Estrela Vermelha

Nome: Estrela Vermelha
Localidade: Santiago de Compostela
Fundación: 1997
Inscrición á AGFG: 2013Equipos: Masculino e femino
Campo de referencia: Campo das CancelasEmail: e.vermelha@hotmail.com
Web: https://facebook.com/estrela.vermelha.71/

Historia

Estrela Vermelha nace no ano 1997 como clube de fútbol británico no barrio compostelano de Fontiñas. Ao comezo era coñecido como “Independente das Fontiñas”, aínda que ao pouco cambiaría o seu nome a Estrela Vermelha.

Varios anos despóis, en agosto de 2013, o clube sufre unha profunda transformación e comeza a competir nun deporte en auxe en Galicia: o fútbol gaélico. O obxectivo era comezar competindo na liga galega masculina na tempada 2013/14, convertíndose á postre campión de Liga e Copa no seu primeiro ano de vida. Ese mesmo ano, o clube acabou subcampión da ronda do Campionato Ibérico que se celebrou en A Coruña, consolidándose como “equipo revelación” do ano.

O seguinte ano vería a creación do equipo feminino, que acadaría un meritorio terceiro posto en liga e o subcampionato en copa, organizada ese ano polo clube compostelán en Teo o 20 de xuño.

Palmarés

Palmarés feminino

Liga Galega 3º posto (2015, 2016)
5º posto (2017)
Copa Galega Subcampión (2015)
4º posto (2016)
6º posto (2017)
Copa Asociación Cuartos final (2016)

Palmarés masculino

Liga Galega Campión (2014, 2015, 2016)
3º posto (2017)
Copa Galega Campión (2014, 2015, 2016)
3º posto (2017)
Copa Asociación Subcampión (2016)