Esta fin de semana deu inicio a tempada 2018/19 do fútbol gaélico galego coa disputa da primeira xornada do campionato ligueiro masculino no que este ano compiten 14 equipos (máximo histórico), o que dá mostra do crecemento deste deporte en Galicia. Keltoi Vigo sitúase á cabeza da competición tras impoñerse claramente a Cambados no partido que abriu o campionato. Estrela Vermelha é segundo tras vencer comodamente ao Dorna, seguido por Fillos de Breogán que superou ao Pontevedra FG. Os actuais campións, Irmandinhos, son cuartos tras gañarlle a domicilio a un correoso Mecos, mentres que Auriense (5º), tamén se estreou con vitoria nun axustado partido ante Ártabros.
RESULTADOS
- Keltoi 8-20 (44) vs Cambados 1-06 (9)
- Fillos 3-11 (20) vs Pontevedra FG 1-04 (7)
- Mecos 6-06 (24) vs Irmandinhos 5-18 (33)
- Dorna 2-07 (13) vs Estrela V 5-21 (36)
- Ártabros 2-15 (21) Auriense 8-03 (27)
PRÓXIMA XORNADA (6-7 outubro)
- Ártabros vs Herdeiros (A Coruña)
- Estrela V vs Braithreachas (Compostela)
- Irmandinhos vs Dorna (A Estrada)
- Auriensa vs Mecos (Ourense)
- Cambados vs Fillos B (Cambados)
- Turonia vs Estrela Gaels (Gondomar)
Clasificación
Clasificación |
Puntos |
X.G |
X.E |
X.P |
Dif. |
Keltoi |
2 |
1 |
0 |
0 |
35 |
Estrela V |
2 |
1 |
0 |
0 |
23 |
Fillos |
2 |
1 |
0 |
0 |
13 |
Irmandinhos |
2 |
1 |
0 |
0 |
9 |
Auriense |
2 |
1 |
0 |
0 |
6 |
Braithreachas |
0 |
0 |
0 |
0 |
0 |
Estrela G |
0 |
0 |
0 |
0 |
0 |
Herdeiros |
0 |
0 |
0 |
0 |
0 |
Turonia |
0 |
0 |
0 |
0 |
0 |
Ártabros |
0 |
0 |
0 |
1 |
-6 |
Mecos |
0 |
0 |
0 |
1 |
-9 |
Pontevedra |
0 |
0 |
0 |
1 |
-13 |
Dorna |
0 |
0 |
0 |
1 |
-23 |
Cambados |
0 |
0 |
0 |
1 |
-35 |
Crónicas
Keltoi 8-20 (44) vs Cambados 1-06 (9)
A Liga 2018/19 arrancou en Vigo ás 12:00. Durante a xornada acompañou o sol nunha mañá na que se enfrontaban Keltoi Vigo GAC e Cambados Gaélico, dous vellos coñecidos que adoitaban amosar un nivel competitivo semellante. O partido inaugural de liga para os dous conxuntos inclinouse cara os vigueses xa dende o principio, que contaban con maior fondo de xogadores no banquillo, pero Cambados tamén tivo algunhas boas oportunidades e achegouse á portería de Keltoi en diversas ocasións, sobre todo durante a primeira metade. O cansanzo deixouse notar na segunda parte para os cambadenses e así o resultado final foi de 8-20 (44) a 1-06 (9) a favor do equipo de Vigo.
Pola súa parte, o equipo feminino, que debutará en Liga o derradeiro fin de semana de outubro, participou na I Romaría Feminista do Concello de Barbadás, traendo tamén un recordo para Vigo ao rematar segundas na clasificación.
Fillos 3-11 (20) vs Pontevedra FG 1-04 (7)
Cun equipo mermado polas baixas, os Fillos de Breogán estréanse nesta tempada 2018/19 cunha victoria ante o Pontevedra FG, que volta con forza á competición tras un ano sábatico. Cun forte vento como protagonista, o partido tivo lugar nos campos da Torre de Hércules ás 14:30.
Mecos 6-06 (24) vs Irmandinhos 5-18 (33)
Ás 19:30h deste pasado sábado 29 de setembro os Irmandinhos comezaron a defender o título logrado na tempada 2017/2018 como actuais campións de liga. Os do Grove tardaron uns minutos en entrar no partido pero enseguida foron quen de facerlle fronte ós estradenses recortando a diferencia de tantos con varios goles que fixeron que o marcador amosase unha vantaxe de Irmandinhos de tan só tres puntos ó descanso. A dinámica da segunda metade foi moi similar. O conxunto visitante aproveitou a súa potencia e acerto a tiros a paus e a potencia física dos seus xogadores máis novos para imprimir un novo arreón e colocarse cunha maior ventaxa nos minutos iniciais da segunda metade. Os do Grove volveron a ser quen de repoñerse e anotar, fundamentalmente, pola parte baixa da portería irmandinha ata colocarse a cinco tantos por detrás a falta de pouco máis de cinco minutos. Foi nese intre no que os da Estrada aproveitaron os espazos creados no ímpetu pola búsqueda da remontada meca e conseguiron aumentar a diferencia de tantos a nove.
O resultado final foi unha vitoria dos Irmandinhos por un tanteo de 24 (6 goles e 6 tantos) a 33 (5 goles e 18 tantos). A volta á competición ligueira tras un ano de parón por parte dos Mecos saldouse cunha derrota por nove tantos que non reflexa fielmente a igualdade e intensidade amosada polos dous equipos ó longo do tempo de xogo.
Unha vez rematado o partido continuouse co terceiro tempo no bar O Portiño, compartindo experiencias e tempo cos rivais, como é costume no fútbol gaélico.
Dorna 2-07 (13) vs Estrela V 5-21 (36)
O partido entre Dorna e Estrela Vermella comezou as 20:30, desputado na Illa de Arousa.
O conxunto local comezou plantándolle cara a un Estrela Vermella con varias baixas, xustos de xogadores. Intentou sacar vantaxe de esto, pero a veteranía do equipo visitante fixose notar, e o acerto a paus e algún erro defensivo por parte de Dorna puxo unha distancia no marcador de 6-17 o descanso.
Na segunda parte parecía que a distancia se iba a recortar con un gol do equipo local, pero o estrela respondeu rápido e con un penal a favor do conxunto vermello deixou un marcador de 13-37 o final do partido.
Ártabros 2-15 (21) Auriense 8-03 (27)
O enfrontamento entre os rapaces ourensans e os Ártabros de Oleiros estivo marcado polo vento, ben aproveitado polo combinado da Coruña para anotar por paus e contrarrestado de forma efectiva polo Auriense que se levou a vitoria grazas a súa efectividade de cara a porta rival. A victoria foi para o equipo da Cidade das Burgas, cun resultado final Ártabros 20 (02-14) – Auriense 27 (08-03).