Mecos FC – Terras do Eume / Mecas FG – Auriense FG
O sábado pola mañá disputábase o derradeiro partido de Liga nesta tempada para as Mecas. Un partido que sería moi axustado no seu inicio, pero que finalmente se resolvería cunha victoria do conxunto ourensán. O plantel das do Grove contaba con varias das súas integrantes lesionadas, non pudendo estar ao 100%, polo que durante a segunda metade, notaríase unha disminuición das súas ocasións, acusando as elevadas temperaturas do día e a alta intensidade do Auriense. O encontro rematou cun resultado de 1-14 (17) a 3-19 (28).
Pola súa parte, o plantel de As Pontes non puido viaxar ao Grove debido ás numerosas baixas.
Keltoi Vigo – Ártabras / Keltoi Vigo – Cambados
Encontros desputados a mañá do domingo, no Campo Municipal da ETEA en Vigo.
O encontro masculino foi altamente desputado. O equipo novel de Cambados confirma a súa liña ascendente de progreso, a pesar de que o partido quedou na casa. O resultado final foi de 3-12 (21) a 3-08 (17) para Keltoi.
O partido feminino tivo un ritmo alto dende o inicio e as oleirenses, cun pronto gol de Vero, deseguida colleron a iniciativa no marcador. A intensa disputa mantívose toda a primeira parte, co equipo vigués manténdose vivo grazas aos tiros a paus a balón parado. Deste xeito, o partido chegou ao descanso con empate a 13, xusto despois de que as visitantes erraran un penalti nos últimos segundos da primeira parte. Xa na segunda metade as Ártabras adiantaron as súas liñas para presionar ás Keltoi no seu propio campo e xurdiu efecto. O equipo vigués, mermado polas baixas, non deu remontado o partido chegando no asubíu final a un resultado de 2-13 (19) / 3-21 (30) para as rapazas da Coruña.