Turonia Gondomar F.G.

Datos do club

  • Nome: Turonia Gondomar F.G.
  • Localidade: Gondomar (Val Minhor, Pontevedra)
  • Fundación: 2018
  • Tempada debut: 2018/19
  • Equipos: Masculino e feminino

Contacto

Adestramentos e partidos

Adestramentos (agosto)

Praia de Lourido ou monte (https://goo.gl/maps/7Brr2kCfnQn), confirmar co club.

Luns: 20:00 – 22:00
Martes: 20:00 – 22:00
Xoves: 20:00 – 22:00

Adestramentos (a partir de setembro)

Campo: Campo de Chaín

Luns: 21:00 – 23:00
Mércores: 21:00 – 23:00

Partidos (horario habitual, pode variar)

Campo: Campo de Chaín ou Campo de Gaíandas

Sábado pola mañán ou domingos pola tarde (pendente confirmar).

Historia

O Turonia Gondomar FG nace da man de ex-xogador@s do clube veciño Keltoi Vigo GAC e que dun xeito ou doutro tiñan un vencello con Gondomar. No pensamento dun dos gondomareses sempre estivera presente a necesidade de fundar un clube gaélico na comarca do Val Minhor. Alén diso, as ciscunstancias para a fundación estiveron sempre marcadas pola sorte e polo traballo intenso dunha directiva infatigábel e comprometida. Con todo isto, podemos asegurar que a historia do noso clube é curta mais intensa. O interese que pronto se demostrou entre os rapaces e rapazas do Val Minhor foi espectacular, e en apenas dous meses logo de comezar os adestramentos en Gondomar, a grande afluencia de futbolistas gaélic@s, obrigounos a ser valentes e lanzarnos para adiante. Foi por todo isto que puidemos inscribir dous equipos na Liga Galega de Fútbol Gaélico, un feminino e outro masculino. Na nosa comarca Minhorá o deporte sempre prendeu forte, e desta volta o fútbol gaélico chegou para quedarse. Temos a certeza de que esta historia turoniá ten ainda muitas liñas por escribir e que na estrea na Liga Galega habemos dar muito que falar.

Verbo da escolla do noso NOME, Turonia, dicir que ven do antigo señorio no que se incluía a nosa comarca do Val Minhor. Muito mais ampla, abranguía basicamente as actuais terras surocidentais galegas: desde o río Veduxo no norte ao Minho no sur, e desde Entenza ao leste ao oceano Atlántico ao oeste. Desde o século V este primordial señorio feudal da Terra de Turonio estivo presente na memoria da nosa xente até ben entrado o século XV, decaindo o seu uso até os nosos días e voltando actualmente renacer en múltiples nomenclaturas e recoñecementos. A Terra de Turonio facía referencia ao territorio daquel señor e a Turonia ao lugar do seu asentamento, ao seu castelo, a súa fortaleza… Emporiso o noso equipo gaélico quer relembrar e honrar aquela forza antiga e do sur que foi a fortaleza de Turonia. Lugar de refuxio e encontro dos turoniáns e turoniás.

Para as nosas CORES a inspiración topámola na egrexia mole petrea da Serra do Galinheiro, que desde calquera punto da nosa comarca é inevitábel divisar GRIS e poderosa. O AZUL do noso T turonián, que levamos fachendosos no peito, é o da nosa bandeira e ceo azul – case sempre así nestas latitudes galaico-atlántico-tropicais -. E o DOURADO que requinta e enmarca o grisazulado non é mais que o do sol que inza de vida estas terras luminosas.

O noso ESCUDO case ficou explicado con toda esta historia, porén non está de mais comentar que unha bola de Fútbol Gaélico voa por riba da silueta da Serra do Galinheiro que apunta a un ceo azul. Por embaixo da milenária Ponte da Ramallosa – onde se unen os trés concellos minhoráns: Baiona, Nigrán e Gondomar – descorre o Rio Minhor, pequeno e rápido en chegar ao mar, mais quen de labrar este fermoso Val Minhor.

Palmarés

Primeira participación na tempada 2018/19.