Benvidos á primeira crónica da tempada 2016/17. A partir desta semana trataremos de facer un breve resumo dos xogos desputados cada semana, grazas á colaboración dos clubes implicados, de forma que teñades de primeira man o detalle de cada xogo. Comezamos!
Ártabr@s – Pontevedra
O agardado debut das e dos Ártabros de Oleiros na Liga Galega de Fútbol Gaélico saldouse con dúas duras derrotas fronte a Pontevedra FG en senllos partidos que tiveron máis ganas que xogo por parte dos corvos das Mariñas.
As primeiras en estreárense no Campo Municipal da Torre foron as Ártabras, que perderon por un 0-3 (3) fronte a 6-20 (38) das Pontevedresas nun partido onde o máis duro non foi o resultado. As xogadoras Mar e Carmen tiveron problemas físicos, esta última no ombreiro e a primeira coa rotura do dedo índice da man esquerda. De todos os xeitos, o partido xogado polas pupilas de Dani Vaamonde foi máis desputado do que o marcador reflicte, mais as ganas non surtiron o seu efecto no resultado final dun partido que de comezo a fin foi dominado por Pontevedra.
Parello foi o partido xogados polos Ártabros onde o claro dominador foi, de comezo a fin, un Pontevedra FG máis rodado e con máis experiencia na Primeira División da Liga Galega de Fútbol Gaélico. Xa desde o primeiro minuto os pontevedreses puxeron distancia no marcador cun gol que supuxo un mazazo para os corvos das Mariñas. A partir de aí, co marcador a favor, os da cidade do Lérez souberon xogar coa ansiedade dos Ártabros e fixéronse co partido ao saberen dominar o xogo a man e o xogo en equipo. O resultado final, 3-2 (11) fronte a 8-13 (37) demostra a clara inferioridade dos Ártabros que, con todo, tiveron bos momentos de xogo e mesmo de dominio que non se materializaba no marcador.
O vindeiro partido de liga, tanto para o masculino como o feminino será o 17 de decembro ante un duro rival, os Irmandinhos na Estrada.
Máis info: fillosdebreogan.com
Dorna – Keltoi
Xogo dominado pola equipa da Illa de Arousa, con un resultado final de 3-13 (22) / 2-01 (7).
Máis info: facebook.com/dorna.fg
Auriense – Mecas
Xogo de altas puntuacións, destacando o gran tándem que forman as Albas Rodríguez. Resultado de 4-20 (32) / 0-14 (14).
Máis info: auriensefg.wordpress.com
Herdeir@s de Dhais – Irmandinh@s
O encontro comezaba pasadas as 20.30 horas no Manuel Anxo Cortizo (Lalín), con un gol de Marina nos primeiros intres. Lonxe de virse abaixo, as Herdeiras rompían as fortes e ordenadas liñas das estradenses para xerar numerosas ocasións na meta rival, e así conseguir recortar diferenzas. Logo da primeira metade, as Herdeiras descólganse no marcador con varios goles que porían costa arriba a remontada para as Irmandinhas. O resultado final foi de 06 – 15 / 05 – 09para as de Lalín.
Nunha primeira metade puramente a paus, os Irmandinhos facíanse donos do partido e marchaban ao descanso cinco puntos por arriba.
Logo do descanso os de Jerry saían máis ordenados ao campo. Dous goles de Lupo e Kana aumentaban o marxe no marcador, así como a efectividade no tiro a paus. Un encontro moi duro e disputado, onde a intensidade do xogo foi protagonista en ambos conxuntos. O resultado final foi de00 – 08 / 02 – 17.
Máis info: irmandinhos.com
Estrela Vermelha – Fill@s de Breogán
Contra as 18:30 comezaba nas Cancelas o xogo masculino. Tras unha competida primeira parte, o Estrela conseguiu unha renta que desperdiciou nos derradeiros intres, para acabar 3-11 (20) / 4-10 (22) a favor dos Fillos de Breogán.
Ás 20:10 tocáballe o turno á equipa feminina. O xogo foi dominado pola equipa coruñesa de principio a fin, mellorando o xogo dos composteláns na segunda parte con respecto á primeira. Ao final, 1-09 (12) / 7-16 (37) para as coruñesas.
Máis info: facebook.com/estrela.vermelha.71