Crónica xornada 16

KELTOI VIGO – HERDEIRAS DE DHAIS

As Herdeiras de Dhais acadan unha victoria máis fronte as rapazas do Keltoi de Vigo. O resultado final foi de 04-07 (19)/ 10-25 (55) para as rapazas de Lalín que levan un progresión meteórica no seu primeiro ano. As rapazas do Keltoi tentaron plantar cara ás  Herdeiras mais non tiveron moitas opcións. Cabe destacar a Laura Veiga, que atopou a portería contraria con moito tino e tirou de galóns no campo tratando de buscar unha estratexia que parara ao equipo de Lalín, que co seu bo xogo e o acerto e contundencia de Antía Paz, lograban unha cómoda victoria.

Máis info: facebook.com/keltoivigo

 

DORNA FG – CAMBADOS

O sábado xogábase un dos “derbis” da tempada, o que enfrentaba a estes dous equipos do Salnés. Un partido especial, tendo en conta que os da Illa de Arousa foron un dos maiores impulsores do seu proxecto veciño, polo que se trata dun duelo fraternal. O partido que estaba inicialmente programado era o “Cambados – Dorna FG”, pero foi modificado a última hora para desputarse no campo de xogo da Illa de Arousa. O encontro foi dominado de principio a fin polo equipo local, ata acabar cun resultado de  4-23 (35) / 1-04 (7).

Máis info: facebook.com/dorna.fg

 

BRAITHREACHAS – MECOS FG

Ás 19:00 do domingo daba  comezo o encontro no Campo Manuel Regueiro de A Estrada, que enfrontaba ao equipo filial de Irmandinhos A Estrada contra Mecos de O Grobe. Os do saléns acadaron unha victoria que lles permite seguir con plenas opcións de ascender á primeira división. O resultado final foi de 1-04 (7) / 3-13 (22).

Máis info: irmandinhos.com

 

ESTRELA VERMELHA – AURIENSE FG / ESTRELA VERMELHA – HERDEIROS DE DHAIS

Encontro feminino

Contra as 19h do domingo daba inicio ao decisivo partido entre os equipos femininos de Estrela Vermelha e Auriense. O conxunto compostelán foi quen de imporse no xogo e resultado dende os inicios do encontro. As xogadoras vermelhas tiveron o acerto que lles faltou en anteriores partidos, levándose así os dous puntos e unha vitoria importantísima de cara as aspiracións de estar entre as cinco primeiras clasificadas. O resultado final foi de 7-18 (39) / 3-14 (23).

Encontro masculino

Unha hora despóis, daba comezo o encontro masculino, Estrela Vermelha – Herdeiros de Dhais, partido adiado a semana por mor da climatoloxía. Nun ano onde o equipo compostelán está sendo irrecoñecible, o encontro comezou de cara para os dezanos cun tempraneiro gol. Imprecisión no xogo, malas combinacións e falta de definición marcaron a un conxunto local que non soubo frear a un gran conxunto lalinense, que se acabou impoñendo por 3-09 (18) / 3-11 (20).

Máis info: facebook.com/estrela.vermelha.71

 

MECAS FG – PONTEVEDRA FG

Partido desputado este pasado domingo no campo da Vila. As de Pontevedra dominaron o partido dende o principio maila que as Mecas souberon plantar cara a un dos equipos favoritos desta tempada.

A recuperación da capitana Alejandra na escadra pontevedresa, dáballe un pulo máis a un equipo xa de por sí guerreiro pero no campo, as rapazas lideradas por Andrea non se deixaban amilanar acortando distancias durante varios momentos do partido. Nembargantes, o bo facer do equipo da cidade do Lérez, deixaba sin opcións ás do Grove acadando un resultado a favor das visitantes por un claro 2-11 (17) / 5-14 (29).

Máis info: facebook.com/mecasfg

FILL@S DE BREOGÁN – IRMANDINH@S

Encontro masculino

O partido que se viviu na tardiña do domingo no Campo das Mariñas de Sada foi moi igualado. O 11 branquiazul saíu máis conectado nos primeiros instantes e ao pouco do comezo xa marcaron distancias grazas ao acerto de Víctor. Con todo, os Irmandinhos foron medrando en acerto co paso dos minutos e conseguiron achegarse aos Fillos ata colocaren as táboas ao remate da primeira media hora de partido: 2-3 (9) / 2-3 (9).

Tras o descanso, os estradenses aumentaron en intensidade, tanto en ataque como en defensa. Isto valeulles para sacar 2 puntos de distancia tras unha xogada de Corba. Con todo, un tiro a paus de Caolan deulles os azos necesarios aos Fillos para non rendérense e continuaren loitando ata o final, aproveitando que os estradenses confiaron as súas opcións en botárense atrás. Deste xeito, xa no remate do partido, un gol de Fariñas serviu para darlle a volta ao marcador, deixando o marcador final en 5-07 (22) /3-10 (19) para os locáis.

Encontro Feminino

Pola súa banda, as Fillas de Breogán anótanse 2 puntos máis no marcador tras a incomparecencia das Irmandinhas da Estrada.

Máis info: fillosdebreogan.com