento na tarde do sábado na Illa de Arousa entre Dorna e Keltoi. O equipo local afrontaba o partido con ánimo de sumar os primeiros puntos na clasificación e Keltoi tentaba proseguir co seu bo inicio de campionato. Saíu moi forte o equipo vigués presionando moi arriba e roubando balóns en campo contrario. Ao descanso o resultado era desfavorbale para o equipo local 9-21. Na segunda metade o xogo nivelouse pero non foi suficiente para darlle a volta ao marcador que rematou cun 19-31.

 

Pontevedra 3-10 (19) vs Ártabros 3-10 (19)

Tras máis de un ano de ausencia, o fútbol gaélico voltaba á capital do Lerez, e vaia forma de facelo. O vivido no campo da Xunqueira na tarde do domingo foi un partido intenso de ida ida e volta. Ambos equipos amosaron estar moi igualados en canto o acerto a paus, pero tres goles dos locais permitiron chegar ao descanso cunha (a priori) cómoda vantaxe de 13 a 4. Sen embargo, na reanudación as tendencias cambiaron e ártabros foi quen de contrarrestar a diferenza con outros tres goles, deixando o luminoso nun 19-19 final.