Auriense

Datos do club

  • Nome: Ourense Gaels (nome do equipo: Auriense F.G.)
  • Localidade: Ourense (Ourense)
  • Fundación: 2014
  • Tempada debut: 2014/15
  • Equipos: Masculino e feminino

Contacto

Adestramentos e partidos

Campo: Pistas Polideportivas Campus de Ourense

Adestramentos (pretempada)

Luns: 20:00
Mércores: 20:00

Partidos (horario habitual, pode variar)

Domingo 16:00

Historia

Auriense FG é o clube de fútbol gaélico representativo da cidade de Ourense. Foi fundado no ano 2014 e conta con equipos na categoría feminina e masculina. Dende o ano 2016 conta cunha Escola Deportiva Universitaria.

Auriense FG naceu en 2014 por mor da iniciativa dun grupo de xogadoras e xogadores de Afiadoras, clube da liga mixta que xunto con Auriense FG conforma a asociación Ourense Gaels, encargada de promover o fútbol gaélico na cidade, así como todo tipo de eventos deportivos relacionados con este deporte.

O primeiro equipo en liza foi o feminino, que comezou a competir con tan só catro xogadoras, co paso do tempo fóronse unindo máis rapazas o proxecto, cabe destacar que foi o primeiro clube que comezou a súa andadura co equipo feminino. O punto culminante foi a creación do equipo masculino un ano despois, na tempada 2015-2016.

Actualmente o clube segue a medrar e conta cunha Escola Deportiva Universitaria ca que se pretende dar a coñecer ás rapazas e rapaces da cidade o fútbol gaélico e os seus valores.

Palmarés

Palmarés feminino

Liga Galega 4º posto (2018)
6º posto (2016, 2017)
7º posto (2015)
Copa Galega 3º posto (2015*)
4º posto (2018)
5º posto (2016, 2017)
*Combinado Auriense+Mecas
Copa Asociación Cuartos final (2016)

Palmarés masculino

Liga Galega 5º posto prim. div. (2018)
Subcampión seg. div. (2017)
6º posto seg. div. (2016)
Copa Galega 4º posto (2017)
5º posto (2016)
6º posto (2015)
7º posto (2018)
Copa Asociación Oitavos final (2016)