Onte fomos sorpredindos por esta imaxe que, en cuestión de minutos, convertiuse en viral nas redes sociais. O Primeiro Ministro de Irlanda, Enda Kenny, visitaba Madrid para verse con Mariano Rajoy e tratar, entre outros temas, o denominado Brexit. A visita transcurriu da forma usual ata que, ao final da rolda de prensa, o irlandés agasallou ao seu homónimo español cunha camiseta… da nosa selección!!
Queremos agradecer a Enda Kenny este tremendo detalle, que pon de manifesto o gran traballo que se está a realizar no fútbol gaélico galego. Tal é a repercusión que cada vez máis ten a nosa actividade nos círculos irlandeses que pode chegar, como neste caso, a simbolizar o vínculo entre ambos países.
Aproveitamos tamén para agredecer a toda a familia e colaboradores do fútbol gaélico, con mención especial a Camino Ways, que nos axudou a cumprir o soño de participar no pasado mundial de Dublín e rozar cos dedos a gran final en Croke Park, o templo do fútol gaélico. Esperamos seguir medrando como ata agora!