Selección: histórico de resultados

2012-2014: Inicios

Galicia – Bretaña

20 de xullo de 2012, Campo do Cadaval, Narón (A Coruña)

A historia comeza en Ferrolterra, no campo do Cadaval de Narón, o 20 de xullo do 2012. Nese día, rodeados de eucaliptos e fieitos entre os cales aínda debe estar algún dos balóns, debutou a Selección Galega Masculina cunha emocionante vitoria fronte a Bretaña por 5-08 (23) a 3-08 (17).

Resultado: Galicia 5-08 (23) / 3-08 (17)​ Bretaña

Galicia: Alberto Méndez, Álex Vidal, Xulio Aro Oliveira, Brais Oliveira, Francisco Carreira, Isaac Xubín, Javier Casal, Julián Díaz, Martín Fernández, Óscar Rodríguez, Pablo Bregua, Pablo Fuentes, Pablo Miragaya, Pedro Alberte Aguado, Antonio Ripamonti, Sebastián Pan, Carlos Seco, Wenceslao García, Alexandre Longueira [Fillos de Breogán e Ártabros de Oleiros].

Brittany: Alexandre Rousseau, Basile Talbot, Vincent Héry [Guérande]; Bruno Durocher, Florian Lannuzel, Olivier Kowarski [Liffré]; Jean-Marie Allain, Mickaël Le Collen, Francis Renard [Bro S.Brieg]; Ronan Kerleo, Tangi An Dreo [Bro Leon]; Sylvain Roinard, Fabien Régnier [Kerne]; Vincent Clérac [Guérande].

Puntos Galicia: Pablo Miragaya (2-0), Óscar Rodríguez (1-1), Carlos Seco (1-1), Isaac Xubín (1-0), Alberto Méndez (0-2) JuliánDíaz (0-1), Pedro Alberte Aguado (0-1), Martín Fernández (0-1) e Pablo Fuentes (0-1)

Puntos Britanny: Olivier Kowarski (2-4), Basile Talbot (1-0), Sylvain Roinard (0-2), Vincent Héry (0-1) e Vincent Clérac (0-1)

 

Bretaña​ – Galicia

11 de agosto de 2013, Estadio de Karolay, Lorient (Bretaña)

Tras o primeiro partido e a festa posterior, labrouse unha boa amizade cos compañeiros bretóns que derivou ao verán seguinte na visita galega á Bretaña. A ocasión que deseñaron os de Breizh non puido ser mellor: partido o 11 de agosto de 2013 no Stade de Kerolay dentro dos eventos do Festival Intercéltico de Lorient, un dos máis prestixiosos do planeta no seu eido. Tomaron vinganza dos galegos cun resultado de 3-12 (21) a 1-8 (11) mais a experiencia foi única dende o punto de vista deportivo e tamén humano.

Resultado: Bretaña 3-12 (18)​ /1-08 (11) Galicia

Brittany:

Galicia: Pablo Bregua, Fran, Julián, Sebas, Brais, Carlos Seco, Pablo Miragaya, Óscar, Alberto [Fillos de Breogán]; Wences, Dani Vázquez, Pablo Fuentes, Pedro Alberte [Ártabros de Oleiros]; Kanario, Lupo, Brito [Bráithreachas]; Miguel, Corba [Irmandinhos].

 

Galicia – Madrid

9 de agosto do 2014, Campo da Baiuca, A Estrada (Pontevedra)

No 2014 a Selección Galega non quixo perder a súa rutina e, ao non concretarse partidos no estranxeiro, a AGFG organizou dúas xornadas de fútbol gaélico no noso país. En ambas as dúas houbo por fin competición masculina e tamén feminina. O debut das galegas non puido ser mellor cunha brillante vitoria fronte a Madrid por 13-18 (57) a 2-06 (12) no campo da Baiuca da Estrada o 9 de agosto do 2014. Os homes non desmereceron e tamén gañaron por 11-11 (44) a 2-13 (19).

Resultado feminino: Galicia 13-18 (57) / 2-06 (12) Madrid
Resultado masculino: Galicia 11-11 (44) / 2-13 (19) Madrid

 

 

Galicia – Ireland Club Selection

4 de outubro de 2014, Monte da Vila, O Grove (Pontevedra)

Aparecía en escena nesas datas Jerry Holmes, un irlandés que traía baixo o brazo un proxecto de tres meses co que desenvolver a Liga Galega e que, polas voltas do destino, hoxe en día prolongou a súa estadía e é o adestrador feminino da Selección Galega. Da súa man chegaron a Galicia o 4 de outubro de 2014 dous combinados de xogadores irlandeses representando ao seu país que, diante de numerosos siareiros no Monte da Vila do Grove, gañaron non sen dificultades aos equipos galegos. As irlandesas gañaron 3-22 (31) a 2-08 (14) mentres que os seus compatriotas tiveron que remontar en varias ocasións para imporse finalmente por un axustado 3-21 (30) a 5-10 (25).

Resultado feminino: Galicia 2-08 (14) / 3-22 (31) Ireland Club Selection
Resultado masculino: Galicia 5-10 (25) / 3-21 (30) Ireland Club Selection

 

2015: Primeiros GAA World Games

I GAA World Games

Marzo de 2015, Abu Dhabi (Emiratos Árabes Unidos)

Grazas a esta historia persoal e deportiva, a Selección acadou o dereito a unha praza na primeira edición dos 2015 GAA World Games Abu Dabi, os primeiros Campionatos Mundiais de fútbol gaélico cos que a Gaelic Athletic Association recoñecía a recente expansión fóra da Irlanda deste deporte nacido nese país no século XIX. A participación galega foi excepcional.

Na competición masculina a Selección rematou subcampiona cos seguintes resultados:

  • Fase de grupos: Galicia 2-04 (10) / 1-02 (5) Sudáfrica
  • Fase de grupos: Galicia 1-03 (6) / 1-07 (10) Arxentina
  • Fase de grupos: Galicia 4-06 (18) /  0-00 (0) Oriente Medio
  • Semifinal: Galicia 2-06 (12) / 0-05 (5) Sudáfrica
  • Final: Galicia 0-04 (4) / 1-04 (7) Arxentina

Na competición feminina a Selección Galega foi terceira tras os seguintes encontros:

  • Fase de grupos: Galicia 2-03 (9) / 0-02 (2) Sudáfrica
  • Fase de grupos: Galicia 0-00 (0) / 2-06 (12) Canadá
  • Fase de grupos: Galicia 1-01 (4) / 2-03 (9) Oriente Medio
  • Semifinal: Galicia 1-04 (7) / 3-06 (15) Oriente Medio

 

Bretaña – Galicia

16 de agosto deste 2015, Estadio de Karolay, Lorient (Bretaña)

Dende entón os combinados galegos aínda xogaron outros amigábeis de novo en Bretaña o 16 de agosto deste 2015 co gallo da I Copa Intercéltica e do Festival Celta de Lorient. As mulleres perderon por 3-10 (19) a 0-9 (9) mais os rapaces gañaron aos bretóns por 0-13 (13) a 3-09 (18).

Resultado feminino: Brittany 3-10 (19) / 0-09 (9) Galicia
Resultado masculino: Brittany 0-13 (13) / 3-09 (18) Galicia

Britanny:

Galicia (F): Lucía Álvarez, Lucía Bibián, Marta Blanco, Patricia Calviño, Vanesa Calviño, Astrid Constenia, Ana Davila, Ánxela Estévez, Carmen Fernández, Alba Fontán, Patricia García, Ana Gómez, Eva Lago, Cristina Margariños, Laura Paz, Sonia Sobral, Nuria Tilve.

Galicia (M): Javi Alonso, David Fuentes “Kanario”, Marcos Gañete “Corba”, Alex Vidal, Alberto Suárez “Lupo” [Irmandinhos A Estrada]; David de la Torre “Cebo”, Diego Diéguez, Rubén Leborán, Adriano Quiroga [Estrela Vermelha]; Lois González [Auriense]; Cristian Iglesias “Popi”, Daniel Sedano [Keltoi Vigo]; Jacobo Liño “Kobo”, Pablo Loira [Pontevedra FG]; Anxo Meizoso, Aro Oliveira, Julián Pereira, Dani Vázquez [Fillos de Breogán].

 

Galicia – Ireland Club Selection

31 de outubro de 2015, Campo das Cancelas, Compostela (A Coruña).

Cara final de ano, organizouse nas nosas terras un novo amigábel contra unha selección de xogadoras e xogadores irlandeses. O 31 de outubro, o campo das Cancelas de Compostela viu unha doblre derrota dos nosos, as rapazas por 1-03 (6) a 4-15 (27) e os rapaces por un máix axustado 4-10 (22) a 4-17 (29).

Resultado feminino: Galicia 1-03 (6) / 4-15 (27) Ireland Club Selection
Resultado masculino: Galicia 4-10 (22) / 4-17 (29) Ireland Club Selection

 

2016: Novos GAA World Games

Galicia – Andalucía (Irish Selection)

21 de maio de 2016, Campo Andrés Pena, Sada (A Coruña).

O día anterior, o 20 de mario, a raíz do partido amigábel de fútbol británico entre as seleccións masculinas de Galicia e Venezuela, tivo no descanso unha exhibición das nosas seleccións de fútbol gaélico. Dous partidos de 5 minutos (masculino e feminino) fronte aos 40.000 espectadores que se reuniron en Riazos.

O día seguinte, tivo lugar en Sada un amigábel contra unha selección de xogadores irlandeses residentes en Andalucía, para preparar os novos Xogos Mundiais que ían ter lugar en agosto. O partido finalizou 12-13 (49) a 2-12 (18) para os nosos rapaces. Unha hora antes, ante a imposibilidade de realizar unha selección de xogadoras andaluzas, as rapazas xogaron un amigábel entre elas.

Resultado masculino: Galicia 12-13 (49) / 2-12 (18) Andalucía

 

II GAA World Games

Agosto de 2016, Dublín (Irlanda)

Un ano máis tarde da primeira e exitosa edición dos GAA World Games, celébrase a segunda edición, esta vez nas terras que viron nacer este deporte e onde son relixión, Irlanda, coincidindo co centenario da súa independencia.

Na competición masculina a Selección rematou terceira (Plate) cos seguintes resultados:

  • Primeira fase: Galicia 4-05 (17) / 0-03 (3) Bretaña
  • Primeira fase: Galicia 1-03 (6) / 1-03 (6) Sudáfrica
  • Primeira fase: Galicia 0-02 (2) / 0-06 (6) Nova York
  • Segunda fase: Galicia 4-05 (17) / 0-00 (0) Alemania
  • Segunda fase: Galicia 2-04 (10) / 0-02 (2) Argentina
  • Segunda fase: Galicia 1-04 (7) / 0-09 (9) Francia
  • Plate: Galicia (24) / (1) China
  • Plate: Galicia (13) / (10) Chicago
  • Plate: Galicia (23) / (5) San Francisco

Na competición feminina a Selección Galega foi quinta (Shield) tras os seguintes encontros:

  • Primeira fase: Galicia 5-07 (22) / 0-00 (0) Europa 2
  • Primeira fase: Galicia 1-00 (3) / 0-10 (10) Canadá
  • Primeira fase: Galicia 1-02 (5) / 1-04 (7) Nova York
  • Segunda liguilla: Galicia 4-07 (19) / 0-00 (0) Europa 2
  • Segunda liguilla: Galicia 2-01 (7) / 2-02 (8) Francia
  • Segunda liguilla: Galicia 1-04 (7) / 0-01 (1) Sudáfrica
  • Final Shield: Galicia 3-03 (12) / 2-05 (11) Francia

Convocatoria feminina

  • Porteiros: Mónica González
  • Defensas: Alba Fontán, Ánxela Estévez, Andrea Campos
  • Medio-centros: Ana Vilar, Candela Vilas, Laura Paz
  • Medio-dianteiros: Athenia Álvarez, Eva Lago, María Crespo, Alba Rodríguez
  • Dianteiros: Lucía Cortizo, María Corrochano

Convocatoria masculina

  • Porteiros: David de la Torre “Cebolo”
  • Defensas: Alberto Méndez, Alejandro Seijas, Daniel Castro “Yupe”
  • Medio-centros: Javier González, Mario Iglesias, David Fuentes “Kanario”
  • Medio-dianteiros: Pablo Durán, Iago Couso, Marcos Gañete “Corba”, Adriano Quiroga
  • Dianteiros: Rubén Leborán, Aro Oliveira

 

2017-2019: Novo camiño a Dublín

Galicia – Francia

18 de marzo de 2017, Campo da Universidade, Ourense (Ourense).

Tras os éxitos colleitados no pasado mundial, a selección parte cun novo obxectivo: o Mundial 2019, a celebrar novamente en Dublín. Sete meses despóis da participación nos II World Games, organizábase en Ourense un dobre amigable contra un vello coñecido, Francia, que enfrontaría a dúas das mellores seleccións do mundo e que xa cruzaron camiños o pasado agosto con distinta sorte: Francia apeaba da final absoluta masculina a Galicia e as nosas impóñanse ás francesas na final Shield (5º/6º posto).

Resultado feminino: Galicia 5-13 (28) / 5-13 (28) Francia

Resultado masculino: Galicia 2-11 (17) / 7-29 (50) Francia

Galicia (F)

  • Porteiras: Carmen Fernández “Kamy”, Inés Carballo
  • Defensas: Lorena Pereiro, Lucía Mella, Patricia García, Nuria Tilve
  • Medios-defensas: Andrea Campos, Ánxela Estévez, Cristina Magariños
  • Medios: Carme Reboreda, Laura Paz, María Crespo
  • Medios-dianteras: Alba Rodríguez, Eva Lago, María Rodríguez “R2”, Vanesa Calviño
  • Dianteiras: Laura Nercellas, María García “Mery”

Galicia (M)

  • Porteiros: David de la Torre “Cebolo”, Jacobo Dorribo
  • Defensas: Alberto Méndez, Álex Seijas, Julio Brandido, Pablo Bermejo
  • Medios-defensas: David Fuentes “Kanario”, Gonzalo Cerviño, Juan Mejuto, Iago Couso
  • Medios: Diego Diéguez, Manuel Suárez, Mario Iglesias
  • Medios-dianteros: Adriano Quiroga, Daniel Santalla, Marcos Gañete “Corba”
  • Dianteiros: Juan Fariñas, Rubén Leborán

Francia (F)

  • Porteira: E. Hundsbischler
  • Defensas: C. Auguste, J. Le Coq, F. Duquesne
  • Medios-defensas: O. Henry, C. Vigier, C. Lemaître
  • Medios: L. Andrieu, C. Bonnal, M. Le Cours
  • Medios-dianteras: M. Mauvais, E. Roche, M. Siloret
  • Dianteiras: J. Coquelle, A. Houitte, L. Viret

Francia (M)

  • Porteiro: B. Durocher
  • Defensas: J. Besson, T. Hercé, B. Lézin
  • Medios-defensas: A. Duros, T. Biju, A. Poisson
  • Medios: V. Durrmann, G. Leost, M. Crozet
  • Medios-dianteros: F. Vaujany, L. Blanchamp, L. Hirigoyen
  • Dianteiros: A. Botrel, M. Bonnet, F. Philippe