Este fin de semana tiveron lugar os cuartos de final da Copa Galega 2018, que xa vai pola súa quinta edición. Podedes consultar toda a información na páxina da Copa Galega 2018.
Como novidade, este ano a copa pasa a ter un formato eliminatoria, na que a fase final (semifinal+final) xógase a modo de “final a catro” nunha única sede. Existe unha fase final Senior (para os gañadores de cuartos) e unha fase final Shield (para os perdedores de cuartos).
Os resultados desta pasada fin de semana foron:
- Feminino
- Estrela Vermelha 13-23 (62) / 3-11 (20) Irmandinhas
- Fillas de Breogán 0-30 (30) / 0-00 (0) Keltoi
- Herdeiras de Dhais 0-30 (30) / 0-00 (0) Pontevedra
- Ártabras 4-03 (15) / 9-08 (35) Auriense
- Masculino
- Cambados 2-7 (13) / 11-17 (50) Fillos de Breogán
- Keltoi 2-11 (17) / 10-19 (49) Irmandinhos
- Braithreachas 1-15 (18) / 3-08 (17) Ártabros
- Estrela Vermelha 4-15 (27) / 1-8 (11) Herdeiros de Dhais
As Fases Finais quedan conformadas da seguinte forma:
Fase Final Shield
- Data: 5 maio 2018
- Lugar: Campo das Cancelas (Compostela)
- Horario: 16:00 ~ 21:30
- Cadro feminino
- Irmandinhas VS Keltoi
- Pontevedra VS Ártabras
- Cadro masculino
- Cambados VS Keltoi
- Ártabros VS Herdeiros de Dhais
Fase Final Senior
- Data: 12 maio 2018
- Lugar: Campo Manuel Anxo Cortizo (Lalín)
- Horario: 16:00 ~ 21:30
- Cadro feminino
- Estrela Vermelha VS Fillas de Breogán
- Herdeiras de Dhais VS Auriense
- Cadro masculino
- Fillos de Breogán VS Irmandinhos
- Braithreachas VS Estrela Vermelha