Crónica da xornada 27 e promoción

Irmandinhas – Fillas de Breogán

Derradeiro partido de liga entre as dúas grandes dominadoras do fútbol gaélico galego. A pesar de non ter nada en xogo, xa que a liga está completamente resolta, o partido gozou da intensidade habitual neste clásico do fútbol gaélico. Pese a que as estradenses lideraron boa parte do partido, a victoria foi parar a mans das coruñesas: 4-04 (16) a 1-16 (19).

 

Pontevedra FG – Dorna FG

O Monte da Vila sería a sede do partido de promoción. Nel enfrontarianse o Pontevedra FG, quinto clasificado da primeira división (o colista, Ártabros, descendería de forma directa), e o Dorna FG, terceiro da segunda división (Mecos FG e Auriense FG acadarían o ascenso directo ao rematar na primeira e segunda posición respectivamente). A primeira parte foi un intercambio de golpes entre ambos contendentes, rematando cunha lixeira vantaxe para o conxunto pontevedrés. A segunda parte vería unha remontada do equipo do Salnés, que chegaría a porse por diante no marcados. Sen embargo, o empuxe goleador do Pontevedra nos derradeiros intres fixo que o partido finalizara 6-10 (28) a 3-07 (19), facendo que dito equipo militara unha tempada máis na primeira división.