Competicións 2017/18

Na tempada 2017/18 desputaranse a nivel galego a competición de Liga Galega. O campionato ibérico volverá a desputarse co formato do 2017.

 

Liga Galega

Podes consultar o calendario completo nesta páxina.

Liga feminina

Formato de liga: Ida e volta. Equipos participantes:

  • Fillas de Breogán
  • Pontevedra
  • Herdeiras de Dhais
  • Irmandinhas
  • Estrela Vermelha
  • Auriense
  • Ártabras
  • Keltoi

Liga masculina

Formato de liga: Primeira volta todas contra todas. A segunda volta partirase en dúas “divisións”: os 6 primeiros competirán polos postos 1º-6º e os restantes 5 polos postos 7º-11º.

  • Irmandinhos
  • Fillos de Breogán
  • Estrela Vermelha
  • Herdeiros de Dhais
  • Auriense
  • Ártabros
  • Dorna
  • Keltoi
  • Cambados
  • Braithreachas
  • Terras do Eume

 

Campionato ibérico

O campionato ibérico desputarase co mesmo formato que no ano 2017, realizándose unha serie de campionatos “rexionais” que clasificarán para a final ibérica (pendente de data definitiva). O reparto de clubes por rexión que participarán na final é o seguinte:

  • Galicia: 4 equipos femininos e 3 equipos masculinos
  • Centro-Este: 2 equipos femininos e 2 equipos masculinos
  • Sur: 1 equipo masculino