Crónica xornada 14

AURIENSE FG – KELTOI

O equipo masculino Auriense F.G. acada a vitoria contra Keltoi de Vigo. O partido, desputado o sábado ás 12:00h no Campo da Universidade de Ourense, estivo dominado polos ourensáns aínda que, no inicio da segunda parte, o Keltoi logrou remontar ata poñerse a 2 puntos. Sen embargo, o bo facer da dianteira áurea, marcou a diferencia rematando o encontro cun marcador  final 6-08 (26) / 3-05 (14) para os locais.

Ás 13:30h daba comezo o encontro feminino entre idénticos clubes. As locais vencen cun claro 5-16 (31) / 1-06 (9), nun encontro no cal as ourensáns amosaron o seu acerto a paus e a intensidade no campo, que non deixou opción algunha ás rapazas do Keltoi.

Máis Info: auriensefg.wordpress.com

 

TERRAS DO EUME – CAMBADOS

Partido desputado o sábado ás 13:00h no campo da Capela, onde o ritmo do encontro levouno o Cambados Gaélico dende o inicio. O Terras, resentido polas baixas, non puideron seguir o paso dun Cambados que tiña o día de cara. O encontro rematou cun resultado favorable para os do Salnés cun total de 1-04 (7) / 5-07 (22).

Máis info: facebook.com/terrasdoeumefg

 

MECOS FG – BRAITHREACHAS

O partido correspondente á segunda división da Liga Galega de Fútbol Gaélico que enfrontou ó Mecos F.G. contra ó Braithreachas deu comezo o sábado ás 17:00h. Dende o inicio, o conxunto local mantivo a posesión do balón e foi quen marcou a dinámica do xogo. O Braithreachas tentou saír ó contragolpe aproveitando os erros do Mecos. Ao remate da primeira metade o resultado marcaba 2-10 (16) para o equipo local contra 0-02 (2) para Braithreachas. Á volta dos vestiarios non se produciron demasiados cambios na dinámica do partido, salientando algún percance de xogo fortuito e a gran deportividade dos dous conxuntos, característica propia deste deporte onde os rivais tamén son compañeiros. Ao remate do partido o resultado foi de 5-18 (33) / 0-03 (3).

Dentro do apartado de anotadores destacaron Daniel Costas e Rubén Pérez como máximos contribuíntes. Con este resultado, os grovenses ascenden ata a segunda posición da clasificación da segunda división galega, a catro puntos do líder, o Auriense (co que a pasada semana sufriron unha axustada derrota) pero con dous partidos menos.

Máis info: facebook.com/mecos.gaa

 

HERDEIRAS DE DHAIS – MECAS FG

Cara a noitiña do sábado, ás 20:30h, desputouse en Lalín o encontro entre o equipo revelación da tempada, Herdeiras de Dhais, contra Mecas F.G. Foron as visitantes as que abriron o marcador cun tiro a paus, pero pronto as Herdeiras se farían co dominio do partido. A superioridade do equipo local foi abrumadora dende os primeiros compases do partido, exercendo unha férrea defensa sobre as súas rivais, que apenas conseguiron achegarse á portería defendida por Paula, que rematou o partido sen encaixar ningún gol. O equipo do Grove só foi capaz de anotar seis tantos a paus, mentres que a efectividade en ataque das locais fixo que as distancias no marcador se foran ampliando segundo avanzaba o partido, ata chegar ao resultado final de 6-30 (48) / 0-06 (6). Destacou o traballo anotador das dezanas Andrea Rodríguez e Antía, que con 17 puntos colócase segunda na táboa de anotadoras da liga, só por detrás de Vane de Estrela Vermelha, así como Xeila Iglesias no conxunto meco.

Máis info: facebook.com/Herdeiros-De-Dhais-FG-764554916986214

 

ESTRELA VERMELHA FG – ÁRTABR@S

A xornada comezaba cunha mala nova: a non disputa do partido, o primeiro da tarde, que tiña que ter comezado ás 17:00h no Campo das Cancelas. Debido ás baixas, o equipo visitante non puido completar convocatoria e, polo tanto, non se puido presentar en terras composteláns.

Sen embargo, a xornada continuou segundo o programado e cara ás 18:15h da tarde, baixo unha feble chuvia, daba comezo o encontro feminino. Vitoria clara para o combinado estreleiro, cunha actuación destacada de dous dos seus pilares, Ánxela e Vane, cun resultado final de 9-25 (52) / 0-05 (5). Esta victoria permítelles coller folgos de cara a recta final da primeira volta da Liga Feminina, ca mirada posta en clasificarse entre as 5 primeiras de cara a segunda volta.

Máis info: facebook.com/estrela.vermelha.71