Selección: histórico de resultados (I World Games)

I GAA World Games

Marzo de 2015, Abu Dhabi (Emiratos Árabes Unidos)

Grazas a esta historia persoal e deportiva, a Selección acadou o dereito a unha praza na primeira edición dos 2015 GAA World Games Abu Dabi, os primeiros Campionatos Mundiais de fútbol gaélico cos que a Gaelic Athletic Association recoñecía a recente expansión fóra da Irlanda deste deporte nacido nese país no século XIX. A participación galega foi excepcional.

Na competición masculina a Selección rematou subcampiona cos seguintes resultados:

  • Fase de grupos: Galicia 2-04 (10) / 1-02 (5) Sudáfrica
  • Fase de grupos: Galicia 1-03 (6) / 1-07 (10) Arxentina
  • Fase de grupos: Galicia 4-06 (18) /  0-00 (0) Oriente Medio
  • Semifinal: Galicia 2-06 (12) / 0-05 (5) Sudáfrica
  • Final: Galicia 0-04 (4) / 1-04 (7) Arxentina

Na competición feminina a Selección Galega foi terceira tras os seguintes encontros:

  • Fase de grupos: Galicia 2-03 (9) / 0-02 (2) Sudáfrica
  • Fase de grupos: Galicia 0-00 (0) / 2-06 (12) Canadá
  • Fase de grupos: Galicia 1-01 (4) / 2-03 (9) Oriente Medio
  • Semifinal: Galicia 1-04 (7) / 3-06 (15) Oriente Medio