Crónica xornada 18: Elas continúan coa racha mentres eles pinchan

O líder da competición masculina Sénior, Irmandinhos da Estrada, cede a súa imbatibilidade desta tempada no seu desprazamento á Coruña para medirse ao Fillos de Breogán nun dos clásicos do gaélico galego. Sen embargo, o seu perseguidor inmediato, o Estrela Vermelha, desaprobeita a oportunidade ao empatar co Auriense.

Na fase Plate, Herdeiros imponse con claridade ao Cambados, mentres que na Shield as victorias locáis de Braithreachas e Dorna sobre Turonia e Estrela Gaels respectivamente aupan a estes ás primeiras posicións da súa división.

Na competición feminina, Herdeiras e Estrela Vermelha seguen sen ceder na súa pugna particular polo título, encadeando novas victorias ante Turonia e Auriense respectivamente. Pola súa parte, Fillas impúxose nun partido frenético ás Irmandinhas, recuperando a terceira praza na clasificación.

RESULTADOS

Feminino

  • Fillas de Breogán 2-17 (23) vs Irmandinhas 3-12 (21)
  • Auriense 4-07 (19) vs Estrela Vermelha 10-16 (46)
  • Herdeiras de Dhais 2-18 (24) vs Turonia 2-10 (16)

Masculino

  • Auriense 3-10 (19) vs Estrela Vermelha 2-13 (19)
  • Fillos de Breogán 5-12 (27) vs Irmandinhos 6-08 (26)
  • Herdeiros de Dhais 17-13 (64) vs Cambados 3-07 (16)
  • Braithreachas 4-11 (23) vs Turonia 3-09 (18)
  • Dorna 6-13 (31) vs Estrela Gaels 4-09 (21)

PRÓXIMA XORNADA (30-31 marzo)

Feminino

  • Irmandinhas vs Estrela Vermelha
  • Keltoi vs Herdeiras de Dhais
  • Auriense vs Fillas de Breogán

Masculino

  • Irmandinhos vs Estrela Vermelha
  • Auriense vs Fillos de Breogán
  • Keltoi vs Herdeiros de Dhais
  • Cambados vs Mecos

Clasificación

Feminina

  1. Herdeiras de Dhais 20 ptos (+84)
  2. Estrela Vermelha 16 ptos (+146)
  3. Fillas de Breogán 10 ptos (+10)
  4. Keltoi 8 ptos (-55)
  5. Irmandinhas 6 pts (-21)
  6. Auriense 4 ptos (-49)
  7. Turonia 2 ptos (-115)

Masculina (Sénior)

  1. Irmandinhos 26 pts (+273)
  2. Estrela Vermelha 25 ptos (+255)
  3. Fillos de Breogán 22 ptos (+164)
  4. Auriense 19 ptos (+73)

Masculina (Plate)

  1. Herdeiros de Dhais 19 ptos (+145)
  2. Keltoi 16 ptos (+105)
  3. Mecos 13 ptos (-46)
  4. Cambados 8 ptos (-203)

Masculina (Shield)

  1. Braithreachas 9* ptos (-87)
  2. Dorna 7 ptos (-133)
  3. Estrela Gaels 6 ptos (-86)
  4. Turonia 6 ptos (-147)

(*) Penalizado por ter partidos non presentado

Crónicas

Fillas de Breogán 2-17 (23) vs Irmandinhas 3-12 (21) [Fem.]
Fillos de Breogán 5-12 (27) vs Irmandinhos 6-08 (26) [Masc.]

O sábado abría a xornada todo un dobre clásico entre catro das escadras máis veteranas do gaélico galego: Fillos e Irmandinhos, Fillas e Irmandinhas. Tras dous partidos de infarto, os puntos quedaron na Coruña.

Os Irmandinhos presentábanse na Torre co obxectivo de deixar fóra da loita polo título aos Fillos. Tras un moi bo comezo, a lesión do capitán estradense Yupe trastocou os plans dos visitantes, momento que aproveitou o conxunto ártabro para, a base de corazón e bo xogo, remontar o encontro e abrir unha fenda que chegou a ser de ata 7 puntos a falta de 15 minutos. Pero como nestes partidos nunca está todo dito, os estradenses tiraron de épica e lograron recuperar terreo nos últimos minutos de partido. Finalmente, o conxunto ártabros alzouse coa victoria pola mínima. Con esta derrota, Irmandinhos deixa a súa racha de 30 partidos consecutivos sen coñecer a derrota en Liga (máis de 2 anos).

Simultáneamente tiña lugar o partido feminino, tamén nas instalacións da Cidade Deportiva da Torre. O comezo do partido foi un intercambio de golpes, coas estradenses dominando no marcador, pero sen lograr despegarse moito do conxunto local debido aos múltiples erros nas xogadas a balón parado, no tiro a paus e as boas intervencións da porteira local, Kamy. A segunda parte transcurriu en similares circunstancias, que puido decantar o encontro para calquera. Finalmente, as Fillas impuxéronse no marcador cun total de 23 a 21.

Dorna 6-13 (31) vs Estrela Gaels 4-09 (21) [Masc.]

O Estrela Gaels desprazouse á Illa de Arousa para desputar o primeiro partido da segunda volta. O conxunto compostelán presentouse ao partido cunha convocatoria escasa, mentres que o Dorna dispoñía de cinco cambios.

O partido arrancou con dominio compostelán, que nos primeiros minutos de partido adiantabanse os locales con tres goles. A reacción dorneira foi boa, e comezou a presionar para intentar volver ao partido. Tanto a tanto, o equipo local volvía ao xogo, tocando o balon en corto e axustando o marcador máis, chegando ao descanso con catro puntos menos que os Gaels.

Tras reanudar o encontro, ambos equipos comezaron con forza, intercambiando tantos e goles. Os minutos pasaban e o cansancio facíase presente no equipo visitante, case sen cambios. O Dorna continuou xogando en corto, movendo o balón e chegando con máis facilidade que antes. O pitido final, tras un último gol do Dorna, deixaba no marcador un 28-21, cunha victoria para os locáis, que superon volver a un partido que comezaron con mal pe.

Herdeiras de Dhais 2-18 (24) vs Turonia 2-10 (16) [Fem.]
Herdeiros de Dhais 17-13 (64) vs Cambados 3-07 (16) [Masc.]

Dobre vitoria para os equipos de Lalín nos partidos celebrados no Manuel Anxo Cortizo.

No partido masculino, os do Deza venceron comodamente a un Cambados que se desprazou cun equipo moi curto, cun resultado final de 64 a 16. Pola súa parte, as Herdeiras de Dhais séguense mantendo no liderato, invictas na presente edición da Liga, superando ás de Gondomar por 24 a 16.

Auriense 4-07 (19) vs Estrela Vermelha 10-16 (46) [Fem.]
Auriense 3-10 (19) vs Estrela Vermelha 2-13 (19) [Masc.]

A tarde comezou co choque entre as rapazas do Estrela Vermelha e as bravas rapazas da cidade das Burgas. As baixas no conxunto local condicionaron o partido, que foi propiedade do conxunto da capital durante todo o encontro, mentres as ourensás sumaban boas sensacións de cara a seguir competindo a gran nivel. O resultado final 19 a 46.

A continuación chegou o turno dos rapaces, que xogaron un intenso partido de ida e volta. O encontro tornouse frenético nos últimos intres, no que un gol local daba a vitoria momentanea ao conxunto das Burgas ata que no último segundo un punto dos composteláns situaba o tanteo final nun empate a 19.

Braithreachas 4-11 (23) vs Turonia 3-09 (18) [Masc.]

Na tarde do domingo, os Braithreachas enfrontáronse a Turonia na primeira xornada da segunda volta masculina correspondente á fase final Shield (equivalente a terceira división).

Os “Cheas” acada unha victoria revitalizadora logo de varias xornadas complexas. O partido comezou dominado polos rapaces de Gondomar, que colleron ata 4 puntos de vantaxe. Pouco a pouco os estradenses foron quenes de asentarse, e déronlle a volta o marcador, pero con Turonia contestando cada golpe. Xa rematando a primeira metade, os Braithreachas apretaron o acelerador, e colleron 8 puntos de vantaxe ao descanso. 16-8.

A segunda metade voltou comezar con dominio visitante e recortando distancias, pero dous goles locáis parecían cerrar o partido… Nada máis lonxe da realidade, xa que os turoniáns seguiron apretando e facendo que o partido tivese intensidade e emoción ata os últimos minutos. Finalmente a victoria quedou na casa cun total de 23 a 18.