A Asociación

Quen somos?

A Asociación Galega de Fútbol Gaélico é o organismo regulador oficial do fútbol gaélico en Galicia, dende a súa aprobación oficial na convención Europea dos deportes gaélicos en decembro de 2013, o cal nos garante de carácter oficial internacional recoñecido polo máximo órgano, a Gaelic Athletic Asociation (GAA).

Representantes dos clubes, ano 2014

Que é o que facemos?

O traballo que realizamos resúmese nos puntos seguintes:

  • Organización anual das competicións galegas de fútbol gaélico (Liga, Copa, etc.), tanto en modalidade feminina como masculina.
  • Xestión da Selección Galega de Fútbol Gaélico, tanto feminina como masculina. Ambas seleccións participaron e acadaron posicións de podio nos I e II Xogos Mundiais Gaélicos, nos anos 2015 (Abu Dhabi) e 2016 (Dublín) respectivamente.
  • Organización de eventos deportivos asociados ao fútbol gaélico e outros formatos de competición: eventos de difusión do deporte, formación continua de adestradores, árbitros, etc.
  • Promoción do deporte en Galicia en varios estratos: impartición de actividades formativas de base, promoción do deporte feminino e difusión dos valores deportivos.

Que é o fútbol gaélico?

Date unha volta por esta páxina e explicámosche todo!

Corpo de goberno

Xunta directiva

  • Presidente: Ángel Negrete Tuñas
  • Vice-presidente: Diego Fernández Meijide
  • Secretaria: María Victoria Benavides Rodríguez
  • Tesoureiro: Martín Fernández García
  • Vogal: David Fernández Lago
  • Vogal: Antonio Reino Vela
  • Vogal: Andrea Piñeiro Punete

Comités

  • Comunicación: Diego Fernández Meijide
  • Competición: Carmen Fernández Traseira
  • Arbitraxe: Anxo López Vale
  • Adestradores: Pablo Da Silva Rocha
  • Seleccións Galegas: Alexandre Sanmartín Costa
  • Deporte base: David Fernández Lago
  • Football Officer: Marcos Gañete Picáns