Crónica xornada 20

Esta xornada estaría marcada polo partido internacional entre a nosa selección e a selección francesa, polo que o sábado foi día de parón ligueiro (podedes consultar toda a información do evento na nosa páxina). Sen embargo, o domingo reanudouse a competición con dous partidos de segunda división masculina.

 

Braithreachas – Terras do Eume

O primeiro partido da tarde enfrontaba ao equipo filial de Irmandinhos contra o farolillo vermello da categoría, ás 16:00 do domingo no campo estradense Manuel Regueiro. O partido foi moito máis competido do que se podía esperar vista a traxectoria de ambos equipos, cun constante intercambio de puntos. Ao final a victoria quedou na casa, cun resultado final de 5-14 (29) / 4-13 (25).

Máis info: irmandinhos.com

 

Keltoi – Dorna

O conxunto vigués afrontaba este partido decisivo para as súas aspiracións de acadar un posto de ascenso á primeira división, contra un dos rivais máis duros da categoría, o Dorna F.G. O encontro daría comezo o domingo ás 16:30 no campo de Samil. Ambos equipos amosaríanse moi sólidos, pero o maior acerto a paus do equipo visitante faría que levara os dous puntos. O resultado final foi de 1-08 (11) / 0-14 (14) .

Máis info: facebook.com/keltoivigo