Crónica xornada 06: Herdeiras de Dhais e Estrela Vermelha seguen sen fallar e mostran o seu dominio na liga feminina

Máis unha xornada de competición a xogada esta pasada fin de semana e xa van 6 de Liga Galega de Fútbol Gaélico, correspondéndose coa terceira da fase feminina. Nesta categoría, Herdeiras de Dhais e Estrela Vermelha consolidan o seu dominio e marchan primeiras e segundas da clasificación igualandas a puntos e…

Ler máis

Cursos oficiais de adestrador de fútbol gaélico

A Asociación Galega de Fútbol Gaélico organiza esta fin de semana na Estrada un novo curso de adestradores/as co obxectivo de seguir formando novo persoal técnico e así continuar incrementando o nivel dos equipos galegos e potenciando o noso deporte. Máis de 30 persoas daranse cita no pavillón de Figueroa…

Ler máis

Crónica xornada 05: Irmandinhos vence no clásico galego masculino e faise co liderato, mentres Herdeiras e Estrela non ceden na liga feminina

Disputada unha nova fin de semana de competición na Liga Galega de Fútbol Gaélico con 7 encontros en liza entre a liga masculina e feminina, a xornada 5 trouxo consigo un dos grandes clásicos galegos co Estrela – Irmandinhos e o liderato en xogo. O encontro de rivalidade caeu finalmente…

Ler máis

Master class de gaélico feminino en Barcelona

Hoxe foi un día moi importante para o Gaélico Galego feminino no plano formativo e de aprendizaxe. Trece representantes dos nosos cubs participaron na sesión de adestramentos, organizada en Barcelona por Barcelona Gaels, dirixida pola 3 veces campioa do All-Ireland con Monaghan Ladies Gaelic: Niamh Kindlon. Sen dúbida, unha gran…

Ler máis

A Asociación renova a súa imaxe

Durante o acto de presentación da tempada 2018/19, que tivo lugar en Compostela o pasado sábado 15 de setembro, a Asociación Galega de Fútbol Gaélico deu a coñecer a que será a nova imaxe corporativa da entidade. O cambio é notable e ambicioso, actualizando a imaxe aos nosos tempos, tendo…

Ler máis