O pasado venres completouse a integración da Asociación Galega de Fútbol Gaélico dentro do seo da Federación Galega de Fútbol. Ás 22:30, nas oficinas de San Lázaro en Compostela, os representantes institucionais de ambos entes, Rafael Louzán Abal pola FGF e Iván Villalón Costa pola AGFG, procederon á sinatura do acordo sobre o que se baseará o futuro do fútbol gaélico galego.
Este acordo chega tras un proceso de negociación ao longo desta tempada, onde o entendemento e predisposición de ambas entidades sempre foi positiva. Espérase que este acordo permita un crecemento sólido e sostido do fútbol gaélico galego.
A Asociación Galega de Fútbol Gaélico conta con 13 clubes inscritos e máis de 400 xogadores, a primeira en organizar unha liga regular en Europa fóra do país orixe do deporte, Irlanda. Conta tamén cunha selección galega recoñecida pola Asociación Atlética Gaélica (GAA), máximo organismo internacional, e que acadou o podio nos últimos dous mundiais. Este sábado 3 de xuño celebrouse a Final Ibérica na cidade da Coruña, sendo a primeira final europea retransmitida en directo (TVG2).
O Comité de Fútbol Gaélico estará formado polas seguintes persoas:
- Presidencia: Iván Villalón Costa
- Secretaría: Yolanda Castro Cebreiro
- Tesouraría: Estevo Sánchez Gálvez
- Administración: Carmen Fernández Traseira
- Competición: Ángel Negrete Tuñas
- Apelación: Ignacio Daniel Martínez Martínez
- Arbitraxe: Anxo López Vale
- Adestradores: Alberto Méndez Suárez
- Selección galega: Marcos Gañete Picáns
- Fútbol masculino: Martin Fernández García
- Fútbol Feminino: Alba Rodriguez Fernandez
- Canteira e deporte universitario: María Victoria Benavides Rodriguez