Regras de xogo

As regras aquí expresadas son unha tradución ao galego do contido na GAA Oficial Guide – Part 2, do 2016, con respecto ás regras de xogo do fútbol gaélico. Podes consultar o documento orixinal aquí (páxina 60).

REGRA 1 – O XOGO

1.1 A bola está en xogo unha vez é lanzada ao campo ou golpeada despóis da indicación do árbitro de comezar ou retomar, e permanece en xogo ata que:

a) o árbitro pare o xogo.
b) a bola traspase calquera liña ou bandeira que limita o campo.
c) calquera persoa non xogadora toque ou impida que saia do campo a bola.

1.2 Cando a bola estea no chan, pode ser xogada con calquera parte do corpo agás as mans. Pode ser levantada do chan co pé.

Excepcións:
i) O gardameta pode xogar a bola cas mans dende o chan dentro da área pequena.
ii) Calquer xogador que caia ou sexa tirado ao chan en posesión da bola pode golpeala dende o chan, podendo incluso marcar gol.
iii) A bola non pode ser levantada do chan cos xeonllos.

1.3 Cando a bola non estea no chan, pode ser xogada con calquera parte do corpo.
1.4 Cando un xogador está en posesión da bola, pode:

a) levala durante un máximo de catro pasos ou ser retida nas mans o tempo equivalente a dar catro pasos.
b) golpear a bola dende o pé ás mans –solo ou toe-.
c) botar a bola unha vez, e outra vez despóis de cada solo.
d) mudar a bola dunha man á outra unha vez, mantendo esta o contacto con a man inicial ata que o cambio se complete.
e) golpear a bola co puño, ou ca man aberta sempre e cando exista intención de golpear a mesma.
f) soltar a bola para realizar un disparo, un solo ou un pase cas mans.

A bola en posesión dun opoñente so pode ser roubada se esta se golpea ca man aberta.

1.5 Cando a bola non foi completamente collida, pode botarse máis dunha vez consecutiva.
1.6 Os xogadores poden cargar contra un opoñente para competir pola bola.
1.7 Sempre e cando teña polo menos un pé sobre o chan, un xogador pode facer unha carga ombreiro contra ombreiro a un opoñente:

a) que teña a posesión da bola,
b) estea a xogar a bola (excepto se a golpea co pé), ou
c) ambos xogadores estean movéndose en direción á bola con intención de xogala.

Cando estea na área pequena, o gardameta non pode ser cargado pero si se lle pode desputar a posesión da bola e se intenta golpear ou pasar a bola pode ser bloqueada. Permítese o contacto co gardameta se este é accidental.

1.8 O gardameta pode moverse sobre a liña de gol durante un tiro de penalti.
1.9 Nos momentos previos ao lanzamento dunha falta ou saque de porta, un xogador pode sair dos límites do campo. Nun saque de banda, o xogador debe golpear a bola dende fóra do campo. En calquer outro caso, o xogador debe permanecer dentro do terreo de xogo.
1.10 Un xogador pode agarrar as súas mans para interceptar un saque de falta.

 

REGRA 2 – POSTA EN XOGO

2.1 O árbitro, mirando aos xogadores, comeza o xogo e reinicia o mesmo na segunda parte lanzando a bola entre dous xogadores de cada equipo, debendo estar cada un detrás do outro no seu campo na liña do medio campo. Todos os xogadores deben estar nas súas posicións tras a liña de 45m.
2.2 Despóis dunha falta, o xogo retómase cun saque de falta ou saque neutral no lugar onde aconteceu a falta.

Excepcións:
i) En caso dunha falta cometida por un defensor dentro dunha das áreas, pódese aplicar o seguinte:

– Concederase penalti por unha Falta Agresiva dentro da área grande ou por calquera falta dentro da área pequena. O penalti debe lanzarse dende o chan a unha distancia de 11m.
– Concederase un saque de falta dende o centro da liña de 13m por unha Falta Técnica cometida por un defensor dentro da área grande pero fóra da pequena.

ii) Unha falta cometida por un defensor dentro da súa liña de 13m pero fóra da área grande debe lanzarse dende a liña de 13m á altura de onde se cometeu a falta.
iii) Cando un xogador recibe unha falta imediatamente despóis de xogar a bola e anota, este debe permanecer. En caso contrario, o árbitro debe sinalar saque de falta dende o lugar onde ocorreu ou, se resulta mais vantaxoso, dende onde a bola caia ou saia pola banda. Ca opción de conceder un saque de falta dende onde esta ocorreu, esta regra debe aplicarse nas seguintes circunstancias:

a) Se a bola sae pola liña de fondo, debe outorgarse un saque de falta dende a liña de 13m á altura dende onde saiu.
b) Se a bola cae dentro da liña de 13m do opoñente, debe outorgarse un saque de falta dende a liña de 13m no punto onde esta a cruzou.

iv) Cando se especifique o contrario nas penalizacións descritas na Regra 4 infraccións 14, 15, 16, 17, 18, 19, 20, 27, 28, 29, 30, 31, 32, 35; Regra 5 infraccións 4, 22, 31, 36; Regra 6 infracción 4.
v) Cando o xogo se retoma lanzando a bola tras unha falta entre a liña de fondo e a liña de 20m, o saque debe realizarse dende a liña de 20m á altura onde a falta ocorreu.

Todos os xogadores excepto o que realiza o saque de falta ou os dous que compiten polo balón deben estar polo menos a 13m do mesmo.

2.3 Cando dous xogadores rivais fan falta simultaneamente, o xogo reanúdase cun saque neutral.
2.4 Un lanzamento de penalti debe realizarse dende o chan no punto central a 11m da portería e só o gardameta defensor debe estar na liña de gol. O resto dos xogadores, a excepción do xogador que realiza o lanzamento, deben estar fóra da liña de 20m e do arco, a máis de 13m da bola e non deben cruzar a liña de 20m ou o arco ata que se golpee a bola. O gardameta pode moverse por encima da liña de gol pero non pode saír dela ata que a bola sexa golpeada. Se un defensor realiza unha falta e o lanzamento non resulta en gol, o árbitro pode indicar a repetición do lanzamento.

NOTA: As palabras “pode indicar a repetición” debe interprestarse como que, unha vez o defensor realiza a falta, se o penalti resulta nun punto e non gol, o que tira o penalti pode decidir entre repetir o penalti ou manter o punto anotado.

2.5 Un saque libre, excepto un penalti ou saque dende 45 segundo a Regra 2.8, pode ser sacado dende as mans ou dende o chan. Un xogador que indique o método de saque non pode mudar a súa decisión. A bola debe estar parada cando o saque libre se realice dende o chan.
2.6 Tras o consentimento do árbitro, un saque libre pode realizarse inmediatamente.

Excepcións:
Un penalti e un saque libre concedido na liña de 13m rival.

2.7 a) Cando unha bola é traspasada tras a liña de fondo polo equipo atacante ou tras anotar, o xogo retomase cun saque dende o chan na liña de 13m. Se o gardameta non realiza o saque debe permanecer na área pequena. O resto de xogadores, excepto o que realiza o saque, deben estar por detrás da liña de 20m e a unha distancia de 13m ata que a bola sexa golpeada. O xogador que realiza o saque pode golpear a bola co pé máis dunha vez antes de que ninguén a toque pero non pode collela cas mans. A bola debe viaxar 13m antes de que poda ser xogada por un membro do equipo defensor.
b) O xogador que realiza o saque despóis de sair do campo ou tras anotar, ten a opción de empregar un soporte estándar (cono) aprobado polo Consello Central.
2.8 Cando a bola sae pola liña de fondo tras ser xogada polo equipo defensor, concederase un saque libre dende o chan ao equipo contrario dende a liña de 45m á altura onde saiu a bola.
2.9 Cando a bola traspasa unha liña de banda, concederase un saque libre dende as mans ao equipo contrario dende o lugar onde a bola cruzou a liña. Se dous xogadores de diferentes equipos xogan a bola de forma simultánea, ou o árbitro non sabe qué equipo xogou a última bola, realizarase un saque neutral a 13m da liña de banda. Se a bola golpea unha liña de banda ou o bandeirín de córner debe ser considerado que cruzou a liña de banda. Todos os xogadores excepto o que realiza o saque, ou os que compiten polo saque, deben estar como mínimo a 13m da bola ata que sexa xogada.
2.10 Se, dadas unhas circunstancias especiais, o xogo tivo que ser detido para tratar unha lesión ou retirar un xogador do campo, o xogo retomarase da seguinte forma:

i) Se o equipo está en posesión do balón, o xogo reanudarase cun saque libre dende a posición onde se detivo o xogo, a non ser que fora dentro da liña de 13m rival, que entón se concedería un saque libre na liña de 13m. O saque será indirecto (non se pode anotar dende el).
ii) Se ningún equipo está en posesión do balón, realizarase un saque neutral dende o punto onde se detivo o xogo, atendendo ao especificado nas Excepcións (v) e (vi) da Regra 2.2.

2.11 Se a bola toca calquer persoa non xogadora durante o xogo, este é retomado realizando un saque neutral no lugar afectado, pero se a bola toca calquer non-xogador despóis dun saque libre, débese repetir o saque libre.

Excepción:
i) O descrito na Regra 3.3 (a).
ii) Se un non-xogador (excepto o árbitro) evita que a bola traspase unha liña límite, debe considerarse que a bola cruzou a liña, e o árbitro concederá o que corresponda no seu caso.

2.12 Marca
Cando un xogador captura o balón claramente dende un saque de porta sen que este toque o chan máis alá da liña de 45m, o árbitro outorgaralle unha “marca”. O xogador que teña unha “marca” ten opción de (a) realizar un saque libre ou (b) seguir xogando inmediatamente. Aplicarase o seguinte procedemento:

a) Saque libre
O xogador sinalará ó árbitro se pode proceder co saque libre, e entón realizará o saque libre el mesmo dende a man no punto onde se concedeu a “marca”. Unha vez o xogador indica que quere utilizar a “marca”, o árbitro dará ata 5 segundos ao xogador para realizar o saque. Se o xogador tarda máis, o árbitro cancelará a “marca” e deberase realizar un saque neutral.
Unha vez o xogador indica que quere utilizar a “marca”, os opoñentes deben retroceder 10m para deixar espazo ao xogador para realizar o saque. Se un opoñente bloquea deliberadamente, tenta bloquear ou impide o saque neses 10m, o árbitro penalizará adiantando 13m o saque. Se o árbitro determina que o xogador que fai a “marca” está lesionado e non pode sacar, indicaralle ao compañeiro que ten máis preto que realice el o saque, pero será indirecto (non poderá anotar).

(b) Xogar inmediatamente
i) Nesta circunstancia non se pode competir polo balón en posesión do xogador ata que camiñe 4 pasos, ou conteña o balón o tempo equivalente a dar os 4 pasos, e/ou faga acto de pasar, golpear, botar ou realizar un solo co balón.
ii) Se se compite polo balón ilegalmente, concederase un saque libre ao seu equipo no punto onde se tentou roubar o balón, que pode ser sacado por calquer xogador.

(NOTA: Efectivo a partir de xaneiro de 2017)

 

REGRA 3 – PUNTUACIÓN

3.1 Anótase un gol cando a bola se xoga tras a liña de gol entre os postes e baixo o travesaño por calquer equipo.
Anótase un punto (tanto) cando a bola se xoga por enriba do travesaño entre os dous postes por calquer equipo.
Un gol equivale a tres puntos.
O equipo con máis puntos ao final do partido é o gañador.

Excepcións:
Un xogador do equipo atacante en posesión da bola non pode anotar:
i) transportando a bola tras a liña de gol.
ii) anotar gol cas mans excepto o estabelecido na Regra 1.2 excepción (ii), pero sí pode anotar un punto ca man aberta ou puño.

3.2 Pódese anotar golpeando unha bola aérea cas mans.
3.3 a) Un gol ou punto subirá ao marcador se, na opinió do árbitro, algunha persoa non-xogadora ou o própio árbitro evitou que a bola traspasara a liña de gol.
b) Se os postes ou o travesaño se deslocan durante o xogo, o árbitro deberá conceder a puntuación que considere debería ter sido válida se o elemento afectado non estivese movido.
3.4 Se un xogador defensor xoga a bola na súa propia área de puntuación, deberá subir ao marcador a respectiva puntuación.
3.5 Non se pode anotar directamente dende un saque libre nas seguintes circunstancias:

a) Un saque libre concedido baixo a Regra 2.10 (i)
b) Un saque libre concedido a unha “marca” e sacada por un xogador diferente ó que se lle concedeu a “marca”.

(NOTA: A circunstancia (b) será efectiva a partir de xaneiro de 2017)

 

REGRA 4 – FALTAS TÉCNICAS

4.1 Correr ou reter a bola máis do permitido.
4.2 a) Lanzar a bola (sen golpeala).
b) Realizar un pase cas mans sen intención definida.
4.3 Levantar a bola do chan cos xeonllos.
4.4 Deitarse sobre a bola.
4.5 Tocar ca man a bola no chan, excepto o descrito na Regra 1.2.
4.6 Botar a bola máis dunha vez consecutiva despóis de collela.
4.7 Xogar a bola cas mans e volvela coller antes de que toque o chan, outro xogador ou un poste.
4.8 Arrebatar (agarrando) a bola dun opoñente que a capturou (ten que golpearse).
4.9 Para un xogador atacante, entrar na área pequena:

a) Co xogo activo antes de que o balón se xogue hacia dentro da área.
b) Dende un saque de falta ou de banda, antes de que o balón entre na área pequena.

Excepción:
i) Se un xogador atacante entra de forma legal na área pequena, e a bola é xogada fóra desa área pero é devolta antes de que o xogador teña tempo de deixar a área, sempre e cando dito xogador non xogue a bola ou interfira na defesa, non se considera falta.
ii) Cando se anota un punto dende fóra da área pequena e a bola está suficientemente alta como para estar fóra do alcance de todos os xogadores, o punto será válido aínda que existise a presenza dun xogador atacante na área pequena antes da bola, sempre e cando o xogador non interfira ca defesa.

4.10 a) Cambiar a bola dunha man a outra, sen que a man orixinal teña contacto ca bola ata que se remate o cambio.
b) Cambiar a bola dunha man a outra máis dunha vez sen que antes se bote ou se faga o solo.
4.11 a) Para un xogador do equipo que realiza un saque libre ou de banda, estar a menos de 13m da bola antes de que esta sexa golpeada.
b) Para un xogador do equipo que lanza un penalti, estar dentro da liña de 20m ou do arco antes de que se golpee a bola.
4.12 Para un xogador atacante, cruzar a liña de gol con ela en posesión.
4.13 Para un xogador atacante en posesión da bola, anotar un gol cas mans ou un punto ca man aberta, excepto o descrito na Regra 1.2 excepción (ii).
Penalización para as faltas anteriores:
Saque libre dende onde se cometeu a falta excepto o previsto nas excepcións da Regra 2.2.
4.14 Estar dentro da liña de 20m do opoñente antes do saque inicial.
Penalización para as faltas anteriores:
Saque libre dende a liña de 20m do equipo defensor á altura onde se cometeu a falta.
4.15 Cando se está na área pequena, estar a menos de 13m do saque libre do opoñente.
Penalización para as faltas anteriores:
Penalti.
4.16 a) Para un xogador defensor dun penalti, excepto o gardameta, estar dentro da liña de 20m ou do arco antes de que se realize o lanzamento.
b) Para o gardameta defensor dun penalti, adiantarse da liña de gol antes de que se realice o lanzamento.
Penalización para as faltas anteriores:
Se non se anota o gol, o árbitro mandará repetir o lanzamento (ver Regra 2.4).
4.17 a) Para un xogador contrario, estar a menos de 13m da bola antes de que se efectue un saque libre ou de banda.
b) En caso dun saque libre concedido a causa dunha “marca”, para un opoñente non retroceder 10m, bloquear deliberadamente o saque dentro deses 10m ou impedir o saque.
c) En caso dun xogador cunha “marca” concedida que opta por seguir xogando, para un opoñente competir polo balón antes de que o xogador en posesión do mesmo camiñe 4 pasos, reteña o balón o tempo equivalente a dar 4 pasos, golpee, pase, bote ou faga o solo co balón.

NOTA: As seccións (b) e (c) serán efectivas a parir de xaneiro de 2017.

Penalización para as faltas anteriores:
Para os casos (a) e (b), saque libre 13m mais vantaxosos que o lugar orixinal, ata a liña de 13m do opoñente.
No caso (c), saque libre no punto onde se competiu polo balón. O saque pode realizalo calquer xogador.
4.18 Recuar o saque libre ou de banda dun opoñente desprazando a bola, retendoa ou non retroceder para permitir un saque rápido.
4.19 Interferir cun xogador que está realizando un saque libre ou de banda saltando arriba e abaixo, axitando as mans ou qualquer outra interferencia física ou verbal que o árbitro considere que está orientada a distraer ao xogador que realiza o saque.

Excepción:
Un xogador erguendo as suas mans agarradas non se considera unha interferencia.

Penalización para as faltas anteriores:
Saque libre 13m máis vantaxosos que o lugar orixinal, ata a liña de 13m do opoñente.
4.20 Para un xogador contrario, estar a menos de 13m antes do saque de porta.
Penalización para as faltas anteriores:
Saque libre 13m máis vantaxosos que o lugar orixinal.
4.21 Recolocar a bola para un saque de porta, saque libre ou penalti dende o chan, sen permiso do árbitro, despóis de que soase o pitido para realizar o saque ou lanzamento de penalti.
4.22 Xogar a bola de novo tras realizar un saque libre, de banda ou penalti antes de que o toque outro xogador, a non ser que a bola golpee contra un poste ou o travesaño.
4.23 Facer un burato no chan co propósito de acomodar a bola para un saque libre ou de porta.
4.24 a) Avanzar a bola deliberadamente dende o lugar onde se sinalou un saque libre ou de banda.
b) Realizar o saque de banda dende dentro do campo.
4.25 Perder tempo adiando un saque libre ou de banda concedido ao seu propio equipo.
Penalización para as faltas anteriores:
i) Cancelar o saque libre ou de banda.
ii) Saque neutral onde ocorreu a falta excepto o descrito nas Excepcións (v) e (vi) da Regra 2.2.
4.26 Empregar un soporte ilegalmente.
Penalización para as faltas anteriores:
i) Desautorizar qualquer anotación posterior.
ii)Saque neutral onde ocorreu a falta excepto o descrito nas Excepcións (v) e (vi) da Regra 2.2.
4.27 Para un xogador que realiza o saque de porta, levantar a bola cara as súas mans antes de que o toque ningún outro xogador.
4.28 Estar dentro da propria liña de 20m cando o seu propio equipo realiza o saque de porta, excepto o previsto na Regra 2.7.
4.29 Para un xogador no equipo que realiza o saque de porta tras sair a bola de fondo, tocar a bola antes de que viaxe 13m.
4.30 Para un xogador no equipo que realiza o saque de porta tras un gol ou punto, excepto o xogador realizando o saque, estar a menos de 13m da bola cando se golpea.
4.31 Perder tempo adiando o propio saque de porta.
4.32 Realizar o saque de porta dende outro lado que non sexa a liña de 13m.
Penalización para as faltas anteriores:
i) Cancelar o saque.
ii)Saque neutral dende a liña de 20m do equipo defensora á altura da porta.
4.33 Dous xogadores de equipos diferentes realizan falta simultaneamente.
Penalización para as faltas anteriores:
Lanzar a bola dende onde ocorreu a falta excepto o descrito na excepción (v) da Regra 2.2.
4.34 Saírse das liñas límite do campo para gañar vantaxe excepto o descrito na Regra 1.9.
Penalización para as faltas anteriores:
Saque libre dende onde ocorreu a falta.
4.35 Interferir nos postes para distraer aos opoñentes ou gañar vantaxe.
Penalización para as faltas anteriores:
Advertir ao infractor, expulsar tras a segunda falta advertible.
4.36 Cando un equipo comete unha falta, o árbitro pode permitir que continue o xogo se considera que é mais vantaxoso para o equipo contrario. Sinalarao levantando o brazo ata 5 segundos tras a falta, ou menos tempo se resulta claro que non se produciu ningunha vantaxe. Se non se produce ningunha vantaxe, o árbitro poderá conceder un saque libre no punto onde ocurriu a falta, agás o especificado nas Excepcións (v) e (vi) da Regra 2.2. Pode tomar as medidas disciplinares pertinentes.

 

REGRA 5 – FALTAS AGRESIVAS

Nos seguintes compoñentes desta Regra, existen referencias a infraccións penalizadas con Advertencia (tarxeta amarela) ou Expulsión (tarxeta vermella). Amosarase tarxeta só cando o árbitro interprete que a acción foi deliberada e non accidental.

Infraccións de Categoría 1
Definición: Ser expulsado a causa dunha segunda Advertencia (tarxeta amarela) ou dunha Infracción por Comportamento Cínico (tarxeta negra).

Categoría 1
5.1 Bloquear ou tentar bloquear co pé cando un opoñente golpea o balón dende as mans.
5.2 Impedir ou tratar de impedir que un opoñente levante ou golpee o balón dende o chan, golpeándoo nas mans, brazos, pés ou pernas co propio pé.
5.3 Practicar calquera outra forma de xogo duro.
Penalización para as faltas anteriores:
i) Advertir ao infractor, expulsar á segunda falta advertible.
ii) Saque libre dende onde ocorreu a falta, excepto o descrito nas Excepcións da Regra 2.2.
5.4 Tentar gañar vantaxe finxindo unha falta ou lesión.
Penalización para as faltas anteriores:
i) Advertir ao infractor, expulsar á segunda falta advertible.
ii) Se o xogo foi detido, reanudalo dende o punto onde ocorreu a falta, excepto o descrito nas Excepcións da Regra 2.2.
5.5 Agarrar a un opoñente cas mans.
5.6 Empregar o puño contra ou arredor do corpo dun opoñente co propósito de roubarlle a bola.
5.7 a) Cargar contra un opoñente nas costas ou de frente.
b) Cargar contra un opoñente que:
i) non estea en posesión da bola,
ii) estea a punto de golpear a bola, ou
iii) ambos xogadores non estén movéndose en dirección á bola para xogala
c) Cargar contra un opoñente co propósito de darlle vantaxe a un compañeiro de equipo.
Penalización para as faltas anteriores:
i) Saque libre dende onde aconteceu a falta, agás o descrito nas Excepcións da Regra 2.2.
ii) Apercibir ao infractor por realizar algunha destas faltas unha segunda vez. Expulsar por repetición ou por outra falta apercibible.
5.8 Empurrar a un opoñente cas mans.
5.9 a) Cargar (de calquera maneira non permitida) contra o gardameta na área pequena.
b) Para un xogador en posesión da bola, cargar contra un opoñente.
Penalización para as faltas anteriores:
i) Saque libre dende onde aconteceu a falta, agás o descrito nas excepcións da Regra 2.2.
ii) Apercibir ao infractor se persiste realizando estas faltas. Expulsar por repetición ou por outra falta apercibible.
Categoría 2 – Comportamento Cínico
5.10 Lanzar a un opoñente contra o chan.
5.11 Facer a cambadela a un opoñente con mans ou pés.
5.12 Colisionar deliberadamente cun opoñente despois de que este xogase o balón ou co propósito de sacalo da xogada.
5.13 Ameazar ou empregar linguaxe ou xestos abusivos ou provocadores a un oficial.
Penalización para as faltas anteriores:
i) Expulsar amosando unha tarxeta negra.
ii) Permitir unha sustitución segundo a Regra 2.4 das Regras de Especificación.
iii) Saque libre dende ocurriu a falta.
5.14 Ameazar ou empregar linguaxe ou xestos abusivos ou provocadores a un opoñente ou compañeiro de equipo.
Penalización para as faltas anteriores:
i) Expulsar amosando unha tarxeta negra.
ii) Permitir unha sustitución segundo a Regra 2.4 das Regras de Especificación.
iii) Cando un opoñente está involucrado: saque libre dende ocurriu a falta. Cando un compañeiro está involucrado: saque neutral excepto no sinalado nas Excepcións (v) e (vi) da Regra 2.2.
Categoría 3
5.15 Golpear ou tentar golpear a un opoñente cas mans, cóbados, brazos ou xeonllos.
5.16 Golpear ou tentar golpear co pé ca mínima forza.
5.17 Comportarse dun xeito que resulte perigoso para o opoñente.
5.18 Cuspir a un opoñente.
5.19 Contribuír nunha refrega.
5.20 Ameazar ou empregar linguaxe ou xestos abusivos ou provocadores a un colexiado.
Penalización para as faltas anteriores:
i) Expulsar ao infractor.
ii) Saque libre dende onde ocorreu a falta excepto o descrito nas Excepcións da Regra 2.2.
5.21 Cometer as faltas 5.15 a 5.18 contra un compañeiro de equipo.
Penalización para as faltas anteriores:
i) Expulsar ao infractor.
ii)Saque neutral ó aire no punto onde ocorreu a falta excepto o descrito nas Excepcións (v) e (vi) da Regra 2.2.
5.22 Cometer as faltas 5.15 a 5.18 antes de que comece ou se reanude o xogo.
Penalización para as faltas anteriores:
Considerar ao infractor como expulsado, non puidendo participar no xogo.
NOTA: Unha vez o árbitro recibiu a lista de xogadores que inclúe ao infractor, o xogador non pode ser substituído.
Categoría 4
5.23 Golpear ou tentar golpear a un opoñente ca cabeza.
5.24 Golpear a un opoñente causando unha lesión.
5.25 Tentar golpear a un opoñente con forza.
5.26 Pisar a un opoñente.
5.27 Provocar unha lesión nun opoñente mediante outros métodos diferentes aos anteriores.
5.28 Asaltar a un oficial contrario.
5.29 Actuar, de forma escrita, verbal ou xestual, dun xeito racista, sectario, segregacionista contra un opoñente.
Penalización para as faltas anteriores:
i) Expulsar ao infractor.
ii) Saque libre dende onde ocorreu a falta excepto o descrito nas Excepcións da Regra 2.2.
5.30 Cometer as faltas 5.23 a 5.27 contra un compañeiro de equipo.
Penalización para as faltas anteriores:
i) Expulsar ao infractor.
ii) Saque neutral ao aire no punto onde ocorreu a falta, agás o descrito nas Excepcións (v) e (vi) da Regra 2.2.
5.31 Cometer as faltas 5.23 a 5.27 antes de que comece ou se reanude o xogo.
Penalización para as faltas anteriores:
Considerar ao infractor como expulsado, non puidendo participar no xogo.
NOTA: Unha vez o árbitro recibiu a lista de xogadores que inclúe ao infractor, o xogador non pode se substituído.
Categoría 5
5.32 Interferir físicamente cun colexiado.
5.33 Empregar linguaxe ameazante contra un colexiado.
5.34 Ter unha conducta ameazante ou abusiva contra un colexiado.
Penalización para as faltas anteriores:
i) Expulsar ao infractor.
ii) Saque libre dende onde ocorreu a falta excepto o descrito nas Excepcións da Regra 2.2.
Categoría 6
5.35 Golpear ou tentar golpear a un colexiado.
Penalización para as faltas anteriores:
i) Expulsar ao infractor.
ii) Saque libre dende onde ocorreu a falta excepto o descrito nas Excepcións da Regra 2.2.
Outras
5.36 Para un xogador, tomar represalias cando se concede un saque libre ó seu equipo.
Penalización para as faltas anteriores:
i) Cancelar o saque.
ii)Saque neutral ao aire no punto onde ocorreu a falta, agás o descrito nas Excepcións (v) e (vi) da Regra 2.2.
iii) Aplicar calquera outra penalización relevante da Regra 5.
5.37 Para un xogador de cada equipo que realizan falta simultaneamente.
Penalización para as faltas anteriores:
i) Saque neutral ó aire no punto onde ocorreu a falta, agás o descrito nas Excepcións (v) e (vi) da Regra 2.2.
ii) Aplicar calquera outra penalización relevante da Regra 5.
5.38 Cando un xuíz de liña comunica unha falta agresiva ó árbitro, este poderá aplicar a penalización axeitada, segundo a Regra 5, e retomar o xogo segundo a Regra 2.
5.39 Cando un equipo comete unha falta, o árbitro pode permitir que continue o xogo se considera que é mais vantaxoso para o equipo contrario. Sinalarao levantando o brazo ata 5 segundos tras a falta, ou menos tempo se resulta claro que non se produciu ningunha vantaxe. Se non se produce ningunha vantaxe, o árbitro poderá conceder un saque libre no punto onde ocurriu a falta, agás o especificado nas Excepcións (v) e (vi) da Regra 2.2. Pode tomar as medidas disciplinares pertinentes.

A modo informativo

As suspensións polas infraccións anteriores están gobernadas pola Regra 7.2 (da Official Guide Part 1).

 

REGRA 6 – DESACORDOS

6.1 Retar á autoridade ou a un oficial.
Penalización para as faltas anteriores:
Apercibir ao infractor, expulsar tras a segunda falta apercebida.
6.2 Non cumprir cas instruccións do árbitro con respecto ao uso de protector bucal.
Penalización para as faltas anteriores:
Aperceber ao infractor, expulsar se continúa sen facer caso.
6.2 Negarse a deixar o terreo de xogo, ordeado por un árbitro tras unha lesión que implique sangue.
Penalización para as faltas anteriores:
Apercebir ao infractor, expulsar se continúa sen facer caso.
6.3 Amosar desacordo ca decisión do árbitro de conceder un saque libre ao equipo contrario.
Penalización para as faltas anteriores:
Conceder o saque libre 13m máis vantaxosos que a posición orixinal, ata a liña de 13m rival.
Continuar amosando desacordo pode considerarse o incumprimento da Regra 6.1 e debe penalizarse como tal.
6.4 a) Negarse a deixar o terreo de xogo unha vez expulsado.
b) Volver a entrar no xogo tras ter sido expulsado.
Procedemento
Dar un aviso de tres minutos ao capitán do equipo, ao oficial a cargo do equipo ou aos xogadores afectados e, se segue negándose, finalizar o xogo.
6.5 Que un equipo deixe o terreo de xogo sen o permiso do árbitro ou se negue a continuar xogando.
Procedemento
Igual que na regra 6.4.
Calquera xogador que desexe seguir xogando debe dar o seu nome ao árbitro.

 

DEFINICIÓN DE TERMOS

Adiar Tomarse de forma deliberada demasiado tempo para recoller o balón, para reanudar o xogo, ou calquera outra acción que retrase a reanudación do xogo.
Advertir Recoller o nome do xogador e amosarlle un cartón amarelo.
Arrebatar o balón Tentar desposuír do balón a un opoñente que o ten firmemente agarrado, simplemente agarrando o balón e quitándollo.
Botar Para un xogador que capturou o balón, xogalo contra o chan empregando as mans e volvéndoo coller cas mans.
Cargar Tendo polo menos un pé contra o chan, un xogador pode face unha carga ombreiro contra ombreiro contra un opoñente que:

a) está en posesión do balón,
b) que está xogando o balón, salvo o golpeo co pé,ou
c) os dous xogadores estanse movendo en dirección ao balón ca intención de xogalo.

Cartón amarelo O cartón amosado a un xogador por unha Infracción Advertible.
Cartón negro O cartón amosado aun xogador que é expulsado por unha Infracción por Conducta Cínica, segundo o expresado na Regra 5.
Cartón vermello O cartón amosado a un xogador que é expulsado polas faltas 5.15 a 5.34, segundo o expresado na Regra 5, ou por un segundo cartón amarelo ou por un cartón amarelo seguido dun negro.
Capturar (o balón) Gañar control sobre o balón cas mans, evitando que este caia ao chan.
Entrar (tackle) Trátase dunha habilidade mediante a cal un ou varios xogadores poden desposuír ó opoñente do balón ou frustrar o seu ebxectivo, dentro das Regras de Xogo Limpo. Está orientado ao balón, non ó xogador. O xogador que fai a entrada pode usar o seu corpo para confrontar ao seu opoñente pero o contacto deliberado do tipo puñetazo, bofetada, agarrar do brazo, empurrar, agarrar da camiseta ou carga frontal están totalmente prohibidas. O único contacto físico deliberado que está permitido é a carga ombreiro contra ombreiro.
Falta – Agresiva: Abusar física ou verbalmente dun xogador ou oficial.
– Desencontro: Expresar abertamente o desacordo cunha decisión do colexiado.
– Técnica: Calquera outra falta que non sexa Agresiva ou de Desencontro.
Lanzar o balón Cando un xogador, en posesión do balón, xoga o balón sen golpealo.
Levantar/picar Empregar o pé ou pés para alzar o balón do chan cara as mans.
Marca Capturar o balón claramente dende un saque de porta sen que o balón toque o chan, pasando da liña de 45m máis cercada.
(Nota: A “marca” será efectiva a partir de xaneiro de 2017)
Montículo Elevación formada pola superficie do terreo de xogo co propósito de elevar o balón do chan.
No aire O balón considérase no aire cando foi xogado e non está no chan.
Pasar ca man Cando un xogador ten a posesión do balón, pode xogala con outros empregando:

i) o puño
ii) a man aberta, en cuxo caso debe existir unha intención clara de golpeo

A man que golpea o balón non pode estar en contacto co balón antes de realizar o golpeo. Cando o balón está suxeito con ambas máns, pode golpearse da man que o suxeita empregando a outra. Cando o balón está suxeito só cunha man, pode soltarse e golpear ca mesma man. Neste proceso, soltar o balón da man considerase parte do proceso de pase.

Retención Manter o balón nas mans durante máis tempo equivalente a dar 4 pasos.
Saque de banda (sideline kick) Cando o balón traspasa unha das bandas laterais, concederase un saque de banda. O balón deberá golpearse co pé dende as mans, permanecendo o lanzador sempre fóra do campo.
Saque de portería/fondo (kick-out) Cando o balón traspasa a liña de fondo, sendo xogado por un atacante, concederase un saque de portería. O balón deberá golpearse directamente dende o chan, na propia liña de 13m.
Saque de 45m Cando o balón traspasa a liña de fondo, sendo xogado por un defensor, concederase un saque de 45m. O balón deberá golpearse directamente dende o chan, dende a liña de 45m rival.
Saque libre (free kick) Cando se comete unha falta, concederase un saque libre ao equipo que sofre a infracción. Deberá golpearse co pé (dende as mans ou dende o chan).
Saque neutral (throw-in) Lanzar o balón por enriba das cabezas dun xogador de cada equipo. No saque inicial de cada parte, poden estar dous xogadores de cada equipo.
Sobrecondución (pasos) Dar máis de 4 pasos co balón nas mans, se botar ou facer o solo.
Solo (toe-tap) Soltar o balón das mans cara o pé, golpealo e volver agarralo cas mans.
Xogar o balón Tocar o balón. O derradeiro xogador en tocar o balón antes de que cruce unha liña delimitadora será considerado como o derradeiro xogador en telo xogado.