Crónica xornada 15

A xornada correspondente á fin de semana do 4 e 5 de febreiro de 2017 estivo marcada polo temporal que sufriu toda Galicia. Rachas de vento de ata 150 km/h, cortes de luz en 56.000 hogares e destrozos na vía pública foron a tónica habitual a partir do mércores. Os encontros programados para o sábado eran os seguintes:

  • Fillas de Breogán – Keltoi (Liga Feminia)
  • Fillos de Breogán – Ártabros de Oleiros (1ª División Masculina)
  • Mecas – Ártabras de Oleiros (Liga Feminina)
  • Mecos – Dorna (2ª División Masculina)
  • Estrela Vermelha – Herdeiros de Dhais (1ª División Masculina)

Xa durante a tarde do venres, cando o temporal volveuse máis duro, os gobernos locais da costa cancelaron todas as actividades ao aire libre para salvagardar a seguridade dos xogadores e siareiros dos diferentes clubes, obrigando a adiar os encontros na Coruña e O Grove. No interior, as previsións para a tarde do sábado eran mellores, pero a intensa chuvia e os ocasionais cortes de luz obrigaron a suspender tamén, a última hora, o encontro entre composteláns e dezanos.

O domingo amenceu moito máis calmado e, aínda que as chuvias continuaban, non foron impedimento para disfrutar dos dous encontros da tarde.

 

PONTEVEDRA FG – AURIENSE FG / PONTEVEDRA FG – IRMANDINHOS A ESTRADA

Encontro feminino

O partido daba inicio as 17:20 no campo do Príncipe Felipe en Pontevedra. Xa dende o inicio as locais impuxeron o seu ritmo e verticalidade, situándose cómodamente nun 8-2. As locais non deron opcións ás do Auriense que, a pesar de magníficas xogadas de pases á man, non puideron cun claro acerto por paos das pontevedresas. O resultado ao descanso era de 22-12. A segunda metade comezou con algo máis de intensidade por parte das ourensás, mais tras uns primeiros minutos, as locais volveron impoñer o seu alto ritmo e conseguiron non só manter senón ampliar a diferencia establecida no descanso, acadando un resultado final de 5-23 (38) / 2-11 (17).

 

Encontro masculino

Encontro duro para os rapaces do Pontevedra que se atopaban ca visita dos Irmandinhos da Estrada, equipo que lidera a liga e que amplia a diferenza cos seus inmediatos perseguidores. Partido dominado polos xogadores estradenses de principio a fin, que artellaban xogadas brillantes e non permitían o erro no tiro a paos. Ante tal demostración de bo xogo individual e en equipo, os de Pontevedra pouco podían facer, acadando un resultado final de 01-04 (7) / 14-12 (54) para os visitantes.

Máis info: facebook.com/gaelicopontevedra