O pasado 25 de outubro celebrouse ás 21:15, nas instalacións da Federación Galega de Fútbol en Compostela, no estadio de San Lázaro, a Asamblea Xeral de clubes con motivo das eleccións á directiva da Asociación Galega de Fútbol Gaélico. Tras catro anos, o anterior corpo directivo dirixido por Iván Villalón Costa cesa as súas funciós para dar paso a un novo grupo de persoas que se encargarán de dirixir o futuro do fútbol gaélico galego nos vindeiros anos.
Tras a emisión dos votos de todos os clubes presentes, o novo corpo directivo queda conformado da seguinte forma:
- Presidente: Ángel Negrete Tuñas (Estrela Vermelha, Compostela)
- Vice-presidente: Diego Fernández Meijide (Keltoi Vigo)
- Secretaria: María Victoria Benavides Rodríguez (Auriense, Ourense)
- Tesoureiro: Martín Fernández García (Fillos de Breogán, A Coruña)
- Vogal: David Fernández Lago (Keltoi Vigo)
- Vogal: Antonio Reino Vela (Pontevedra)
- Vogal: Andrea Piñeiro Punete (Irmandinhos, A Estrada)
O Comité Galego de Fútbol Gaélico reestruturarase para adaptarse a esta nova distribución.