Bretaña – Galicia

16 de agosto deste 2015, Estadio de Karolay, Lorient (Bretaña)

Dende entón os combinados galegos aínda xogaron outros amigábeis de novo en Bretaña o 16 de agosto deste 2015 co gallo da I Copa Intercéltica e do Festival Celta de Lorient. As mulleres perderon por 3-10 (19) a 0-9 (9) mais os rapaces gañaron aos bretóns por 0-13 (13) a 3-09 (18).

Resultado feminino: Brittany 3-10 (19) / 0-09 (9) Galicia
Resultado masculino: Brittany 0-13 (13) / 3-09 (18) Galicia

Britanny:

Galicia (F): Lucía Álvarez, Lucía Bibián, Marta Blanco, Patricia Calviño, Vanesa Calviño, Astrid Constenia, Ana Davila, Ánxela Estévez, Carmen Fernández, Alba Fontán, Patricia García, Ana Gómez, Eva Lago, Cristina Margariños, Laura Paz, Sonia Sobral, Nuria Tilve.

Galicia (M): Javi Alonso, David Fuentes “Kanario”, Marcos Gañete “Corba”, Alex Vidal, Alberto Suárez “Lupo” [Irmandinhos A Estrada]; David de la Torre “Cebo”, Diego Diéguez, Rubén Leborán, Adriano Quiroga [Estrela Vermelha]; Lois González [Auriense]; Cristian Iglesias “Popi”, Daniel Sedano [Keltoi Vigo]; Jacobo Liño “Kobo”, Pablo Loira [Pontevedra FG]; Anxo Meizoso, Aro Oliveira, Julián Pereira, Dani Vázquez [Fillos de Breogán].

 

Galicia – Ireland Club Selection

31 de outubro de 2015, Campo das Cancelas, Compostela (A Coruña).

Cara final de ano, organizouse nas nosas terras un novo amigábel contra unha selección de xogadoras e xogadores irlandeses. O 31 de outubro, o campo das Cancelas de Compostela viu unha dobre derrota dos nosos, as rapazas por 1-03 (6) a 4-15 (27) e os rapaces por un máix axustado 4-10 (22) a 4-17 (29).

Resultado feminino: Galicia 1-03 (6) / 4-15 (27) Ireland Club Selection
Resultado masculino: Galicia 4-10 (22) / 4-17 (29) Ireland Club Selection

 

Galicia – Andalucía (Irish Selection)

21 de maio de 2016, Campo Andrés Pena, Sada (A Coruña).

O día anterior, o 20 de mario, a raíz do partido amigábel de fútbol británico entre as seleccións masculinas de Galicia e Venezuela, tivo no descanso unha exhibición das nosas seleccións de fútbol gaélico. Dous partidos de 5 minutos (masculino e feminino) fronte aos 40.000 espectadores que se reuniron en Riazos.

O día seguinte, tivo lugar en Sada un amigábel contra unha selección de xogadores irlandeses residentes en Andalucía, para preparar os novos Xogos Mundiais que ían ter lugar en agosto. O partido finalizou 12-13 (49) a 2-12 (18) para os nosos rapaces. Unha hora antes, ante a imposibilidade de realizar unha selección de xogadoras andaluzas, as rapazas xogaron un amigábel entre elas.

Resultado masculino: Galicia 12-13 (49) / 2-12 (18) Andalucía

 

II GAA World Games

Agosto de 2016, Dublín (Irlanda)

Un ano máis tarde da primeira e exitosa edición dos GAA World Games, celébrase a segunda edición, esta vez nas terras que viron nacer este deporte e onde son relixión, Irlanda, coincidindo co centenario da súa independencia.

Na competición masculina a Selección rematou terceira (Plate) cos seguintes resultados:

  • Primeira fase: Galicia 4-05 (17) / 0-03 (3) Bretaña
  • Primeira fase: Galicia 1-03 (6) / 1-03 (6) Sudáfrica
  • Primeira fase: Galicia 0-02 (2) / 0-06 (6) Nova York
  • Segunda fase: Galicia 4-05 (17) / 0-00 (0) Alemania
  • Segunda fase: Galicia 2-04 (10) / 0-02 (2) Argentina
  • Segunda fase: Galicia 1-04 (7) / 0-09 (9) Francia
  • Plate: Galicia (24) / (1) China
  • Plate: Galicia (13) / (10) Chicago
  • Plate: Galicia (23) / (5) San Francisco

Na competición feminina a Selección Galega foi quinta (Shield) tras os seguintes encontros:

  • Primeira fase: Galicia 5-07 (22) / 0-00 (0) Europa 2
  • Primeira fase: Galicia 1-00 (3) / 0-10 (10) Canadá
  • Primeira fase: Galicia 1-02 (5) / 1-04 (7) Nova York
  • Segunda liguilla: Galicia 4-07 (19) / 0-00 (0) Europa 2
  • Segunda liguilla: Galicia 2-01 (7) / 2-02 (8) Francia
  • Segunda liguilla: Galicia 1-04 (7) / 0-01 (1) Sudáfrica
  • Final Shield: Galicia 3-03 (12) / 2-05 (11) Francia

Convocatoria feminina

  • Porteiros: Mónica González
  • Defensas: Alba Fontán, Ánxela Estévez, Andrea Campos
  • Medio-centros: Ana Vilar, Candela Vilas, Laura Paz
  • Medio-dianteiros: Athenia Álvarez, Eva Lago, María Crespo, Alba Rodríguez
  • Dianteiros: Lucía Cortizo, María Corrochano

Convocatoria masculina

  • Porteiros: David de la Torre “Cebolo”
  • Defensas: Alberto Méndez, Alejandro Seijas, Daniel Castro “Yupe”
  • Medio-centros: Javier González, Mario Iglesias, David Fuentes “Kanario”
  • Medio-dianteiros: Pablo Durán, Iago Couso, Marcos Gañete “Corba”, Adriano Quiroga
  • Dianteiros: Rubén Leborán, Aro Oliveira