Nova crónica correspondente á oitava xornada (atendendo á numeración orixinal) da Liga Galega de Fútol Gaélico 2016/17.
Keltoi – Mec@s
O primeiro xogo da xornada foi un dobre enfrontamento entre as equipas da cidade olívica e O Grove. Os primeiros en saltar ao céspede foron os combinados masculinos. Os Mecos dominaron dende o tiro a paos, vencendo por un 1-05 (8) / 1-13 (16). O xogo feminino foi máis desequilibrado, facendo gala as visitantes da súa maior experiencia, rematando nun 0-13 (13) / 14-13 (55).
Máis info: facebook.com/keltoivigo
Dorna – Terras do Eume
Nova victoria da equipa da Illa de Arousa ante á equipa novel das terras de As Pontes, que leva competidos tres fins de semana seguidos con outras tantas victorias, aupándose á cabeceira da segunda división. O resultado final foi de 8- 20 (44) / 1-03 (6).
Máis info: facebook.com/dorna.fg
Irmandinhas – Pontevedra / Braithreachas – Auriense
Pouco antes das doce da mañá, as Irmandinhas recibían ao equipo feminino do Pontevedra F.G. no Campo Novo para disputar o encontro aprazado da xornada II. A tónica do encontro non variaría: oportunidades para ambos equipos e un xogo moi intenso e disputado. A dura defensa visitante tiña unha gran protagonista: Mónica. A gardameta pontevedresa salvaría varios man a man con Candela e Lucía, que toparían nas súas internadas na área rival con un muro baixo a meta. Finalmente, nos derradeiros intres do encontro, o Pontevedra F.G. xestionou mellor a súa marxe no marcador; sumando unha nova vitoria ante unhas Irmandinhas cada vez máis ensambladas nesta tempada de readaptación. O resultado final foi de 2-06 (12) / 2-08 (14) para as visitantes.
Posteriorimente dispotouse o Braithreachas – Auriense F.G., partido aprazado da xornada V. Os primeiros intres do encontro nada tiveron que ver co resultado final, xa que os Braithreachas saían desordenados ao campo e con fallos de precisión nos pases, non sendo quen de restar o bo acerto dos de Ourense no tiro a paus, chegando a estar ata seis puntos por baixo no marcador. A regularidade local chegaba na segunda metade, onde nos últimos dez minutos sentenciarían ao Auriense, que perdía a vantaxe adquirida na primeira metade para dar paso a unha remontada local. O resultado final foi de 2-12 (18) / 2-06 (12) para os Braithreachas.
Máis info: irmandinhos.com
Ártabr@s – Fill@s de Breogán
As Fillas e os Fillos de Breogán leváronse, de xeito incontestable, os dous derbis das Mariñas que se desputaron o mediodía do domingo na Cidade Deportiva da Torre fronte aos Ártabras e Ártabros de Oleiros. O primeiro partido en se desputar foi o feminino onde, aínda que había baixas notables en cada un dos planteis, as Ártabras chegaron máis mermadas ao partido ao non poder gozar de ningún cambio. As Fillas comezaron con certa cautela o encontro, pero conforme pasaban os minutos, foron sacudíndose a presión e a súa superioridade fíxose máis notable, tal e como reflicte o contundente marcador final: 0-00 (0) / 7-23 (44).
Pola súa banda, os Fillos de Breogán queren manter a súa candidatura ao título masculino e así o demostraron cunha vitoria con solvencia: 0-04 (4) / 7-20 (41). Con todo, o resultado foi enganoso, xa que os Ártabros non lle perderon o pulso ao partido ata os últimos minutos.
Máis info: fillosdebreogan.com