2012-2014: Inicios

Galicia – Bretaña

20 de xullo de 2012, Campo do Cadaval, Narón (A Coruña)

A historia comeza en Ferrolterra, no campo do Cadaval de Narón, o 20 de xullo do 2012. Nese día, rodeados de eucaliptos e fieitos entre os cales aínda debe estar algún dos balóns, debutou a Selección Galega Masculina cunha emocionante vitoria fronte a Bretaña por 5-08 (23) a 3-08 (17).

Resultado: Galicia 5-08 (23) / 3-08 (17)​ Bretaña

Galicia: Alberto Méndez, Álex Vidal, Xulio Aro Oliveira, Brais Oliveira, Francisco Carreira, Isaac Xubín, Javier Casal, Julián Díaz, Martín Fernández, Óscar Rodríguez, Pablo Bregua, Pablo Fuentes, Pablo Miragaya, Pedro Alberte Aguado, Antonio Ripamonti, Sebastián Pan, Carlos Seco, Wenceslao García, Alexandre Longueira [Fillos de Breogán e Ártabros de Oleiros].

Brittany: Alexandre Rousseau, Basile Talbot, Vincent Héry [Guérande]; Bruno Durocher, Florian Lannuzel, Olivier Kowarski [Liffré]; Jean-Marie Allain, Mickaël Le Collen, Francis Renard [Bro S.Brieg]; Ronan Kerleo, Tangi An Dreo [Bro Leon]; Sylvain Roinard, Fabien Régnier [Kerne]; Vincent Clérac [Guérande].

Puntos Galicia: Pablo Miragaya (2-0), Óscar Rodríguez (1-1), Carlos Seco (1-1), Isaac Xubín (1-0), Alberto Méndez (0-2) JuliánDíaz (0-1), Pedro Alberte Aguado (0-1), Martín Fernández (0-1) e Pablo Fuentes (0-1)

Puntos Britanny: Olivier Kowarski (2-4), Basile Talbot (1-0), Sylvain Roinard (0-2), Vincent Héry (0-1) e Vincent Clérac (0-1)

 

Bretaña​ – Galicia

11 de agosto de 2013, Estadio de Karolay, Lorient (Bretaña)

Tras o primeiro partido e a festa posterior, labrouse unha boa amizade cos compañeiros bretóns que derivou ao verán seguinte na visita galega á Bretaña. A ocasión que deseñaron os de Breizh non puido ser mellor: partido o 11 de agosto de 2013 no Stade de Kerolay dentro dos eventos do Festival Intercéltico de Lorient, un dos máis prestixiosos do planeta no seu eido. Tomaron vinganza dos galegos cun resultado de 3-12 (21) a 1-8 (11) mais a experiencia foi única dende o punto de vista deportivo e tamén humano.

Resultado: Bretaña 3-12 (18)​ /1-08 (11) Galicia

Brittany:

Galicia: Pablo Bregua, Fran, Julián, Sebas, Brais, Carlos Seco, Pablo Miragaya, Óscar, Alberto [Fillos de Breogán]; Wences, Dani Vázquez, Pablo Fuentes, Pedro Alberte [Ártabros de Oleiros]; Kanario, Lupo, Brito [Bráithreachas]; Miguel, Corba [Irmandinhos].

 

Galicia – Madrid

9 de agosto do 2014, Campo da Baiuca, A Estrada (Pontevedra)

No 2014 a Selección Galega non quixo perder a súa rutina e, ao non concretarse partidos no estranxeiro, a AGFG organizou dúas xornadas de fútbol gaélico no noso país. En ambas as dúas houbo por fin competición masculina e tamén feminina. O debut das galegas non puido ser mellor cunha brillante vitoria fronte a Madrid por 13-18 (57) a 2-06 (12) no campo da Baiuca da Estrada o 9 de agosto do 2014. Os homes non desmereceron e tamén gañaron por 11-11 (44) a 2-13 (19).

Resultado feminino: Galicia 13-18 (57) / 2-06 (12) Madrid
Resultado masculino: Galicia 11-11 (44) / 2-13 (19) Madrid

 

 

Galicia – Ireland Club Selection

4 de outubro de 2014, Monte da Vila, O Grove (Pontevedra)

Aparecía en escena nesas datas Jerry Holmes, un irlandés que traía baixo o brazo un proxecto de tres meses co que desenvolver a Liga Galega e que, polas voltas do destino, hoxe en día prolongou a súa estadía e é o adestrador feminino da Selección Galega. Da súa man chegaron a Galicia o 4 de outubro de 2014 dous combinados de xogadores irlandeses representando ao seu país que, diante de numerosos siareiros no Monte da Vila do Grove, gañaron non sen dificultades aos equipos galegos. As irlandesas gañaron 3-22 (31) a 2-08 (14) mentres que os seus compatriotas tiveron que remontar en varias ocasións para imporse finalmente por un axustado 3-21 (30) a 5-10 (25).

Resultado feminino: Galicia 2-08 (14) / 3-22 (31) Ireland Club Selection
Resultado masculino: Galicia 5-10 (25) / 3-21 (30) Ireland Club Selection