A IV Copa Galega, celebrada o pasado 6 de maio en A Estrada, rematou coa victoria dos estradenses e coruñesas.
A competición masculina, ao igual que a Liga, ve cambiar por primeira vez de mans. O Estrela Vermelha de Compostela dominou esta competición, proclamándose campión nas tres primeiras edicións, pero foi precisamente ante este rival contra quen os Irmandinhos da Estrada acadan o título.
De modo análogo, as Fillas de Breogán acadan por primeira vez o título precisamente contra Irmandinhas A Estrada que, como o Estrela, dominaron a competición dende o seu inicio acando tres títulos consecutivos. O equipo coruñés, campión de todo a tempada pasada agás este título, logra resarcirse.
Podedes consultar todos os resultados na páxina adicada ao evento: